Skip to Content

Blogue de admin

INSTRUCCIÓNS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA

INSTRUCIÓN 2/2023, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2023-2024

O pasado luns, día 3 de xullo saíron as intruccións para os comedores escolares de xestión directa para o vindeiro curso 2023/2024, tendo todo o mes de xullo para formalizar a súa solicitude.

Se pinchades aquí, accederedes ao enlace da orde, para ter máis información sobre as intruccións vixentes.

A continuación, deixo a solicitude de comedor que debedes descargar, cubrir e asinar adecuadamente para a súa posterior entrega no centro.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

Dende o CEIP Plurilingüe de Lousada, anunciamos a publicación da listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2023/2024.

Podedes vela no centro e tamén no seguinte adxunto.

 

CONVOCATORIA FONDO LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL, CURSO 2023/2024

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • A quen vai dirixido

- Fondo solidario de libros de texto a 3º e 4º de Educación Primaria (o alumnado que cursa 5º e 6º está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto por participar no proxecto E-dixgal).

-Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de Educación Primaria.

-Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria. 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2023/2024

Dende o CEIP Plurilingüe de Lousada informamos:

 

TODOS AQUELES QUE FIXERON A SOLICITUDE DE MATRÍCULA NO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024 FORON ADMITIDOS.

 

No centro poderán ver a listaxe definitiva.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS, CEIP PLURILINGÜE DE LOUSADA

Os días 27 e 28 de febreiro de 16,00 a 18,00 estades tod@s convidados a ver e coñecer o noso centro, as nosas instalacións, o profesorado, a metodoloxía...

Achegádevos a visitarnos!

Distribuir contido


by Dr. Radut