DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA CURSO 18 -19 | |||||
Premendo na imaxe accédese ao noso proxecto dinamizador de convivencia para este curso 2018-2019 no que, seguindo os tres eixos fundamentais (coidado do entorno, de si mesmo e das relacións), continuaremos con actividades xa iniciadas en cursos anteriores coma "A patrulla verde" ou "Xoves froita, venres bocadillo", o PROGRAMA TEI EN infantil e primaria e XOGOS NO PATIO. PODEMOS ACCEDER Á NOSA ÁS FOTOGRAFÍAS DAS ACTIVIDADES DE CONVIVENCIA DESTE CURSO PREMENDO AQUÍ Nas entradas de abaixo podemos ver algunhas das actividades dinamizadores realizadas durante este curso. |
|||||
Convivencia 18 - 19
DINAMIZACIÓN DA CONVIVENCIA 2018 - 2019
ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR
ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR | ||||
De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta Estratexia, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia. Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento do clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran, faise necesario repetir o proceso referido. A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa CUN CÓDIGO QUE SE ENVIOU NUNHA CIRCULAR INFORMATIVA. Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con ela ou precisase unha nova pode poñerse en contacto coa dirección do centro. Esta enquisa tamén vai destinada ao persoal do centro e ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Para acceder á enquisa: Para as FAMILIAS: https://edu.xunta.es/convfamil Para o PROFESORADO: https://edu.xunta.es/convdoce Para o PERSOAL NON DOCENTE: https://edu.xunta.es/convpas Para o ALUMNADO: https://edu.xunta.es/convobrig |
A Cociña Económica da as grazas
|
|||
Queremos trasmitir o agradecemento da Cociña Económica a toda a comunidade educativa, polos produtos de Antroido enviados por todos vós.Nesta ocasión superáronse as expectativas de anos anteriores.Unha oportunidade para o noso alumnado para aprender a compartir con quen o necesita.As palabras das encargadas da recollida dos alimentos son un agasallo para os oidos de todos nós: NUNCA FAIA O ISAAC PERAL! |
|||
O PROGRAMA TEI EN INFANTIL
|
|||
|
|||
FACENDO COUSA XUNT@S O programa TEI facilita o proceso de integración do alumnado no momento de incorporación ao colexio , determina un referente (titor/a) que favoreza o autoconcepto e a autoestima do alumnado novo , e reduce o nivel de inseguridade que provoca espazos descoñecidos |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
XOGAR
|
ACOMPAÑAR
|
||
|
|||
AXUDAR
|
ESCOITAR
|
||
TAMÉN APRENDEMOS O QUE NOS FAI DANO
|
|||
MAIS DIVERTIDO FACELO CON OUTR@ QUE FACELO DE XEITO INDIVIDUAL |
APRÉNDESE DE XEITO DIFERENTE: CO CORAZÓN |
||
|
|||
UNHA COMUNIDADE EDUCATIVA COHEXIONADA FRONTE AO ACOSO ESCOLAR: TOLERANCIA CERO COMO SINAL DE IDENTIDADE DO NOSO COLE!
|
|||
Para coñecernos, fixemos un baile . Bailamos xuntos , as parellas de ami@s amig@s.Podes vernos nos ensaios. | |||
|
|||
|
|||
|
|||
recursos para traballar |
|||
|
ESCOLA DE PAIS E NAIS
INICIAMOS A NOSA ESCOLA DE PAIS E NAIS |
||
O mércores, día 12 de decembro de 4 a 6 h da tarde, terá lugar no noso centro a conferencia "CONVIVIR CO TDAH". Abrimos así un ciclo de conferenciase que formarán parte da Escola de Pais e Nais organizada polo Departamento de Orientación do centro e pola ANPA. Animamos ás familias a que acudan, xa que pensamos que será de gran interese para a toda a comunidade educativa. |
|