ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR | ||||
De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta Estratexia, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia. Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento do clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran, faise necesario repetir o proceso referido. A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa CUN CÓDIGO QUE SE ENVIOU NUNHA CIRCULAR INFORMATIVA. Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con ela ou precisase unha nova pode poñerse en contacto coa dirección do centro. Esta enquisa tamén vai destinada ao persoal do centro e ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Para acceder á enquisa: Para as FAMILIAS: https://edu.xunta.es/convfamil Para o PROFESORADO: https://edu.xunta.es/convdoce Para o PERSOAL NON DOCENTE: https://edu.xunta.es/convpas Para o ALUMNADO: https://edu.xunta.es/convobrig |