No certame de narración e debuxo "Letras Galegas 2011" convocado pola biblioteca "El viejo Pancho" resultaron premiados os traballos presentados polos alumnos/as:
Pablo Quirós González co texto " E mentira "
" Un día ó chegar do cole, collín a merenda e fun ó parque. De repente, no ceo apareceu un resplandor, como uns extraterrestres. Semellaban cangarexos ¡ pero tiñan ás!.
Eran dez e pousárone todos no chan. Eu asusteime un pouco, pero os outros nenos non os viron.
Aínda que eu tiña moitísimo medo, ó final conseguín atreverme. Collín un por unha pata xireino no ar e lanceino contra o tobogán. Os demáis asustáronse tanto que marcharon voando e non volveron máis."
No certame de debuxo, resultaron premiadas:
Helena Asensio Bande, co debuxo "É mentira"
Anuk Señor Sedlacek, co debuxo "E mentira"
Carmela Carrero Isla, co debuxo "E mentira"
Noraboa a tódolos/as premiados/as!