Skip to Content

Actualidade

Festival do entroido

Entroido

 

Debido á climatoloxía adversa anunciada para o venres, 9 de febreiro, o festival do entroido no centro desenvolverase do seguinte xeito:

  • A partir das 10:30 h. o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria actuarán no ximnasio do centro.

 

  • Ás 12:30 h. comezarán as actuacións, no ximnasio, do alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de E. Primaria.

 

Os pais/nais/titores legais quedan convidados segundo o horario que lles corresponda. Pregamos que se respecten as quendas por problemas de aforo.

Entroido 2018

O venres,  día 9 de febreiro, celebraremos o Entroido. Sairemos do colexio ás 10:30 horas ata o Pavillón Municipal. A temática dos disfraces este ano é Os Contos.

Entroido 2018


Quedan convidados a esta celebracion. Poden asistir con ou sen disfrace.

As consignas para a celebración do entroido nesta semana son:

Mércores: mandilón ou mantelo

Xoves: algo na cabeza (gorro, pano, diadema,...)

Reanudaranse as clases a partir do xoves, 15 de febreiro.

Libros que van e veñen!

Os alumnos e alumnas de sexto de Educación Infantil comezaron a levar á casa un libro por semana para compartir coa súa familia. Boas lecturas!!!

 

Libros que van e veñen

 

Mochilas viaxeiras

Os rapaces e rapazas de Educación Primaria desfrutarán das MOCHILAS VIAXEIRAS que irán de fogar en fogar con lecturas, música, cine... para compartir en familia.

Mochilas viaxeiras

 

 

Xunto con este material vai un “Caderno Viaxeiro” para que cada familia achegue as súas impresións , un debuxo, unha suxestión, un recorte relacionado, unha foto... calqueira cousa que faga participar os demais nesa vivencia.

 

Boas lecturas !!!! Esperamos que vos guste.

Mochilas viaxeiras

Distribuir contido


by Dr. Radut