Enmarcada no Proxecto de Fomento do uso do galego, levouse a cabo a actividade titulada "como era?", na que avós e avoas do alumnado así como mestres/as que impartiron clase neste centro nos ofreceron charlas, todas elas moi amenas, onde relataron as súas vivencias na escola cando eles eran nenos/as.
A continuación detállanse as persoas que se achegaron a colaborar con nós e o curso ao que foi dirixida a charla:
Dª. Carmen Loredo:Infantil 5 anos.
Dª Angélica Souto: Infantil 4 anos.
D. Carlos Cid: 1º Primaria.
Dª Primi Nécega: 2º Primaria.
Dª Concepción Fernández: 3º Primaria.
Dª Amparo Loureiro:4º Primaria.
Dª Amparo Muruais: 5º Primaria.
D. Antonio Martínez: 6º Primaria.
MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN!!!