O alumnado que se matricule por primeira vez no centro deberá formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de XUÑO na secretaría do centro, en horario de 9:30 a 14:30.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- Impreso da matrícula debidamente cuberto e asinado por ambos proxenitores.
- Certificado de convivencia municipal onde figuren todos os membros da unidade familiar.
- Fotocopia do Libro de Familia (follas nai/pai e alumno/a)
- Fotocopia da Tarxeta sanitaria.
- 2 fotografías tamaño carnet.
- Informe médico onde conste que, dende o punto de vista sanitario o/a Alumno/a atópase en condicións de matricularse nun centro ordinario.
- Fotocopia da Cartilla de vacinas.
- En caso de separación ou divorcio presentar copia da sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia da/o menor.
OUTROS DOCUMENTOS:
En caso de uso de TRANSPORTE ESCOLAR dependente da Xunta:
En caso de uso de COMEDOR ESCOLAR:
- Solicitude admisión no servizo de Comedor Escolar.
- AnexoII Autodeclaración.
- Documento alerxias/intolerancias.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MATRÍCULA 24-25.pdf | 94.13 KB |
ACTUALIZACIÓN DATOS 24-25.pdf | 120.94 KB |
Autorización para o uso de imaxes polo centro educativo.pdf | 200.81 KB |
Autorización recollida terceiras persoas.pdf | 101.4 KB |
SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 24-25.pdf | 109.14 KB |
AUTODECLARACIÓN COMEDOR.pdf | 168.77 KB |
ALERXIAS-INTOLERANCIAS.pdf | 131.37 KB |
TRANSPORTE ESCOLAR.pdf | 110.36 KB |