No DOG do 18 de maio de 2022, publicouse a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022-2023.
- Alumnado de 1º e 2º de E. Primaria. Axuda para adquirir libros de texto e material escolar.
- Alumnado de 3º e 4º de E. Primaria. Fondo solidario e axuda para material escolar.
- Alumnado de 5º e 6º de E. Primaria. Axuda material escolar.
O prazo para a entrega de solicitudes será do 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.
Os anexos I e anexo II poderán presentarse por vía electrónica empregando a aplicación informática "fondolibros" ( https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, ou ben presencialmente no centro docente.
Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:
- Ter devolto os libros de texto do curso actual recibidos do propio centro.
- Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000€ (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000€ (para libros e material escolar). A renda será a do exercicio 2020.
Enlace para cálculo da renda per cápita.
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA.
- Anexos I e II.
- Fotocopia do libro de familia onde figuren os membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación, copi da sentenza xudicial e /ou convenio regulador.
- Excepcionalmente Certificado ou volante de convivencia.
Para máis información sobre documentación, pinchar aquí.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
cálculo renda per cápita.pdf | 448.21 KB |
documentación fondo solidario.pdf | 417.2 KB |