O día 13 de decembro estiveron, no noso colexio, o escritor Enrique Mauricio e o debuxante Carlos Taboada .
Viñeron a presentarnos o conto: Un Ronsel de Ardora. Trátase da biografía de Ánxeles Alvariño (Serantes,1916 - San Diego, 2006), unha científica galega de recoñecemento internacional. Ela dicía: "Escolle a profesión que amas, traballa duro e con entusiasmo, e observa e ama a Nai Natureza.".
O libriño publicouno recentemente a entidade Polo Correo do Vento por medio de Lela Edicións e trátase do primeiro volume da Colección "Mulleres Galegas".
Os alumnos de 5º pasaron un rato moi agradable, descubrindo a Anxeles Alvariño como bióloga mariña e oceanográfica e tiveron a oportunidade de facer preguntas sobre cómo escribir e debuxar un libro. Foi unha actividade moi interesante e moi adecuada á idade á que foi dirixida.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG-20161213-WA0003.jpg | 27.42 KB |