Skip to Content

Secretaría

Entrega dos vales de 25€ ás familias

Os vales de material complementario están dispoñibles na secretaría do centro.

Aquelas familias que non os recollestes podedes pasar a recollelos  ata o

venres 4 de novembro.

INFORMACIÓN ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN FENÓMENO METEREOLÓXICO ADVERSO

Este é o aviso recibido. O alumnado non saiu ao exterior no día de hoxe, 20 de outubro.

TIPOLOXÍA:VENTO E CHOIVAS
ESTE AVISO CONSIDÉRASE VÁLIDO ATA A MODIFICACIÓN DO NIVEL DE ALERTA
NIVEL DE ALERTA: AMARELO
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 253/71 GAL emitido o día 19.10.2022 ás 10:44 horas dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTO de nivel AMARELO que afectarás os seguintes ámbitos xeográficos:
- A Coruña
- Ourense (Montaña)
- Pontevedra (Rias Baixas e Interior)
- Lugo (A Mariña e Montaña)
Está previsto o comezo para as primeiras horas do día 20.10.2022 podendo acadar refachos de 90 km/h.
Este fenómeno virá acompañado a partir das 12:00 horas, de  CHOIVAS intensas, de nivel AMARELO que afectarán ao Oeste e Suroeste de A Coruña, provincia de Pontevedra e Noroeste de Ourense , podendo acadar 40 mm en 12 horas.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor.Ante calquera emerxencia chame ao 112.

AGRUPACIÓN DE CENTROS EDUCATIVOS 2022

O venres día 14 de outubro o CEIP de Galán foi admitido para participar no programa do MEC “agrupación de centros educativos”, destinado a promover agrupacións de centros educativos de diferentes comunidades autónomas, para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva e a innovación educativa.

Este programa desenvolverase ao longo dos cursos académicos 2022-2023 e 2023-2024.

“Activos por la inclusión”, é o título do proxecto no que participan xunto co CEIP de Galán, os colexios CEIP Isidro Almazán de Guadalajara, o CEIP Eduardo Lucena de Córdoba e o CEIP Los Valles de Laguna de Duero (Valladolid).

Tal e como o seu nome indica, este proxecto xira arredor da inclusión como obxetivo prioritario establecendo relacións colaborativas intercentros que propician experiencias educativas que van máis alá da simple adquisición de coñecementos.

Coas prácticas deportivas inclusivas, o coñecemento das tradicións e a expresión artística, configurarase un escenario educativo que ensalza valores como a aceptación e a empatía, posibilitando a participación de todos,  independentemente das súas características.

Desta maneira pretendemos a visibilización e sensibilización sobre a diversidade funcional, ao mesmo tempo que se promove a creación dunha cultura inclusiva na que se estableza de maneira natural o respeto á diferenza.

 

Enlace: Resoluciónde la Secretaría de Estado de Educación por la que seconceden ayudasdestinadas a promover agrupaciones de centros educativos para la realización y puesta en práctica de proyectos comunesque favorezcan laeducacióninclusivayla innovacióneducativa. Convocatoria 2022

 

 

RESOLUCIÓN DO 5 DE OUTUBRO, AMPLIACIÓN DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias,

 

deixamos a ligazón ao DOG, extracto da Resolución do 5 de outubro de 2022.

A axuda consiste nun vale de 25€ para material escolar, entregarase a partir de mañá martes día 18 de outubro.

Horario: 9.30 a 13.30 horas.

CIRCULAR 21 DE SETEMBRO DE 2022

NOVAS DE INICIO DE CURSO

Estimadas familias,

recordarvos as datas de reunións de familias de 4º E.Infantil e 1º de E.Primaria.

Martes 6 de setembro, ás 11.00 horas: Reunión coas familias de 4º de infantil na propia aula.

Mércores 7 de setembro, ás 11.00 horas: Reunión coas familias de 1º de primaria nas aulas de primeiro.

Do resto de reunións por cursos iremos informando.

O equipo directivo

GUÍA ABALAR PARA AS FAMILIAS

INICIO DO NOVO CURSO

Darvos a benvida ao novo curso escolar!

O día 8 de setembro comezamos, iremos informando a través de Abalar e da web dos aspectos de organización.
Estade pendentes os vindeiros días porque informaremos das rutas de transporte. Cambian as rutas e as empresas, pasamos a ter 10 rutas pero as paradas non cambian. Todo o alumnado que solicitou transporte ten praza.

Informarvos que o horario de atención ao público en secretaría será de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas.

Un cordial saúdo
O equipo directivo

Peche do centro durante o período estival

Estimadas familias,

o centro permanecerá pechado do 26 de xullo ata o 31 de agosto, ambos os dous incluídos.

Para calquera cuestión administrativa que teñades que realizar podedes enviar un correo a: ceip.galan@edu.xunta.gal

O día 1 de setembro iniciamos o novo curso e estaremos xa de volta.

Un cordial saúdo e bo verán.
O equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut