Skip to Content

Secretaría

ENTREGA DE MÁSCARAS AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

A partir do xoves día 13 de xaneiro de 2022, inclusive, podedes recoller as  máscaras que vos corresponden. Recordade que teñen dereito a elas as familias que tiveron a axuda de material escolar.

A listaxe de alumnado con dereito ás máscaras está publicada no taboleiro interior do centro.

Son tres máscaras hixiénicas e lavables adquiridas polo centro nunha farmacia.

As máscaras pode recollelas a nai ou o pai, a persoa que solicitou a axuda de material ou outra persoa autorizada. Para isto hai que presentar a autorización. (Modelo no adxunto )

No caso de persoa autorizada, coa autorización deberá traer unha fotocopia do DNI/NIE da persoa que autoriza para facer o trámite.

Asinarase a recepción das máscaras. En todo caso, será necesaria a identificación con DNI.

Cando podedes recollelas?

Durante todo o mes de xaneiro, preferentemente e cumprindo o protocolo Covid, entrada de unha única persoa, hixiene de mans, manter a distancia e uso de máscara.

En que horario? No horario de atención ao público, de 9.15 a 11.15 horas e de 12.30 a 13.30 horas

Un saúdo,

Moitas grazas pola vosa colaboración.

O equipo directivo

Simulacro de evacuación

Estimadas familias,

o mércores día 15 de decembro realizouse un simulacro de evacuación á hora do recreo. Colaborou Protección Civil e a Policía Local de Arteixo e a empresa Gesplan na súa organización.

O tempo total de evacuación ata chegar ao punto de encontro ( a pista polideportiva exterior) con todo o alumnado foi de quince minutos, ata a cancela exterior que é a saída do centro, cinco minutos.

Voltamos ao centro con normalidade e continuamos coa xornada.

Moitas grazas aos organismos colaboradores e ao persoal do centro.

O equipo directivo

Máscaras para o alumnado de primaria

Estimadas familias,

as máscaras entregaranse á volta das vacacións de Nadal, informaremos dos días e horario de recollida por AbalarMóbil e a través desta páxina.

Un saúdo

O equipo directivo

Día non lectivo

O vindeiro día 7 de decembro non é lectivo.

Publicación das listaxes provisionais de máscaras

Publicaronse as listaxes provisionais de alumnado beneficiario de máscaras.

Estos actos publicaranse  única e exclusivamente no taboleiro de anuncios que unicamente será visible no interior do recinto escolar.

A consulta das mesmas farase mantendo as medidas de protección covid.

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas. Venres 3 de decembro.

Sobre a súa distribución e datas seredes informados a través desta páxina e da aplicación AbalarMóbil.

 

Distribución de máscaras ao alumnado

Normativa ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Alumnado destinatario:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
Alumnado matriculado en educación especial.
Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)
Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea
matriculado o/a alumno/a.
Prazo:
1.Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia:10
días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021

 SOLICITUDE corrixida

 

Novas: Sorteo da Xunta Electoral

Estimadas familias,

o 28 de outubro celebrouse nas dependencias do centro o sorteo dos membros que configuran a xunta electoral, titulares e suplentes. Recordade que quedará constituída pola dirección do centro, un mestre ou mestra, un pai/nai ou persoa titora legal e un representante do persoal de administración e servizos. 

A súa constitución levarase a cabo o vindeiro martes día 2 de novembro. 

Nova: Por problemas de asistencia dun dos membros, a Xunta Electoral constituírase o mércores día 3 de novembro ás 13.30 horas.

Un saúdo

O equipo directivo

 

CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

A Resolución do 20 de setembro de 2021 establece o calendario para a celebración dos membros dos

consellos escolares.

O xoves día 28 celebrarase o sorteo dos membros da Xunta Electoral.

Nos adxuntos tedes máis información:

- Resolución do 20 de setembro de 2021.

- Sorteo dos membros da Xunta Electoral.

Un saúdo

O equipo directivo

Día non lectivo, luns 11 de outubro

Estimadas familias,

recordade que o vindeiro luns día 11 de outubro, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos no curso 2021/22 .

Un cordial saúdo

O equipo directivo

Actualización aplicación AbalarMóbil

Estimadas familias,

debedes revisar a aplicación AbalarMóbil, sobre todo no caso de irmáns matriculados no centro. Tedes que seguir os pasos seguintes: actualizar, axustes, aplicacións, buscar  AbalarMóbil, almacenamento, borrar datos e acceder de novo e poñer os vosos datos e o código.

Se tedes dúbidas na unidade de atención da centros (881997701) axudaranvos a nivel técnico.

Un saúdo. O equipo directivo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut