Skip to Content

Secretaría

REPARTO DE LIBROS DO FONDO PARA 3º e 4º

Os libros de 3º e 4º entregaranse o venres día 8 a partir das 11.30 horas na biblioteca do centro.

Colabora e participa no reparto a ANPA do noso centro.

Moitas grazas!

DESPEGAMOS CARA UN NOVO CURSO!

Un saúdo especial a todo o alumnado e ás familias do centro.

Benvida a todas e a todos e que teñamos un ilusionante e feliz curso 2023-2024.

Ao longo da nosa web iremos publicando temas do voso interese cara o inicio de curso.

Un saúdo

O equipo directivo

 

MODELO DE AUTORIZACIÓN PARA A RECOLLIDA DE VALES DE LIBROS E MATERIAL

No adxunto autorización recollida de vales

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE SECCIÓNS BILINGÜES

Comunícase a publicación da Relación definitiva de seccións bilingües admitidas e non admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2023/2024, que se pode consultar na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40373

MODIFICACIÓN ISBN. MATEMÁTICAS 2º E.P

Aviso:

O ISBN correcto do libro de Matemáticas de 2º de E.P correcto é

978-84-698-9373-9

Modifícase na listaxe de libros.

CIRCULAR FIN DE CURSO

Prezadas familias:

Con esta circular queremos informarvos de temas de interese.

  1. Finalización do curso, entrega de boletíns de notas e listaxe libros de texto: mércores día 21 de xuño. Por Abalar as familias accededes ás cualificacións.
  2. Reclamacións ás cualificacións, dous días lectivos, ou se é  o caso, hábiles desde o día seguinte á comunicación.
  3. Horario de atención ao público en Secretaría durante o mes de xullo, mentres o centro permaneza aberto: 9.30h a 12.30 h
  4. Fondo solidario de libros e vales para a adquisición de material.

Recollida de VALES das axudas libros e material. Os vales só se entregarán á persoa solicitante. Se esta non puidese recollelos poderá autorizar a outra persoa que deberá traer autorización escrita e as fotocopias do DNI das dúas persoas ( solicitante e autorizado/a). Modelo de autorización no adxunto.

10 e 11 de xullo, entrega ás familias de  1º, 2º e 3º de Primaria

12 e 13 de xullo, entrega ás familias de 4º, 5º e 6º de Primaria

Entrega de libros do Fondo Solidario. Estableceranse datas no mes de setembro para a entrega dos libros adxudicados no fondo así como dos vales ás familias que non puidesen recoller en xullo. As datas de entrega serán publicadas na páxina web do centro e a través da aplicación Abalar.

29 e 30 de xuño: Recollida de Historiais Académicos polas familias de 6º .A entrega farase á nai, pai ou persoa titoral legal.

4 de xullo: Publicación das listaxes provisionais do fondo de libros no taboleiro do centro.

5 e 6 de xullo: Reclamacións ( 2 días hábiles)

10 de xullo: Publicación das listaxes definitivas do fondo de libros no taboleiro do centro.

  1. Servizo de mañanceiros e actividades extraescolares, as familias interesadas nestes servizos deben solicitar información nas Concellerías de Deportes e Educación do Concello de Arteixo. Desde o centro facilítanse circulares do concello.
  1. A Orde do calendario escolar para o curso 2023-2024 establece o inicio do curso o día 11 de setembro.
  2. Libros de texto. A relación de libros de texto para o próximo curso está exposta no taboleiro da entrada e na páxina web do centro.
  3. As familias de 4º de Educación Infantil terán unha reunión de inicio de curso o día 6 de setembro.
  4. As familias de 5º de Educación Primaria terán tamén unha reunión en setembro para informalas do Proxecto E-Dixgal.
  5. No blog BiblioGalan, da biblioteca, están unhas recomendacións lectoras para o verán. 

Chegado o final de curso queremos agradecer a vosa colaboración.

Desexamos que no vindeiro curso podamos continuar cos nosos proxectos e outras iniciativas.

Os nosos mellores desexos ao alumnado de 6º de Primaria nesta etapa nova que comeza para eles e elas!

 Que pasedes un FELIZ VERÁN!

 

Oseiro, 19 de xuño de 2023

O Equipo Directivo

SECCIÓN BILINGÜE EN 3º . LISTAXE PROVISIONAL

LIGAZÓN AO PORTAL EDUCATIVO. PICADE AQUÍ

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO

Publicamos a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2023-2024 no taboleiro interior do centro. Todo o alumnado que solicitou praza está admitido.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut