Skip to Content

DINAMIZACIÓN DOS PATIOS

Arrincamos o segundo trimestre cunha remodelación da organización dos patios de recreo. Patio exterior: baloncesto, brilé, xogo do pano e recuncho de baile.

Patio amarelo: xogos de mesa (conecta 4, xadrez, xogo da escaleira), zona de debuxo, zona de retos e dous futbolines.

Patio verde: zona de ioga, de saltos, de equilibrio, de malabares e mesas de ping-pong. 

Pavillón para xogar ao fútbol.

 

Grazas ao alumnado voluntario de 5º e 6º que colabora na organización.

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

    

  

Tedes as fotos da celebración na galería de imaxes!  

CELEBRAMOS O DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ NA BIBLIOGALÁN

Celebramos o día da paz na BiblioGalán coa lectura compartida por parte do alumnado voluntário ao alumnado de Educación Infantil e primeiro nível de Educación Primaria do libro “nos tratamos bien” de Lucía Serrano e unha reflexión posterior sobre a resolución de conflitos que día a día xorden na escola. Ademais, contamos cunha exposición de libros e lecturas para levar a cabo durante estes días por todas as titorías do centro.

COMEZAMOS CO REPARTO DE LEITE

O luns 29 de xaneiro, comezamos co reparto de leite ao alumnado, un brik de 200 ml de leite enteira.

A degustación será antes de baixar ao recreo.

Contamos coas nosas mascotas un ano máis, a vaca Galana e Blasa, a súa filla.

AGRADECEMENTO ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO

Para coñecemento da comunidade educativa, aquí vos deixamos a comunicación de Arteixo Centro Comercial Aberto, unha nota de agradecemento:

Queremos enviarvos o noso agradecemento pola participación na campaña de Adornos Solidarios, na que conseguimos recadar case unha tonelada e media de comida para o Banco de Alimentos.

Porén, é certo que non conseguimos intercambiar o número de adornos que esperabamos; aproximadamente un 35% do total. Temos que analizar como poder motivar máis á xente para que done alimentos, e así poder axudar máis ás familias que precisan de apoio

Xunto ao sorteo da viaxe ao parque Warner, gañado por unha alumna do CEIP Arteixo, e con máis de 600 persoas participantes, tamén sorteamos os 180€ en vales de material escolar a unha das aulas que participáchedes. A aula que o obteu foi a de 4B de Intanfil do CEIP Arteixo, á que contactaremos esta semana.

Os 5 xamóns foron entregados o día 5 de xaneiro, e os vales para alimentos frescos (350€) serán entregados proximamente a Cáritas Arteixo.

Lembrade que a campaña xa rematou e que os adornos xa non se atopan nos establecementos.

Calquera dúbida, estamos á vosa disposición.

Un afetuoso saúdo e moitas grazas novamente.
 

O CEIP DE GALÁN COMEZA UN NOVO PROXECTO CON XABIER MACEIRAS

No segundo trimestre comezaremos as visitas, con novas aventuras para todo o alumnado do centro. Coñecerán da man de Xabier Maceiras petróglifos, castros, lendas, pazos,  persoeiros como Manuel Murguía, torres vixías...Un forma divertida de descubrir o patrimonio cultural e natural da súa zona.

O DIARIO DE ARTEIXO PUBLICA A ACTIVIDADE ALIMÉNTATE BEN

Na seguinte ligazón podedes acceder á noticia.

Diario de Arteixo

Moitas grazas por publicar.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ, 30 DE XANEIRO DE 2024

30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz e a Non Violencia

NO HAY CAMINO PARA LA PAZ, LA PAZ ES EL CAMINO

Mahadma Gandhi

Estas son as actividades do mes de xaneiro:

1. Confección dun atrapa sonos, para o hall da entrada, onde cada clase poderá escribir nunha cartolina en forma de pluma, palabras, frases... sobre construír a paz e a convivencia: abrazos, diálogo, respecto...

2. Baile "coreografía" da canción de Xuxa Park , Nuestro canto de Paz. Farase no recreo do día 30 todos e todas, alumnado e profes, no patio exterior. A coreografía ensinarana polas aulas, membros da comisión, entre eles Ana, Amelia, Loli C, Clara e María.
Para esta actividade terán que traer  unha camiseta de cor, a que teñan, cores variados para o baile.
Ese día o recreo posporase 15 minutos máis.

O alumnado de infantil baixará ao patio exterior acompañado do alumnado de 5º de educación primaria. 5º A acompaña a 4º E.I, 5º B a 5º E.I, 5º C a 6º  E.I

Na ligazón podedes ver o vídeo en you tube coa letra da canción.

https://youtu.be/GKZXW25hsh4?si=TPPZfTjdxj5lqyOm

3. Confección dun marcapáxinas sobre a PAZ que levarán ás casas.

4. Retomamos o buzón ( caixa de suxerencias das titorías de primaria) que se chama O buzón das emocións, para que expresen todo aquilo que lles poida pasar no día a día. Pode ser anónimo. Coas notas traballaranse as emocións, o poñerse no lugar do outro, a empatía,  a resolución de conflitos...

Convivencia positiva.
 

SESIÓN FORMATIVA

Sesión formativa sobre seguridade e protección de datos persoais para centros educativos e ANPAs.

O formato da actividade será en liña, cunha duración de 70 minutos.

Data: 23 de xaneiro de 2024
Hora: 17:30 h

As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón:

https://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2925197

 

ACLARACIÓN ÁS RESERVAS PARA O IES DE PASTORIZA

A At. das familias de 6º de Educación Primaria,

ante as dúbidas que presentastes no centro pola presentación do Anexo I, informarvos que o Anexo I, reserva de praza no centro adscrito, é no centro de orixe, ou sexa no noso centro, no CEIP de Galán.

Calquera outra dúbida aclarámola.

Moitas grazas,

Distribuir contido


by Dr. Radut