Skip to Content

AGRADECEMENTO ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO

Para coñecemento da comunidade educativa, aquí vos deixamos a comunicación de Arteixo Centro Comercial Aberto, unha nota de agradecemento:

Queremos enviarvos o noso agradecemento pola participación na campaña de Adornos Solidarios, na que conseguimos recadar case unha tonelada e media de comida para o Banco de Alimentos.

Porén, é certo que non conseguimos intercambiar o número de adornos que esperabamos; aproximadamente un 35% do total. Temos que analizar como poder motivar máis á xente para que done alimentos, e así poder axudar máis ás familias que precisan de apoio

Xunto ao sorteo da viaxe ao parque Warner, gañado por unha alumna do CEIP Arteixo, e con máis de 600 persoas participantes, tamén sorteamos os 180€ en vales de material escolar a unha das aulas que participáchedes. A aula que o obteu foi a de 4B de Intanfil do CEIP Arteixo, á que contactaremos esta semana.

Os 5 xamóns foron entregados o día 5 de xaneiro, e os vales para alimentos frescos (350€) serán entregados proximamente a Cáritas Arteixo.

Lembrade que a campaña xa rematou e que os adornos xa non se atopan nos establecementos.

Calquera dúbida, estamos á vosa disposición.

Un afetuoso saúdo e moitas grazas novamente.
 



story | by Dr. Radut