Skip to Content

Orballando novas

"Confinatempo" o Orballando novas de 5º de primaria

Dende o confinamento o alumno de 5º de primaria, acuñou un novo término para o Orballando Novas "O Confinatempo", deixámosvos coas novas do tempo, todas elas ben curiosas, non deixes de velas.

 

Hecho con Padlet

Curiosidades meteorolóxicas en Orballando Novas.

Seguimos no “Orballando novas”, cun informativo especial a cargo do alumnado de 6ºB, que nos vai contar unha serie de curiosidades meteorolóxicas que seguro que non todo o mundo sabe...

   

   Desfrutade do noso traballo e non vos esquezades de seguirnos no noso “Orballando novas”.

 

BO TRABALLO 6º B !

Orballando novas, terceira edición.

Xa estamos aquí de novo co noticiario do tempo “Orballando novas”, este ano é a terceira edición desta actividade. Un repaso semanal das novas máis destacadas relacionadas coa meteoroloxía. Buscamos información, preparamos os textos, ensaiamos a expresión oral e gravamos. Unha actividade moi complexa e transversal no noso curriculum. 

 

   Desfrutade do noso traballo e non vos esquezades de engancharvos ao noso “Orballando novas”



    Comezamos a quenda con 6º A

BO TRABALLO 6º A !

"En abril...augas mil"

Volven as chuvias polo mes de abril

Cando xa pensabamos que saltabamos do inverno a primavera, un frente achégase polo norte para traer chuvias e un descenso térmico moi importante.

Presta atención ao seguinte informativo que preparou un grupo de alumnos e alumnas de 6º A.

"Orballando novas" vaise de Entroido

Nesta edición de "Orballando Novas", o alumnado de 5°B, en plena celebración do entroido no CEIP Plurilingüe Frian Teis, aporta unha breve predición metereolóxica para ter unha idea do tempo que fará nas cidades e localidades onde se celebran os principais Entroidos de Galicia, de España e do mundo. Por se alguén pensa en desprazarse…

Bo traballo!

Distribuir contido


by Dr. Radut