Skip to Content

Orballando novas

Orballando novas: Tempo para as Letras Galegas

Fai un mes o noso colexio participou, presentando o noso informativo "Orballando Novas", no Congreso Educación Dixital de Galicia. Durante a exposición lanzamos unha invitación aos asistententes para realizar conexiones dende outros puntos de interese informativo. Deixámosvos esta primeira colaboración organizada, nesta ocasión, polas mestras de Inglés do noso colexio e do C.E.I.P. de Rubiáns (Vilagarcía). Recordamos a nova na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/taxonomy/term/341

 

Para poder desfrutar ao máximo do "Día das Letras Galegas" o alumnado de 5ºB dende  a aula de Inglés cóntannos o tempo que vai facer nas Illas Atlánticas durante estas pequenas vacacións. Viaxarán as Illas Cíes e Illas Ons. Para completar esta información, contactamos cuns enviados especiais na Ría de Arousa, do C.E.I.P. de Rubiáns (Vilagarcía) que viaxaron a Illa de Sálvora, Illa de Arousa e a Illa de Cortegada. Moitísimas grazas compañeiros/as por completar o noso informativo.

Animámosvos a que aproveitedes estes días, con este pronóstico do tempo tan favorable, para visitar as Illas que forman parte do Parque-Natural Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Non esquezades coller a toalla, o bañador, a crema solar, auga ben fresquiña e un libro de poemas en Galego.

Desfrutade do Día das Letras Galegas!

 

Moitas grazas compañeiros/as de Rubiáns (Vilagarcía) por esta colaboración, desexamos que sexa a primeira de moitas!

O informativo "Orballando novas" vai de Congreso

O noso informativo "Orballando Novas" foi seleccionado pola Consellería de Educación para mostralo a outros/as mestres/as na Xornada de Educación Dixital, celebrado o sábado 21 de abril no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

O equipo docente de 5º e 6º de primaira estivo representado polos titores/as de 5º e 6º, o resto do equipo estaba nas V Olimpíadas de Teis, así que nesta ocasión tivemos que dividirnos.

Explicamos o noso traballo tendo como base a seguinte presentación:

 

Instantáneas expoñendo o noso "Orballando novas" na Sala Santiago, do Pazo de Ccongresos de Santiago:

 

 

Así opinaron sobre o noso informativo a través do twitter:

 

Chegou a primavera ou o verán?

 

O grupo de alumnos/as de 5ºA foron os encargados de realizar a 16ª edición do informativo deo tempo "Orballando novas".

Casi a totalidade do informativo foi gravado nos exteriores do colexio aproveitando o tempo primaveral, caseque que veraniego, que estamos a ter. Parece que queda atrás o tren de borrascas que nos tiña asolagados, por fin, o sol gañou unha batalla. Digo que case a totalidade, porque temos unha conexión con expertos de 6º en vórtices polares, prestade moita atención, que temos algunha sorpresa.

Aproveitamos este informativo para recomendarvos a asistencia, o sábado, as V Olimpíadas de Teis; estades todos convidados.

 

Xa cantou o cuco?

Ola seguidores de "Orballando Novas", xa está aquí a 15ª edición do informativo do tempo "Orballando novas" realizado nesta ocasión por un grupo de alumnos/as de 6ºB. Esta edición semanal dános datos moi interesantes da entrada da primavera e informacións interesantes sobre o tempo pasado e o que está por vir.

Adiantarvos que o cucu tardou 12 días en cantar.

Prestade moita atención:

 

A actualidade do tempo en "Orballando Novas"

Un grupo de alumnos/as de 6ºA foi o encargado esta semana da realización da 14ª edición de "Orballando Novas", o noso informativo do tempo.

O máis salientable desta edición é o remate da "seca do terror". Por fin puidemos gravar en exteriores sen empregar o paraugas, ainda que o vento non nos deu tregua. Prestade moita atención.

Distribuir contido


by Dr. Radut