O alumnado de 5ºA, responsable no informativo do tempo desta semana, explícanos a presenza do anticiclón que estas a desfrutar despois dos últimos días de chuvia.
Aproveitaron o momento da "Milla diaria" para facer unha entrevista a pé de patio. Prestade moita atención.
O curso de 6ºB foi o encargada de realizar o 8º programa do noso informativo do tempo "Orballando novas", nesta ocasión "Gabriel" chamou a nosa atención; tamén nos interesamos polas baixísimas temperaturas rexistradas en Norte América. Prestade moita atención:
Nesta semana aconteceron moitas novas relacionadas co tempo meteorolóxico: choivas abundantes, refachos de ventos intensos, lúa de sangue, mareas vivas, temporal de neve....Neste capítulo de "orballando novas" o alumnado de 6º Ada cumprida información. Tamén realizan unha entrevista a pé de rúa coa seguinte pregunta:
"Nun día de choiva se tes que desprazarte pola rúa como te mollas máis se vas correndo ou camiñando?"
Pensade as vosas respostas antes de ver o seguinte programa!
Esta semana no noso informativo do tempo Orballando novas, o alumnado de 5º B"Surfea novas".
Se Vigo xa ten "sona mundial" debido ao seu alumeado de Nadal, en breve, outra localidade galega pode acadar ese nivel.
A localidade non é outra que Illa Pancha, situada no Concello de Ribadeo e a súa sona será debida a un deporte que está de moda, o surf.
Segundo as prediccións meteorolóxicas para os vindeiros días, pode chegar unha tormenta cunhas características especiais que provoquen que os mellores e as mellores surfistas do planeta compitan nun Campionato Mundial de Surf de olas xigantes, para deslizarse pola ola xigante "Panchorro"...