Skip to Content

Educación primaria

BIBLIO: Lecturas do 1º ciclo (El bosque animado)

Lendo na Biblioteca Escolar o libro El bosque animado, de Wencelao Fernández Flórez:

 

Lecturas na Biblioteca Escolar do CEIP Fondo-Nois
Curso 2013-2014
1º Ciclo de Educación Primaria

 

 


Coguleo

A biblio | Actividades | Colaboradores Catálogo | Fotos

Recursos audiovisuais: A semente (dunha mazá)

A viaxe dunha humilde semente de mazá.

Un camiño excelentemente presentado para explicar o ciclo da cadea trófica e a vida mesma.

 

The Seed from Johnny Kelly on Vimeo.

A two-minute animated voyage through nature's life cycle, following the trials and tribulations of a humble apple seed.

Pódeche interesar tamén como se fixo esta curtametraxe de tan só dous minutos:

http://vimeo.com/2425610

EXCURSIÓN DE PRIMARIA

23/05/2014 10:00
Europe/Madrid

Como cada ano, os alumnos e alumnas de primaria faremos unhas visita educativo-cultural.  Este ano terá lugar o próximo venres 23 de maio.

 

5 curtametraxes para educar en valores

 

5 cortometrajes para educar en valores

5 curtametraxes para educar en valores

  13.mar 2014

O cinema levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Recompilamos cinco curtametraxes pensados non só para traballar na clase, senón tamén na casa para educar en valores ao alumnado e que reflexione sobre a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo…

Cuerdas1. Cuerdas: O guionista e director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que foi recoñecida recentemente co Premio Goya 2014 á Mellor Curtametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, a inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados.

 

El vendedor de humo2. O vendedor de fume: Esta curta animada suscita diferentes cuestións ao redor das cales os alumnos teñen a oportunidade de reflexionar: o consumismo, a picaresca, como en ocasións lle damos demasiada importancia ás aparencias…

 

El hombre orquesta

3. O home orquestra: A factoría de animación Pixar é a autora desta curtametraxe (tamén de animación) cuxa trama recolle a importancia de traballar en grupo. Así mesmo, reflicte que as rivalidades non sempre son boas, en especial cando son levadas ao extremo e isto implica danar ao resto de compañeiros.

 

El viaje de Said4. A viaxe de Said: Coke Riobóo dirixiu en 2006 esta curtametraxe musical de animación feita con plastilina. Nela suscítase o problema da inmigración, e tamén quere educar en valores como a solidariedade.

 

 

Pipas5. Pipas: Avalada por diferentes premios e coñecementos, Pipas reflicte a importancia de aprender e mostra o fracaso escolar da sociedade a través da mirada de dúas mozas novas.

 

 

 

Orixe da información: educación 3.0 (13 de marzo de 2014)

3º ciclo: Habilidades sociais

Recurso en liña para habilidades sociais

(3º ciclo de Educación Primaria)

Repositorio de contidos educativos (Espazo Abalar) - Libro LIM

Tipo de Recurso: Actividades Interactivas | Plataforma: Multiplataforma | Idioma: Galego | Licenza: Creative Commons BY-NC-SA | Autor: An

Recurso educativo destinado a que o alumnado analice situacións que lle provoquen estrés ou estados de alteración, as identifique e aprenda a utilizar recursos para relaxarse.

Habilidades alternativas á agresión

Recurso didáctico en que se amosan as normas de cortesía básicas para poder iniciar relacións interpersoais dentro dun clima de respecto: como presentarse ante descoñecidos, como dar as grazas, etc.

Recurso didáctico orientado a mostrar ao alumnado patróns de conduta e pautas de comportamento para responder de forma axeitada en situacións sociais.

Recurso educativo destinado a que o alumnado aprenda a identificar o seu estado de ánimo e as situacións que lle provocan estrés ou ansiedade.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut