Chega o Entroido e este ano visítanos un novo compañeiro, o noso querido Meco. Para a vindeira semana, do 8 ao 12 de febreiro, o Meco daranos unha orde que intentaremos cumprir. Animádesvos'
O pasado 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A continuación deixámosvos uns vídeos realizados polos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria para reivindicar dita loita.
O pasado 11 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fixemos unha saída á Praia dos Xuncos, e así realizar unha xornada de convivencia dentro do grupo-clase, gozar da natureza e aproveitar o bo tempo. Pasámolo xenial!
No seguinte vídeo deixámosvos o resultado das creacións de cabazas realizadas polo noso alumnado e familias. Aínda que este ano a exposición non se puido facer na entrada do colexio, coma sempre foi todo un éxito, grazas á colaboración das familias e á creatividade e orixinalidade de todos os traballos presentados.
Para celebrar a fin de curso, todos os/as alumnos/as do colexio e os/as mestres/as baixamos á praia das Pólas para facer xogos na area.
Foi unha xornada moi divertida onde os/as cativos/as desfrutaron facendo castelos de area, muros de protección do mar, carreiras, xogos coa pelota, recollida de lixo, covas de area...
Deste xeito despedimos este curso cunha xornada de convivencia neste ámbito natural que temos tan preto do colexio.
Os alumnos e alumnas de 3º ata 6º, realizaron a pé un percorrido dende o Colexio ata a Igrexa de Cangas de Foz.
Pasaron preto da praia dos Xuncos, pola desembocadura do río Alemparte e chegaron ata a igrexa de Cangas.
Durante este traxecto, puideron observar a influencia do mar no terreo así como contemplar algúns dos instrumentos que se utilizaban para subir a olga dos acantilados.
O mércores 6 de xuño, os alumnos e alumnas de Educación Infantil visitaron a panadaría Bahía en Foz. Alí puideron ver as instalacións da mesma, así como participar nun obradoiro de elaboración de pan.