Co gallo das nosas actividades programadas durante a Semana da Arte na Mariña diversos medios de comunicación escrita, prensa, relatan algunhas das numerosísimas mostras de arte que no colexio de Nois estamos a crear e recrear entre todos.
Biblio.- ARTE: obradoiro (Lume e sensacións) con Eva Rivas
Semana da Arte na Mariña 2016 Colexio Fondo Nois
Do 18 ao 22 de Abril
Por medio de catro técnicas diferentes e tendo como punto de partida os catro elementos naturais, cada artista explicaralle aos nenos varios modos de achegarse ás artes: vento e emocións, agua e expresión, terra e modelado, lume e sensacións.
Xoves 21 Eva Rivas Temática: Lume e sensacións. Idade: 3-4-5 anos. Materiais necesarios: Témperas, pincel e papeis.