Skip to Content

Entrevista musical (e III). África Rodríguez

Con esta entrevista rematamos a publicación do traballo de sexto curso de primaria a xente relacionada co eido musical.

 

ENTREVISTA A ÁFRICA RODRÍGUEZ, MESTRA DE PIANO DA ESCOLA DE MÚSICA DE FOZ.

 

Desde que idade tes interese pola música?

O meu interese pola música comeza cando tiña dez anos. Naquel momento emitíase na TV o programa "El conciertazo" e sempre miraba para o pianista.

 

Cal é o teu estilo de música favorito?

Non teño un só estilo de música favorito. Gústame a música clásica, o jazz, a música experimental, a bossa nova, o rock...

 

E o teu instrumento musical preferido?

É o piano, aínda que tamén me gusta moito o violonchelo.

 

Desde cando levas traballando en actividades musicais?

Traballei no pasado na miña provincia (León) tamén como mestra de música e despois, cando estiven no extranxeiro, fixen colaboracións coa universidade e Italia e en Berlín nunha galería de arte onde tocaba o piano.

 

Que sintes cando escoitas música?

Sinto moitas cousas, reláxame e síntome moi ben, pero gústanme especialmente as cousas que sinto cando interpreto calquera cousa.

 

Escoitas algún tipo de emisora musical?

Si, M80 radio, tamén Radio Clásica, aínda que a miña preferida é Radio 3.

 

Moitas grazas e moita sorte nas túas actividades!



blog | by Dr. Radut