Skip to Content

Xadrez: Campións comarcais (ALEVÍNS)

O pasado sábado 14 de marzo celebrouse a 3ª ronda do campionato comarcal de xadrez no colexio do Pilar de Foz, dentro do programa XOGADE (XOGOS DEPORTIVOS EN IDADE ESCOLAR) da Xunta.

O CEIP FONDO-NOIS impúxose nun total de 6 equipos mariñáns gañando as medallas de ouro.

 

A clasificación por equipos quedou así:

1º CEIP FONDO-NOIS: 27 puntos.
2º O PILAR 1: 25 puntos.
3º REYES Y PEONES (Burela): 17 puntos.
4º MARTÍNEZ OTERO 2: 14 puntos.
5º O PÌLAR 2: 13 puntos.
6º MARTÍNEZ OTERO 1: 12 puntos.
Os integrantes do equipo gañador son: Martiño Fernández Prado, Juan Calvo Sotelo Fernández, Álvaro Fernández Prado, Otilia González González e Miguel Fernández Cortés.

Parabéns a todos eles.

Este equipo competirá nos compionatos provinciais de xadrez que se celebrarán probablemente en Lugo no mes de maio. Alí competirán cos mellores de toda a provincia.



blog | by Dr. Radut