No arquivo adxunto podedes consultar o horario de entradas e saídas do alumnado para este curso escolar 2021-2022, así como o horario de atención de Conserxería e o horario no que non se poderá acceder ao centro, agás sexan chamadas as familias.
O horario de 4º de Educación Infantil, lembramos, que nestes primeiro días será diferente polo período de adaptación.
As familias dos nenos e nenas que inician este curso escolar en cuarto de Educación Infantil (3 anos) nestes primeiros días de curso terán período de adaptación, polo que o horario de inicio será diferente ao resto do alumnado.
Adxunto tedes un tríptico informativo sobre o comezo nesta etapa.
Queda aberto o prazo para colaboradores de comedor; deberán traer a solicitude e a solicitude de comprobación de non existir delitos sexuais. Dita documentación está nos seguintes documentos adxuntos.