O venres 26 de novembro, o alumnado e familias das gañadoras do I Certame de debuxo contra a violencia de xénero promocionado polo Concello de Padrón, foron recoller o seu agasallo. Así mesmo o Concello agradeceu cunha placa, a colaboración dos centros educativos de Padrón.
O 3 de decembro é o Día da Discapacidade. Desde o noso centro estivemos vendo diferentes formas de comunicación e plasmámolo a través da realización de pictogramas e elaborando un vídeo baseándonos nun conto da biblioteca sobre certos hábitos que debemos seguir. Para ver o vídeo, clica na imaxe de abaixo.
Dacordo coa Convocatoria do día 3 do mes de novembro, mañá martes día 23, en horario de 16:30 a 19:30 horas, celebrarase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Máis información no documento adxunto.
No documento adxunto podedes descargar o modelo para a presentación de candidaturas para o Consello Escolar. No centro tamén o podedes recoller en horario de 10:00h a 12:00h.