Libros de texto para o curso 2010-2011

Os libros de texto seleccionados polo profesorado do colexio para o vindeiro curso podense consultar  facendo clic no seguinte enlace:

- LIBROS DE TEXTO 2010/11

O novo decreto de plurilinguismo impón o ensino das matemáticas en castelán e o coñecemento do medio en galego. Para acadar un equilibrio entre as dúas línguas oficiais de Galicia o Claustro de profesores decidiu que en educación primaria a música e a plástica se impartirán en galego, ademáis tamén se utilizará o galego en educación física en 1º e 2º e en Educación para a Cidadanía en 6º.

Cancións para Antía

   O grupo "Fol do Vento"  presentounos o seu traballo Cancións para    Antía    no Salón de Actos do Centro para todo o alumnado de infantil.

Como podedes ver nos vídeos disfrutamos moito neste concerto tan divertido, onde ademáis os participantes amosaron coñecer as letras de todas as cancións

- http://www.youtube.com/watch?v=5p50D2m5BJ4

- http://www.youtube.com/watch?v=YNemRQ1SI0o

En Cabeza de Manzaneda co ANPA

Como tódolos cursos o ANPA organizou a viaxe a Cabeza de Manzaneda       entre o 14 e o 16 de maio. Comentaron que a experiencia foi novamente un éxito, destacando o  estupendo comportamento dos alumnos participantes o que propiciou unha bonita convivencia entre nenos e nenas de diferentes idades, e todo no entorno de Manzaneda, un lugar que é pura natureza. Facede clic na foto para ver máis imaxes da excursión.

Festival das Letras Galegas

O martes 18 de maio celebramos o festival para conmemorar o Día das Letras Galegas. Fixemos  un adicado aos máis pequenos e outro para o resto do alumnado. Como sabedes este ano contamos coa colaboración da cantante do grupo Luar na Lubre e dende aquí dámoslle as gracias pola súa desinteresada participación. A continuación podedes ver imaxes do festival AQUÍ ou nos seguintes videos.

Máis vídeos nos seguintes enlaces:

http://www.youtube.com/watch?v=uVnkRLj1dyY

http://www.youtube.com/watch?v=gs6PYzm2ZuU

http://www.youtube.com/watch?v=wTNOEQWuc0M

Gran Show 2010

Aquí tedes o vídeo realizado polo pai de Daniel Seijo do espectáculo do 26 de abril. Estupenda montaxe video musical. Grazas pola colaboración.

 

Letras Galegas 2010 - Uxío Novoneira

Como todolos anos o 17 de maio celebramos en Galicia o día adicado a     nosa língua. Cada ano a Real Academia da Língua Galega elixe un autor recoñecido pola súa traxectoria en prol do galego.

Dende o EDNL do Colexio elaboramos unha serie de documentos divulgativos sobre a figura de Uxío Novoneira. Trátase dun díptico , un marcapáxinas e unha actividade interactiva on line sobre o escritor do Courel.

Para completar a celebración, o martes 18 de maio celebraremos un festival musical e literario onde contaremos cunha invitada moi especial, a cantante do grupo "Luar na Lubre" que actuará acompañada de alumnas de 6º de primaria, sen dúbida todo un luxo.

Xa o venres 21 entregaremos a todos a revista do Centro Aquelarre.

Listaxes definitivas de alumnado admitido no curso 2010-11

Unha vez finalizado o prazo de  reclamación publicamos as listaxes definitivas de alumnado admitido para o vindeiro curso:

Importante: en 3 anos todavía quedan 4 prazas por asignar. Será a comisión de escolarización de A Coruña quen o faga, posiblemente a principios de xuño.

O periodo de matrícula será do 21 ao 30 de xuño. As familias que non formalicen a matrícula na secretaría do Centro antes do 1 de xullo perderán tódolos dereitos adquiridos.

Actividades do venres 26 de marzo

   

 Pablo Díaz presentou "TIC TAC"

 O alumnado de 6º de olimpiadas

Ademáis celebramos o DÍA DA POESÍA cun recital de poemas no Salón de Actos. Ver fotos aquí.

Festival de Entroido

O pasado venres 12 de febreiro celebramos o tradicional festival de entroido. Nesta ocasión o motivo serían os distintos paises do mundo, complementando o proxecto da biblioteca escolar "A volta o mundo en 365 libros".

Podedes ver unha mostra da celebración nos seguintes vídeos:

1º. Chinitos de Infantil

Mexicanos de primeiro

Indios americanos de segundo

4º. Hindúes de terceiro

5º. Árabes de cuarto

6º. Masais de quinto

7º. Hawaianos de sexto

Por útimo se queredes podedes Ver fotos da celebración        

Xoga co Entroido

Xa está aquí o entroido e o ENDL do Centro presenta esta actividade feita en Lim para aprender dun xeito máis divertido

Powered by Drupal - Design by artinet