Letras Galegas 2010 - Uxío Novoneira

Como todolos anos o 17 de maio celebramos en Galicia o día adicado a     nosa língua. Cada ano a Real Academia da Língua Galega elixe un autor recoñecido pola súa traxectoria en prol do galego.

Dende o EDNL do Colexio elaboramos unha serie de documentos divulgativos sobre a figura de Uxío Novoneira. Trátase dun díptico , un marcapáxinas e unha actividade interactiva on line sobre o escritor do Courel.

Para completar a celebración, o martes 18 de maio celebraremos un festival musical e literario onde contaremos cunha invitada moi especial, a cantante do grupo "Luar na Lubre" que actuará acompañada de alumnas de 6º de primaria, sen dúbida todo un luxo.

Xa o venres 21 entregaremos a todos a revista do Centro Aquelarre.

Powered by Drupal - Design by artinet