O SAMAÍN

O día 2 de novembro celebramos a festa do Samaín. Foi, un ano máis, un éxito de participación e unha mostra máis de superación por parte de todos os participantes, alumnos e familias. Unha exposición que destacou pola orixinalidade das cabazas realizadas, e pola tarde, pola masiva afluencia de alumnos e o que resulta máis significativo e gratificante, acompañados de moitos familiares, o que indica un alto grado de implicación. E como non, agradecer as nais do ANPA e  a AVV IAR a súa especial colaboración.

Acceso ás fotografías 

Díptico elaborado polo EDLG 

Día da Biblioteca

O luns 25 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas. Nesta ocasión invitamos a Christian Magic, vello coñecido da escola, que fixo un espectáculo de maxia relacionado co fascinante mundo dos libros e as lembranzas dalgún deles cando él era neno.

As mochilas inician a súa viaxe

O 15 de outubro e anticipándonos á celebración do Día das Bibliotecas        repartimos un curso máis as mochilas viaxeiras. Estas mochilas conteñen libros, revistas e DVDs para que cada alumno os disfrute durante unha semana con toda a súa familia.  Para chegar dúas veces a cada casa  ao longo do curso , cada clase dispón de dúas mochilas, en total 36 para todo o Colexio.

Dende o Equipo de Biblioteca agardamos que novamente disfrutedes todos desta iniciativa de fomento da lectura.

Iniciamos a "Hora de Ler"

A partir de hoxe, 1 de outubro, e durante todos os venres do curso poñemos en marcha esta iniciativa do Equipo de Biblioteca na que  o alumnado de primaria adicará vinte minutos (entre as 12 e as 12,20) á lectura silenciosa dos libros e revistas que eles elixan. Esta iniciativa ven a sumarse a outras moitas que dende a Biblioteca do Colexio e outros departamentos realizamos para fomentar o gusto e o hábito pola lectura entre os nenos, A organización da actividade obríganos a adiantar o recreo dos venres 15 minutos e a axustar todas as sesións a 50 minutos de duración.

Actividades extraescolares 2010-2011

A partir do luns 4 de outubro iniciamos as actividades extraescolares do Colexio promovidas e organizadas polo ANPA. Se queredes coñecer con detalle o horario das mesmas podedes pinchar na imaxe de abaixo e ver a circular que se enviou as familias.

Maxia no cole

O  luns 20 de setembro recibimos a visita do Mago Frazer enmarcada     na  Semana Internacional da Maxia que se celebrou na Coruña ata o domingo 26. Todo o alumnado de primaria tivo a oportunidade de disfrutar dunha actuación que combinou a perfección maxia e humor.

Fai clic na foto para ver máis imaxes

Blog de Sandra

Interesante blog persoal no que podemos atopar unha gran cantidade de recursos educativos, xogos, enlaces, etc.


Circulares do primeiro día

O venres ao inicio do presente curso 2010-11 todos recibíchedes nos vosos fogares a circular de principio de curso, e para os usuarios de comedor ou madrugadores a de normas de funcionamento. Deixamos ambos documentos na web para que podades telas todavía máis accesibles, xa que conteñen información de moito interese para todo o curso.

Calendario escolar 2010-2011

O venres 10 de setembro comezan as clases para o alumnado de 5º de Ed. Infantil a 6º de Ed. Primaria no seu horario habitual, de 9 a 14 horas. O alumnado de 4º de infantil terá un horario de adaptación ata o  24 de setembro.

Tamén o día 10 iniciaremos o servizo de comedor  e madrugadores. As actividades extraescolares comezarán o luns 4 de outubro.

Calendario Escolar Curso 2010 - 2011 

Profesorado no curso 2010/11

Na reunión de Claustro de profesores celebrada hoxe 1 de setembro realizouse a elección de titorías e especialidades   por parte dos docentes do noso colexio. Nos seguinte enlaces podedes consultar o resultado desta adscrición:  

  • Titorías                                                                     
  • Especialidades

Powered by Drupal - Design by artinet