Na Fervenza do Toxa co ANPA

Un curso máis o ANPA organizou a excursión de final de curso para todos os socios, que este ano realizouse no albergue da Fervenza do Toxa o sábado 18 e o domingo 19 de xuño. Novamente éxito de participación e organización gracias a todos


Os de sexto xa están de volta

Foron cinco días inesquecibles, cheos de emoción, diversión, sorpresas e de moitas visitas a novos lugares. En Madrid tivemos a oportunidade de coñecer emblemáticos lugares como a Praza Maior, Cibeles, Museo do Prado, Palacio Real, Bernabeu..., ata unha viaxe en Metro. Na Warner disfrutamos moitísimo coas atraccións e os espectáculos, e como despedida pasamos por Segovia e visitamos o Alcázar, que parece un castelo de conto, e tamén o acueducto romano


Libros de texto para o curso 2011-2012

Podedes consultar o listado de libros para o novo curso picando na imaxe


Axudas para a compra de libros de texto

A Consellería de educación publicou as axudas para a compra de libros de   texto para o seguinte curso escolar. Son axudas basadas nos ingresos familiares. O prazo de presentación será durante todo o mes de xuño na secretaría do Colexio.


- Axudas para libros de 1º, 2º, 5º e 6º de primaria


- Axudas para libros de matemáticas e música en 3º e 4º de primaria

Festival das Letras Galegas 2011

Durante a mañá do venres 27 de maio conmemoramos a festividade das Letras Galegas coa realización de dous festivais, un para os máis pequenos, e o outro para o alumnado de 2º a 6º de primaria. Houbo un pouco de todo, cancións, teatro, música, e a actuación estelar do grupo musical de Pablo Díaz. Neste ALBUM podedes ver as imaxes. Grazas a todos os que colaboraron para que unha vez máis tivésemos un estupendo festival.


O Equipo de Dinamización da Língua Galega do Colexio

Unha xornada no Camiño

E xa van seis edicións. Os de 5º un ano máis disfrutaron das esencias dun tramo do Camiño de Santiago, entre Furelos e Ribadiso. Toda unha experiencia onde o esforzo vese compensado pola propia vivencia en compañía de compañeiros e profesores.  


VER FOTOS

Os de primeiro en Bonilla

O 18 de maio visitamos unha fábrica. É unha fábrica moi especial, alí fan as patacas fritas de "Bonilla a la vista". Foi unha visita moi práctica, curiosa e divertida, onde pudimos aprender todo o proceso que fan as patacas ata chegar ás tendas.

LETRAS GALEGAS 2011

"Precisabamos animar ao sol a saír. Precisabamos animar á choiva a saír. Eu pensei que chorando... Mais era preciso cantar como ela o facía..."

LOIS PEREIRO
1958-1996

Se queres máis información sobre a vida e obra de Lois Pereiro clicade aquí e se a queres escoitar, clica aquí.

Tamén podedes ver a exposición ou interactuar co traballo elaborado polo Seminario de Galán

Blog sobre Lois Pereiro da biblioteca do CPI San Vicente

Alumnado admitido para o curso 2011-12

Estas son as listaxes definitivas, unha vez rematado o periodo de reclamacións e examinadas as mesmas. No caso da listaxe de 3 anos lembrade que faltan 6 prazas por asignar, reservadas a alumnado de necesidades educativas especiais. Previsiblemente non serán utilizadas e repercutiran nos seguintes da lista.


Powered by Drupal - Design by artinet