Xornada de xogos tradicionais

Xoves 26 de abril, nenas e nenos de 2ºEP viaxamos ata A Capela, ao CEIP Mosteiro de Caaveiro para participar no proxecto de Brinquedia, asociación adicada á recuperación e promoción dos xogos populares e tradicionais en Galicia. A actividade, a visita, o intercambio e convivencia, todo fantástico. Grazas.

Premio en el Torneo Miguelito

En la edición anual del Torneo Miguelito de Judo el Colegio recibió el Premio de Técnica Miguelito. Dende a directiva do ANPA e a Dirección do Centro queremos faceros partícipes, e agradecer o traballo realizado aos profesores de judo Alex e Juan e aos judokas do Colexio.


Norabóa

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. ANDERSEN

O 2 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Como sabedes é en honor a Andersen, quen escribiu moitas e fermosas historias que coñecemos dende pequenos e seguimos contando aos máis novos.

Para saber algo máis sobre él e a súa obra, só tes que premer aquí e realizar a actividade lim que aparece, aportada e compartida con xenerosidade por Julia González, do CEIP Mestres Goldar. Vaian para ela e e seu equipo os nosos parabéns e agradecementos por este traballo.

Xogos de sempre

Durante o mes de marzo o alumnado de 2º EP traballou en Ed Física entorno aos xogos populares. Como broche final, realizaremos en abril, un encontro de xogos populares no colexio de A Capela. 

Torneo de ximnasia rítmica

Alumnas de 1º e 2º da actividade extraescolar de ximnasia participaron representando ao colexio, nunha exhibición en Ferrol o pasado fin de semana.

Campamentos de verán da Xunta

Tamén e como todos os anos saiu a convocatoria de campamentos de verán. Estos campamentos poden solicitalos o alumnado que teña 9 anos ou máis no momento de iniciarse o campamento.


A Xunta de Galicia convocou actividades en inglés durante o verán. No noso centro o alumnado de 6ºEP que teña aprobado completamente 5º e ademáis unha calificación de Ben ou máis en inglés en quinto curso, poden solicitalo.

Proceso de admisión para o curso 2012-13

Dende o día 1 de marzo e ata o 10 de abril, pódese solicitar na secretaría do Colexio, prazas escolares para alumnos de novo ingreso neste Centro. O alumnado xa escolarizado non precisa formalizar ningunha documentación, a reserva de praza é automática. Nos seguintes enlaces atoparedes toda a información relativa ao proceso de admisión, así como a documentación necesaria, que podedes descargar ou ben solicitar no Colexio.


A festa do Entroido

Este ano a música foi o tema elexido para o festival de entroido, que celebramos o venres 17. Como comprobaredes nas FOTOS e vídeos foi todo un éxito. Noraboa aos rapaces polo seu compromiso coa actividade, noraboa ao profesorado pola súa implicación e preparación das actuacións, e noraboa tamén as familias polo traballo na casa de vestuario e maquillaxe.

Achégase o Entroido

Ata o venres 17 estamos de Entroido no cole. Sabedes que trátrase dunha das tradicións festivas de maior arraigo en Galicia. Nestes días realizaremos diferentes actividades para dar a coñecer e disfrutar esta festa, que como sempre rematará co Festival de Entroido o venres 17 ás 12h, e no que todas as familias estades invitadas a participar.


UNIDADES DIDÁCTICAS EN PAPEL AQUÍ          FAI AS ACTIVIDADES INTERACTIVAS FACENDO CLIC NAS IMAXES









 


 


 

Powered by Drupal - Design by artinet