ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
LUNS 18 DE NOVEMBRO DE 16:30H. A 19:30H.
Tempo de magosto
Vai chegando o tempo do MAGOSTO . No colexio celebrarémolo o venres 15, asando as castañas no centro. Para iso, necesitamos a vosa colaboración: Pedímosvos que, a partires do luns 11, cada neno/a traia un pouquiño de leña e un puñado de castañas adentadas (cun pequeno corte para que non estoupen ao asalas). E se facedes unha caixiña para elas, xa sería estupendo!
No cartel atoparedes toda a información necesaria sobre a organización e curiosidades desta celebración tan especial.
Ademais, se queredes xogar con algunhas adiviñas sobre o magosto/outono, só tedes que facer clic nesta ligazón.
CAMPAÑA RECICLAXE MATERIAL ESCRITURA
Dende o cole , dentro do proxecto Brotes Verdes, queremos sumarnos a esta iniciativa para a reciclaxe de material de escritura. Animámosvos a colaborar aportando aqueles materiais xa esgotados. O coidado do medioambiente é cousa de todos e todas, por pouquiño que fagamos, sempre axudará.
Premendo na foto que acompaña esta nova, podedes ver mellor a información do que se pode recoller.
A caixa para a recollida estará na entrada do Centro.
Graciñas!
O SAMAÍN DO NOSO COLE
Queremos agradecer a toda a comunidade educativa do Fdez Latorre o seu apoio e participación masiva nesta emblemática celebración do tradicional Samaín.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
De acordo coa resolución do 10 de setembro de 2024, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 18 de setembro de 2024), a Xunta Electoral de este Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoriade eleccións ao Consello Escolar.
SAMAÍN 2024
Semana da Prevención co 3º ciclo
Do 3 ao 7 de Outubro celébrase a semana de prevención de incendios, e por iso os rapaces e rapazas de 5º e 6ºEP fixémos unha saída sobre prevención que organizou o corpo de bombeiros de A Coruña na Praza de María Pita.
Nada máis chegar un grupo de bombeiros tiveron que marchar a unha urxencia, e mentras tanto, Dividíronos en tres grupos e así ensináronnos como comportarnos durante unha emerxencia, como seguir as sináis e como realizar a maniobra RCP. No medio da actividade un grupo de bombeiros tiveron que marchar a unha urxencia, e tivemos que acortar un pouco a actividade.
O que máis chamou a nosa atención, foi a recreación dunha vivenda chea de fume durante un incendio, e como deberíamos actuar.
Pasámos unha mañá moi divertida, onde aprendimos moito e ademáis nos agasallaron cunha bolsa chéa de cousiñas.
Ainara Riotorto 5ºB
Portas de entradas e saídas
O mércores 11 iniciamos as clases ás 9h, así que queremos compartir con vós o documento adxunto onde explicamos as portas correspondentes a cada curso e nivel para entradas e saídas. Tamén hoxe os titores poñeranse en contacto coas familias para presentarse e indicar o grupo correspondente a cada alumno-a.