INICIO DAS CLASES
Estimadas familias, o vindeiro luns 11 de setembro iniciaremos as actividades lectivas no horario de costume, de 9h a 14h, coa excepción do periodo de adaptación para o alumnado de 4º de infantil, que contará durante a primeira semana cun horario especial que as familias implicadas xa coñecen.
Dende o primeiro día haberá servizo de madrugadores e comedor. Lóxicamente só poderá utilizalo o alumnado que previamente fora inscrito. As actividades extraescolares comezarán en outubro, a ANPA está a traballar no deseño do novo cadro de actividades, que publicaremos en canto esté finalizado.
Para facilitar o acceso neste primeiro día e durante o resto do curso a dirección achega esta CIRCULAR DE ENTRADAS E SAÍDAS con información detallada. Facendo clic na imaxe podedes ver a descrición de portas no plano do colexio.
Listaxes de material escolar no curso 23/24
- 1º PRIMARIA 3 ANOS - 4º Ed. Infantil
- 2º PRIMARIA 4 ANOS - 5º Ed. Infantil
- 3º PRIMARIA 5 ANOS - 6º Ed. Infantil
- 4º PRIMARIA
- 5º PRIMARIA
- 6º PRIMARIA
Xa estamos de volta - Curso 23/24
Saudamos a todo o alumnado e familias do centro e vos damos a benvida a este novo curso escolar 2023-2024. Xa estamos a traballar na preparación e organización deste novo curso académico. Este curso e despois de dez anos, volveremos a ter dúas aulas por curso, non haberá ningún desdobre. Gracias a isto contaremos de novo cunha aula específica de música, cunha nova aula para relixión e algunhas novidades que presentaremos no futuro. Para empezar xa tedes a vosa disposición a información dos novos-as titores-as e especialistas para este novo curso. Entre o luns e o martes publicaremos as listaxes de material escolar para primaria.
Lembramos ás familias de 3 anos que teñen unha reunión informativa moi importante o vindeiro martes 5 ás 12h no salón de actos. Ademáis nesa reunión podedes entregar o material do voso fillo-a a cada unha das mestras.
Seguide atentos-as á web para recibir información detallada e puntual de todo o que acontece neste curso.
Non olvidedes que o luns 11 de setembro empezan as clases ás 9h.
PROPOSTA RESOLUCIÓN DEFINITIVA BOLSAS COMEDOR
Deixamos aquí a ligazón para acceder á información do servizo de Bolsas Comedor coa proposta da resolución definitiva de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024.
PROPOSTA DEFINITIVA RESOLUCIÓN BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR PARA O CURSO 2023-2024
LISTAXE PROVISIONAL BOLSAS COMEDOR
17 de xullo de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.
Estas son as ligazóns nas que se poden consultar
- Taboleiro de edictos: https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=18118
- Páxina web de servizos sociais: https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/concesion-de-becas-comedor-curso-23-24-propuesta-provisional/suceso/1453841789651
- Taboleiros dos centros cívicos municipais
O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 18 de xullo ao 1 de agosto de 2023, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Aquí tedes a ligazón para o acceso á listaxe provisional:
IMPORTANTE: RECTIFICACIÓN LISTAXES EMENDA DE SOLICITUDES BOLSAS COMEDOR
Estimadas familias:
achegamos novo documento con algunha rectificación para as bolsas comedor. O novo prazo para as solicitudes remata o 12 de xullo. Na seguinte ligazón tedes acceso ao documento.
RECTIFICACIÓN PUBLICACIÓN LISTAXES EMENDAS BOLSAS COMEDOR CURSO 2023-2024
IMPORTANTE: EMENDAS BOLSAS COMEDOR
Aquí tedes as instruccións para subsanar erros nas solicitudes de bolsas comedor para o vindeiro curso 2023-2024.
Mirádeo ben porque o prazo para presentar o requerido remata o 6 de xullo.
DOCUMENTO LISTAS SUBSANACIÓNS BOLSAS COMEDOR 23-24
FESTA FINAL DE CURSO
Chegou o final do curso 22-23. O remate, por fin, e novamente dun curso "normal". O celebramos coa Festa de xogos e pola tarde despedimos a unha nova promoción do Fdez Latorre, e xa van trinta e unha!!. Moitas felicidades e grazas a toda a comunidade educativa.
Tamén os peques de 5 anos, acompañados polas familias e as súas mestras desfrutaron nun bonito acto a súa despedida de Educación Infantil.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »