Problemas na web

Nos últimos días a web  presenta unha apariecia con erros, concretamente sen menús laterais. Comunicamos que se trata dun problema alleo ao Centro e que estamos realizando as xestións necesarias para que o arranxen o antes posible.

Disculpade as molestias.

Inicio do 2º trimestre

Co inicio do ano 2011 comeza tamén o 2º trimestre no calendario escolar. Excepcionalmente, e ante a coincidencia moi tardía das vacacións de semana santa, este trimestre terminará arredor do 25 de marzo, polo que os boletíns da 2ª avaliación entregarémolos antes do 31 de marzo. Aproveitamos a ocasión para lembrar a todas as familias da trascendencia do traballo e o rendemento do alumnado nesta etapa intermedia do curso,  salientando a importancia  do voso apoio ao traballo que realizamos dende o Colexio.

Festival de Nadal

O mércores 22 celebramos o tradicional festival de nadal. Xa que as familias non poden asistir por falta de espazos queremos deixaros unha mostra de todas as actuacións para que disfrutedes tanto como o fixemos nós este día. Parabéns para todos os participantes e FELICES FESTAS

Tamén podedes ver as fotografías facendo clic AQUÍ

DIAPOSITIVAS DO FESTIVAL DO ANPA

Colaboramos co Albergue Padre Rubinos

Dende aquí queremos transmitir ao agradecemento das responsables do Albergue de Padre Rubinos pola vosa colaboración con esta institución benéfica. No vídeo podedes ver imaxes da entrega do recollido por parte de alumnado de sexto de primaria. Grazas a todos pola vosa colaboración.

 

Segunda parte: http://www.youtube.com/watch?v=TR1AZqXTgXg

CELEBRAMOS O 125 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE ROSALÍA

 

 Has de cantar,
meniña gaiteira;
has de cantar,
que me morro de pena.

Canta, meniña,
na veira da fonte;
canta, daréiche
boliños do pote.

Canta, meniña,
con brando compás,
daréiche unha proia
da pedra do lar.

Papiñas con leite
tamén che daréi;
sopiña con viño
torrexas con mel.

Patacas asadas
con sal e vinagre,
que saben a noces.
¡Que ricas que saben!

No taboleiro da entrada, do Colexio, temos unha pequena exposición  sobre a vida e obra de Rosalía, tamén a podedes ver  clicando aquí 

Contos pola igualdade

O martes e mércores, 30 de novembro e 1 de decembro, tivemos a oportunidade de participar nunha das actividades que o Concello programou  dentro dos actos da conmemoración do Día contra a violencia de xénero. Concretamente tratábase dun contacontos para os alumnos de 1º a 4º de primaria. A continuación deixamos algunhas imaxes da actividade.

Día das Persoas con Discapacidade

Neste curso centramos a conmemoración deste día con diversas actividades. Por unha banda a elaboración dun mural coa colaboración de   todas as aulas e por outro lado, unha posta en práctica de actividades físicas adaptadas a desenrolar nas clases de educación física. Básicamente centrámonos na práctica de deportes adaptados como o voleibol sentado (variante cahibol), basket sentado e carreiras con guía. 

IMAXES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS

Aproveitamos para deixar algúns links nos que atopar información, imaxes ou vídeos que mostran exemplos destas actividades:

Deportes paralímpicos, Volei sentado, Goalball, Bochia, Baloncesto en cadeira de rodasatletismo paralímpico

Votacións ao Consello Escolar

Finalizada a votación, estes foron os votos obtidos polos candidatos: 

  • EITOR BANDÍN, ANA PAULA: 22 votos
  • ESPINOSA VILLANUEVA, ANNA IRENE: 22 votos
  • LIÑARES BARBEITO, XOSÉ LUIS: 31 votos.

O desempate realízouse en favor da nai con maior antiguidade no Centro.

Grazas a tod@s pola vosa participación.

 

A Festa do Magosto

Por fin chegou o magosto, un clásico nas nosas celebracións. Promovido polo Equipo de Dinamización da Língua Galega do colexio e respaldado por todos, conseguimos ano tras ano poñer en escena unha das tradicións máis antigas do noso territorio. Unha vez máis satisfeitos pola resposta de toda a comunidade educativa, tanto pola asistencia como pola participación activa: castañas, leña, recipientes decorados ata o último detalle, etc. Botádelle unha ollada as fotografías clicando na imaxe.

Powered by Drupal - Design by artinet