Skip to Content

ANPA

Asamblea Xeral 24 de setembro

                                                                                                                                                   

ANPA SAN XULIÁN

CEIP “FELICIANO BARRERA” 

GULÁNS

 

Prezadas familias,

 

Dende a Directiva da ANPA “San Xulián” queremos darvos a benvida a este novo ano escolar 2021/2022. Comeza un novo curso cheo de aprendizaxes, emocións, alegrías, logros, descubrimentos….e moitísimas novas aventuras por vivir.

 

Comezamos a traballar para lograr novas metas e gustaríanos poder contar coas familias do centro educativo para conseguir todo o que nos propoñamos.

 

Mediante a presente comunicárvo-la convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o vindeiro VENRES 24 DE SETEMBRO no CEIP “Feliciano Barrera” ás 18:00 h en Primeira Convocatoria. De non haber quórum, celebraráse no mesmo día e lugar ás 18:30 h, coa seguinte orde do día:

 

 

      1.-Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

      2.-Actividades Extraescolares curso 2021 –2022.

      3.-Renovación da Xunta Directiva da ANPA

      4.-Cuantía aportación actividades (excursións, actuacións…)

      5.-Fotos de recordo.

      6.-Posible cambio na cota de socio/a Anpa do ano escolar 2021/2022.

      7.-Rogos e preguntas.

 

 

Querémosvos lembrar que podedes facervos soci@s da ANPA contactando con calquera membro da Directiva da ANPA, no correo electrónico anpasanxulian@hotmail.es  ou no teléfono 635331326. O prezo da cota de socio/a Anpa deste ano escolar 2021/2022, decidirase como medida excepcional na Asamblea Xeral. Ademáis teredes, coma no curso pasado, descontos nas actividades extraescolares e tamén nunha serie de establecementos colaboradores ao presentardes o carné de socios.

 

 Recordámosvos que a asistencia ás Asembleas Xerais é libre, aínda que para ter voto nas mesmas deberedes ser socios da ANPA.

 

Agradecemos de antemán a vosa aistencia.

 

Un saúdo.

 

 

 

A Directiva da ANPA “San Xulián”

 

 

 

Benvid@s o novo curso escolar 2021/22

Prezadas familias

 

      ¡ Érase unha vez un novo comezo, unha nova aventura, unha maravillosa oportunidade......!

 

        Dende a Directiva Anpa San Xulián queremos darvos a benvida a este novo ano escolar. Comeza un novo curso cheo de aprendizaxes, emocións, alegrías, logros, descubrimentos........e moitísimas novas aventuras por vivir.

 

         Comezamos a traballar para lograr novas metas e gustaríanos poder contar coas familias do noso maravilloso Centro educativo para poder conseguir todo o que nos propoñamos. 

 

         Esperamos que teñades un moi bó comezo de curso e recordade...

 

        "Quizás non todos os días sexan bos, pero sempre haberá algo bó todos os días"

 

 

Aproveitamos para adxuntar as actividades extraescolares que ofrecemos este novo ano escolar 2021/2022.

¡¡Animádevos!!

 

Quedamos a vosa disposición

Un cordial saúdo

A Anpa San Xulián

Asamblea ordinaria Venres, 18 de Xuño

Prezadas  familias

 

           A Directiva da Anpa “San Xulián” convoca a tódolos socios/as a unha Asamblea ordinaria que terá lugar o vindeiro Venres, día 18 de Xuño de 2021, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e as 18:00 horas en segunda convocatoria no torreiro, diante do CEIP Feliciano Barrera. No caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan, reunirémonos no patio pechado do CEIP Feliciano Barrera.

 

           O motivo desta reunión son os seguintes puntos:

 

  1.  Lectura e aprobación da acta anterior
  2.  Estado de Contas.
  3.  Informe da Presidenta.
  4.  Actividades extraescolares propostas para o curso 2021/22.
  5.  Estado do proxecto " Remodelación do torreiro de Guláns" por parte do Concello.
  6.  Renovación e ampliación da Xunta Directiva.
  7.  Rogos e preguntas.

                       

 

 

 Esperando a vosa asistencia

Un saúdo 

A Directiva da Anpa “San Xulián” 

Convocatoria Asamblea Ordinaria

              

Prezadas  familias

 

           A Directiva da Anpa “San Xulián” convoca a tódolos socios/as a unha Asamblea ordinaria que terá lugar o vindeiro Venres, día 23 de Abril de 2021, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e as 18:00 horas en segunda convocatoria no torreiro, diante do CEIP Feliciano Barrera. No caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan, reunirémonos no patio pechado do CEIP Feliciano Barrera.

 

           O motivo desta reunión son os seguintes puntos:

                     

  • Lectura e aprobación da acta anterior
  • Presentación e propostas de posibles inversións por parte da Anpa
  • Realización de extraescolares coa Fundación Guláns na Casa Cultural "Avisoureira" e cobro das mesmas
  • Cota de socios/as : Datas, formas de cobro e información sobre a entrega de carnet socio/a Anpa xunto coa correspondente axenda
  • Posible adquisición axendas curso 2020/2021 con empresa galega
  • Información estado do "Proxecto remodelación do torreiro de Guláns" por parte do Concello
  • Incorporación de novas familias na Anpa e ampliación da Xunta Directiva
  • Rogos e preguntas  

 

 Esperando a vosa asistencia

Un saúdo 

A Directiva da Anpa “San Xulián” 

                                                                                                                                  

Circular convocatoria Asamblea rectificado

 

Prezadas familias,

 

A Directiva da Anpa San Xulián convoca a tódolas familias a unha Asamblea  extraordinaria que terá lugar o vindeiro Venres día 27 de Novembro do 2020, ás 17.00 horas en primeira convocatoria e ás 17.30 en segunda convocatoria no torreiro, diante do CEIP Feliciano Barrera.

O motivo desta reunión son os seguintes puntos:

 

1.    Modificación dos Estatutos

2.    Modificación da Xunta Directiva

3.    Rogos e preguntas

 

Unha vez rematemos a Asamblea extraordinaria, comezará unha Asamblea ordinaria coa seguinte orde do día:

 

1.     Lectura e aprobación da acta anterior

2.     Cambio póliza seguro R.Civil

3.     Cambio de Asesoría

4. Posibles cambios na adscrición do CEIP Feliciano Barrera

5.     

Rogos e preguntas

 

Esperando a vosa asistencia.

Un saúdo

 

A Directiva da Anpa “San Xulián”

Distribuir contido


by Dr. Radut