Skip to Content

Secretaría

Vacantes 2023-2024

Infórmase que a partir do mércores día 1 de marzo ábrese o prazo de admisión de alumnado e ata o luns día 20 de marzo poderase presentar o ANEXO II e o libro de familia para a admisión do alumnado para o curso 2023-2024 (ou cubrilo dende a páxina de admisionalumnado e entregalo mediante sede electrónica).

Os arquivos adxuntos, pódense descargar con toda a información do proceso de matrícula. Alí poderás consultar, entre outros datos, a documentación a presentar e as prazas vacantes no noso centro.

 Ademais infórmase da vacantes para o vindeiro curso 2023-2024 

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

 

 

CURSO

PRAZAS

VACANTES LIBRES

PRAZAS VACANTES PARA NEAE 

4º ed. Infantil

25

3

5º ed. Infantil

18

 

6º ed. Infantil

10

 

1º ed. Primaria

16

3

2º ed. Primaria

12

 

3º ed. Primaria

13

 

4º ed. Primaria

17

 

5º ed. Primaria

12

 

6º ed. Primaria

14

 

 

Prazo oficial:

Do 1 ao 20 de marzo

 

Para máis información:

886110585 

ceip.feliciano.barrera@edu.xunta.es

ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR 2022

Ponse en coñecemento da Comunidade Educativa deste Centro que, segundo RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, iníciase o proceso de eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.

A organización e supervisión deste proceso electoral está a cargo da Xunta Electoral, presidida pola directora e integrada por un pai e un mestre elixidos por sorteo público realizado o pasado 29 de outubro de 2022.

Nestas eleccións corresponde renovar 2 representantes do profesorado e 2 representantes dos pais/nais.

O censo de pais e nais de alumnos está exposto nas fiestras da aula de 3º. No caso de ser necesario realizar algunha reclamación con respecto ao censo, o prazo remata o 15 de novembro.

Nas fiestras da aula de 3º estará toda a información de interese relativa a este proceso, incluído o calendario electoral completo.

RESUMO DO CALENDARIO ELECTORAL

  • Exposición pública dos censos: 10 de novembro.

  • Prazo de presentación de candidaturas: dende o 11 ata o 18 de novembro (podedes recoller en dirección o modelo para a presentación de candidaturas)

  • Proclamación de candidaturas: 24 de novembro.

  • Votacións: 29 de novembro (informarase do horario máis adiante)

  • Proclamación de candidatos electos: 1 de decembro

  • Constitución do novo Consello Escolar: 12 de decembro

Eleccións ao Consello Escolar 2022

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setmebro), realizarase proximamente no Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

  • Directora do centro
  • Unha mestra ou mestre
  • Una nai, pai ou titor legal.

Estes dous últimos serán desiganados por sorteo (segundo establece o Artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrase neste Centro o próximo 28 de outubro, ás 8:45 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figuran nas distintas convocatorias que próximamente se farán públicas pola Xunta Electoral.

 

Reunión de benvida 2022/2023

Benvida curso 2022-2023

Distribuir contido


by Dr. Radut