Skip to Content

Secretaría

FONDO LIBROS

Xa están publicadas as listaxes provisionais de fondo libros e axudas de material, poderase consultar no interior do centro o listaxe ou mediante chave 365. O listado definitivo se publicará o mércores 7 de xullo.

Recordar que os vales se entregaran en setembro.

O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA NON DEBERÁ MERCAR NINGÚN LIBRO NIN CUADERNILLO, AGARDARÁ ATA O COMEZO DE CURSO XA QUE É POSIBLE QUE O CENTRO TEÑA LIBROS PARA TODO O ALUMNADO.

Un saúdo e feliz verán.

Libro de texto 2021-2022

Bo día

No arquivo adxunto poderase ver o listado de libros por curso para 2021/2022. Recordamos que 5º e 6º de Primaria non hai libros seleccionados debido a súa participación no Proxecto EDIXGAL. 

Un saúdo.

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBRO DE TEXTOS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias.

Ábrese a convocatoria para solicitar o fondo de libros solidarios e axuda para libros de texto e material escolar. Pódese consultar a convocatoria nos arquivos adxuntos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

 

Do 21 de maio ao 22 de xuño (ámbolos dous inclusive)

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN:

 

1) Vía telemática dende a aplicación informática de fondo libros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou dende a páxina da sede electrónica (Chave 365). Para estás formas a Xunta ofrece un manual de usuario.

 

 2) De forma presencial na secretaría do centro en horario de 08:45 h a 13:45h.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude ( Poden descargar os Anexos I e II AQUÍ)
  • DNI dos membros familiares.
  • Copia do libro de familia.
  • *De ser o caso os documentos acreditativos ( separación, certificado discapacidade...)

 

O calendario para o fondo libros e axudas para material escolar será o seguinte:

 

2 de xullo

Listaxe provisional de beneficiarios

5 e 6 de xullo

Prazo de reclamación

7 de xullo

Listaxe definitivo de beneficiarios

Setembro

Recollida de vales e libros

 

As listaxes provisionais e definitivas serán publicadas no tablón dentro do centro e tamén se poderán consultar vía electrónica accedendo ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

 

Un saúdo

 

 

 

Listaxe de admitidos

Bo día, 

Todo alumnado que presentou a solicitude de admisión para o curso 2021/2022 foi admitido. Os listados provisionais pódense consultar no tablón interior do centro.


A formalización de matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño.

 

Un saúdo.

PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021-2022

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

Prazo de presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 22 de marzo

  • Documento para solicitude de admisión (Anexo II)
  • Fotocopia do libro de familia

 

Distribuir contido


by Dr. Radut