Skip to Content

Normalización

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas, participamos no concurso organizado polo Concello de Ponteareas: #tesourosdalingua. Velaquí tedes unha selección dalgúns dos traballos presentados.

 

 (fai clic na imaxe para vela máis grande)

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 

O día 17 de maio celebramos o día das LETRAS GALEGAS.

Este ano está dedicado a Ricardo Carballo Calero.

 

Sónavos de algo o seu nome? Pois aquí vos deixamos unha serie de xogos e actividades para saber algo máis sobre Ricardo Carballo Calero.

 

Buscade o voso curso e pinchade na imaxe que vos corresponda. Se quedades con ganas de máis, despois tamén podedes botar un ollo aos xogos que puxemos para os outros cursos.

 

 

 

 

Ademais, tendes tamén a posibilidade de participar no concurso que nos propón a biblioteca de Ponteareas: “Tesouros da lingua”. Aquí vos deixamos as bases. Atrevédesvos a participar?

 

 

FELIZ SEMANA DAS LETRAS!

 

DÍA DA MULLER

Aimee, unha muller e unha historia marabillosa! Thank you!

 
Non temos palabras para describirmos o que nós sentimos despois de escuitar a historia da nosa querida Auxiliar de Conversa, Aimee.

Vietnamita de nacemento, tivo que emigrar e ser unha refuxiada por mor da guerra do seu país. Estivo durante anos pendente dun bunker que construíu seu pai na súa casa para protexerse das bombas e da barbarie.

Estudou, estudou e estudou e logrou o seu soño: enxeñeira, respectada por homes e mulleres, presidenta dunha fundación-ONG "Vietnam Fundation" que mellora as condicións de vida dos nenos e nenas do Vietnam.

Muller libre!

Todo iso e máis nos amosou hoxe nunha charla inesquecíbel.

Thank you for all, Aimee, you´re also the future!

 
   
   
     
 
 
 
 

DÍA DE ROSALÍA

Entrega de premios II concurso de poemas ilustrados "Día de Rosalía" de 2020

 

A concellería de Cultura entregou os premios do concurso de poemas ilustrados “Día de Rosalía 2020”

Kirk Groba Lefevre, da nosa escola, é un dos gañadores

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, entregou no auditorio municipal os premios do II concurso de poemas ilustrados “Día de Rosalía 2020”, enmarcados na programación dos actos e actividades con motivo do mes da ilustre escritora Rosalía de Castro.
Os centros educativos de Ponteareas participaron, un ano máis, neste concurso que pón en valor a figura
da pensadora e poetisa galega e promove o coñecemento das e dos nosos persoeiros símbolo de defensa
do pobo galego e da nosa lingua.
 
 

Distribuir contido


by Dr. Radut