O curso chega ao seu fin e é hora de demostrar o que sabedes. Si podedes, grabade un vídeo ou audio no que saludedes en inglés e vos despidades en inglés.
Aproveitade para ensinarme as cousas que fixestes estes meses que máis vos gustasen, como debuxos de plástica, manualidades...
Déixovos os vídeos de saúdo e despedida en inglés:
Xa está rematando o curso, polo que vos deixo uns xogos que podedes imprimir e xogar con eles. Podedes usalos durante as vacacións si queredes! Son opcionais/voluntarios, xa que requiren de impresora.
Tema 1: Material escolar/school supplies.
Tedes un memory game. Un xogo de memoria no que debedes agrupar a imaxe coa palabra. Cada imaxe trae escrito debaixo a palabra, polo que poderedes xogar e aprender vocabulario novo.
Tema 2, 3 e 4: Partes do corpo/parts of the body; family, food e feelings.
Tedes memory games de cada un dos temas para repasar o vocabulario que coñecedes.
Podedes xogar solos ou con alguien máis.
Instruccións:
- Hai un archivo de imaxes para cada un dos temas. Poden ler a palabra en inglés debaixo da imaxe.
- O documento "Memory game palabras body, feelings e food" ten escrito solo as palabras en inglés.
- Recortar todo. Colocar todas as fichas do mesmo tema boca abaixo e buscar a palabra que se corresponde coa imaxe. Si non a lembras podes buscar a palabra que sexa igual á que aparece debaixo da imaxe.
Deixo unha carpeta por si vos animades a enviar foto xogando.
Deixarei a próxima semana para que entreguedes as tarefas pendentes.
Empezamos xuño. Aproveitamos para repasar cousas que vimos ao longo do curso.
Propoño actividades para algúns dos temas, así podedes repasar e xogar tamén durante o verán.
Tema 1: house
Un xogo de dominó e outro de buscar parellas, debedes asociar palabra e imaxe tendo as fichas boca abaixo.
Tedes fichas con máis vocabulario que podede imprimir e recortar para xogar a buscar parellas.
Tema 2: "butterfly mask" e "jumping frog"
Butterfly mask
Ver o seguinte vídeo (storytelling) do conto "Is it a butterfly?" Non pasa nada si non entendedes todo, intentade seguir polas imaxes e escoitar.
Despois podedes decorar unha careta de "butterfly" (en adxuntos). Si non podedes imprimir e vos animades a facelo, podedes debuxar nun folio a vosa "butterfly" e decorádea.
Jumping frog
1- Ver este vídeo da rana ("frog") que non quere ser "frog".
2- Facer "jumping frog" seguindo este vídeo e coa axuda dun adulto.
Tema 3: clothes
Hai 2 xogos.
Un deles hai que usar dados facer dúas tiradas. A primeira tirada é para a columna e a segunda para a fila.
Despois debedes decir o nome da prenda en inglés.
No xogo de dominó tedes que asociar imaxe e palabra en inglés.
Deixo unha carpeta por si queredes enviar fotos, pero son optativos e para que teñades material para o verán si queredes usalo. Esta semana e a próxima poderedes entregar as tarefas pendentes e si tedes dúbidas pregutádeme!
Como a semana pasada vos gustou tanto a tarefa da "butterfly mask", esta semana podedes facer unha manualidade algo distinta. Necesitaredes a axuda dun adulto, pero despois poderedes xogar con ela.
1- Ver este vídeo da rana ("frog") que non quere ser "frog".
2- Debuxar unha "frog" nun folio e facer "jumping frog" seguindo este vídeo e coa axuda dun adulto.