Skip to Content

INGLÉS: SEMANA 4 XUÑO -2nd GRADE/2º CURSO-

Good morning!

 

Empezamos xuño. Aproveitamos para repasar cousas que vimos ao longo do curso.

 

Propoño actividades para algúns dos temas, así podedes repasar e xogar tamén durante o verán.

Tema 1: house

Un xogo de dominó e outro de buscar parellas, debedes asociar palabra e imaxe tendo as fichas boca abaixo.

 

Tedes fichas con máis vocabulario que podede imprimir e recortar para xogar a buscar parellas.

Tema 2: "butterfly mask" e "jumping frog"

Butterfly mask

Ver o seguinte vídeo (storytelling) do conto "Is it a butterfly?" Non pasa nada si non entendedes todo, intentade seguir polas imaxes e escoitar.

 

Despois podedes decorar unha careta de "butterfly" (en adxuntos). Si non podedes imprimir e vos animades a facelo, podedes debuxar nun folio a vosa "butterfly" e decorádea.

 

Jumping frog

1- Ver este vídeo da rana ("frog") que non quere ser "frog".

 

2- Facer "jumping frog" seguindo este vídeo e coa axuda dun adulto.

Tema 3: clothes

Hai 2 xogos. 

Un deles hai que usar dados facer dúas tiradas. A primeira tirada é para a columna e a segunda para a fila. 

Despois debedes decir o nome da prenda en inglés.

 

No xogo de dominó tedes que asociar imaxe e palabra en inglés.

 

Deixo unha carpeta por si queredes enviar fotos, pero son optativos e para que teñades material para o verán si queredes usalo. 
Esta semana e a próxima poderedes entregar as tarefas pendentes e si tedes dúbidas pregutádeme!


Espero que vos guste! Enjoy it!

AnexoTamaño
butterfly mask.jpg82.78 KB
House game.jpg114.79 KB
House domino.jpg67.87 KB
Clothes game.jpg172.15 KB
Clothes domino.jpg20.72 KB
Ampliación vocabulario house game.pdf1.88 MB


blog | by Dr. Radut