Skip to Content

Secretaría

Libros de texto 2022-2023

Bo día

No arquivo adxunto poderase ver o listado de libros por curso para 2022/2023. Recordamos que 5º e 6º de Primaria non hai libros seleccionados debido a súa participación no Proxecto EDIXGAL. 

Un saúdo.

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias.

Ábrese a convocatoria para solicitar o fondo de libros solidarios e axuda para libros de texto e material escolar. Pódese consultar a convocatoria nos arquivos adxuntos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

 

Do 19 de maio ao 22 de xuño (ámbolos dous inclusive)

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN:

 

1) Vía telemática dende a aplicación informática de fondo libros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou dende a páxina da sede electrónica (Chave 365). Para estás formas a Xunta ofrece un manual de usuario.

 

 2) De forma presencial na secretaría do centro en horario de 08:45 h a 13:45h.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude ( Poden descargar os Anexos I e Anexo II )
  • DNI dos membros familiares.
  • Copia do libro de familia.
  • *De ser o caso os documentos acreditativos ( separación, certificado discapacidade...)

 

O calendario para o fondo libros e axudas para material escolar será o seguinte:

 

4 de xullo

Listaxe provisional de beneficiarios

5 e 6 de xullo

Prazo de reclamación

7 de xullo

Listaxe definitivo de beneficiarios.

7, 8 de xullo

Recollida de vales.

Os libros de 3º e 4º entregaranse en SETEMBRO

 

As listaxes provisionais e definitivas serán publicadas no tablón dentro do centro na fiestra de aula de música e tamén se poderán consultar vía electrónica accedendo ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

 

Un saúdo

 

 

Admisión alumnado curso 2022/23

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión en prazo no centro para o curso 2022/2023 obtivo praza de forma provisional.

Podedes consultar a listaxe en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado con un certificado dixital ou chave 365 , ou ben no taboeiro do centro (aula de música).

 

Admisión alumnado 2022-2023

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

Prazo de presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 21 de marzo

  • Documento para solicitude de admisión (Anexo II ou cubrir na aplicación admisión alumnado da xunta, se se cubre pola aplicación se pode imprimir e entrgar en man na escola ou mediante a sede electrónica, formulario ED 550B)
  • Fotocopia do libro de familia

 

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido:

Antes do 25 de abril.

Unha vez publicadas estas listaxes, haberá un prazo de 5 días hábiles para formular reclamación ante o Consello Escolar do centro.

 

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido:

Antes do 15 de maio

Unha vez publicadas estas listaxes, haberá un prazo de 1 mes para interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial.

MATRÍCULA 

Unha vez que o alumno ou alumna é admitido no centro, é necesario formalizar a matrícula.

Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2022

  • Documento de formalización de matrícula (Anexo III-1)
  • 4 fotografías tamaño carné (co nome e apelidos escritos por detrás)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (nun folio sen recortar)
  • Impreso de opción relixiosa
  • Impreso de transporte escolar e autorización para o tratamento dos datos (só no caso de corresponderlle o uso do transporte escolar)
  • Impreso de recollida de datos

 

NOVA Xornada de portas abertas

Distribuir contido


by Dr. Radut