Skip to Content

Secretaría

REUNIÓN INFORMATIVA

URXENTE Vales libros e libros do fondo

Xa se poden recoller os vales de libros de 1º e 2º de Primaria e os vales de material de todos os cursos. Luns a Venres de 10:00 a 13:00. 

Os libros de préstamo comezaran a entregarse ao alumnado o primeiro día de clase polos titores.

Un saúdo.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2020/2021

Bo día.

Todas as familias que presentaron solicitudes de admisión nos diferentes  cursos de infantil e primaria teñen praza.

 

 FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DO 1 AO 10 DE XULLO

(rogamos facelo o antes posible)

 

HORARIO ATENCIÓN PÚBLICO
10:00 -13:00

 

Documentación necesaria:

- Documento de formalización de matrícula (Anexo III-1).

- Fotocopia da tarxeta sanitaria (Nun folio sen recortar).

- 4 fotografías tamaño carné (co nome e apelidos por detrás). 

- Impreso de recollida de datos.

- Impreso de transporte escolar e autorización para o tratemento dos datos (en caso de corresponderlle o uso do transporte escolar).

 

Todos os impresos están adxuntos a esta publicación. Tamén se poderán recoller fotocopias no centro educativo.

Un sáudo.

 

Calendario Fondo Libros e axudas para o material escolar.

Bo día.

O calendario para o fondo libros e axudas para material escolar será o seguinte:

 

6 de xullo

Listaxe provisional de beneficiarios

7 e 8 de xullo

Prazo de reclamación

9 de xullo

Listaxe definitivo de beneficiarios

Setembro

Recollida de vales e libros

 

As listaxes provisionais e definitivas serán publicadas no tablón dentro do centro e tamén se poderán consultar vía electrónica accedendo ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Un saúdo

Información para a recollida de material do alumnado

Bo día.

Informamos de que na semana do 22 ao 26 de xuño o centro estará aberto para que as familias pasen a recoller os materiais do alumnado e para a entrega dos libros de Fondo libros por parte da familias beneficiariais.

Este é o calendario para a recollida de materiais e entrega de libros:

 

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

3º, 4º E 5º DE INFANTIL

1º DE PRIMARIA

2º DE PRIMARIA

3º DE PRIMARIA

FESTIVO

4º DE PRIMARIA

5º DE PRIMARIA

6º DE PRIMARIA

 

No caso dos irmáns, as familias virán o día no que lle toque ao fillo maior.

En caso de que algunha familia non poida asistir no día que lle corresponda deberá comunicalo para solicitar outra cita.

De ser necesario, asinaremos xustificantes para o traballo, pero deberán ser solicitados con antelación para que se teñan preparados.

Seguindo a Orde SND/422/2020, do 19 de maio é obrigatorio o uso da mascarilla dentro do centro escolar. As familias deben esperar fóra da aula a que saia a anterior familia e deben gardar sempre a distancia de seguridade coas outras persoas que poidan estar agardando e co profesorado.

Un cordial saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut