Skip to Content

Admisión alumnado 2022-2023

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

Prazo de presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 21 de marzo

  • Documento para solicitude de admisión (Anexo II ou cubrir na aplicación admisión alumnado da xunta, se se cubre pola aplicación se pode imprimir e entrgar en man na escola ou mediante a sede electrónica, formulario ED 550B)
  • Fotocopia do libro de familia

 

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido:

Antes do 25 de abril.

Unha vez publicadas estas listaxes, haberá un prazo de 5 días hábiles para formular reclamación ante o Consello Escolar do centro.

 

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido:

Antes do 15 de maio

Unha vez publicadas estas listaxes, haberá un prazo de 1 mes para interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial.

MATRÍCULA 

Unha vez que o alumno ou alumna é admitido no centro, é necesario formalizar a matrícula.

Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2022

  • Documento de formalización de matrícula (Anexo III-1)
  • 4 fotografías tamaño carné (co nome e apelidos escritos por detrás)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (nun folio sen recortar)
  • Impreso de opción relixiosa
  • Impreso de transporte escolar e autorización para o tratamento dos datos (só no caso de corresponderlle o uso do transporte escolar)
  • Impreso de recollida de datos

 

AnexoTamaño
admisión 2022-2023.pdf121.54 KB
ED550B-G-20222023.pdf1.31 MB


page | by Dr. Radut