Prezadas familias,
A Directiva da Anpa San Xulián convoca a tódolas familias a unha Asamblea extraordinaria que terá lugar o vindeiro Venres día 27 de Novembro do 2020, ás 17.00 horas en primeira convocatoria e ás 17.30 en segunda convocatoria no torreiro, diante do CEIP Feliciano Barrera.
O motivo desta reunión son os seguintes puntos:
1. Modificación dos Estatutos
2. Modificación da Xunta Directiva
3. Rogos e preguntas
Unha vez rematemos a Asamblea extraordinaria, comezará unha Asamblea ordinaria coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Cambio póliza seguro R.Civil
3. Cambio de Asesoría
4. Posibles cambios na adscrición do CEIP Feliciano Barrera
5.
Rogos e preguntas
Esperando a vosa asistencia.
Un saúdo
A Directiva da Anpa “San Xulián”
Anexo | Tamaño |
---|---|
Convocatoria asamblea socios.docx_.pdf | 24.74 KB |