Skip to Content

Convocatoria Asamblea Ordinaria

              

Prezadas  familias

 

           A Directiva da Anpa “San Xulián” convoca a tódolos socios/as a unha Asamblea ordinaria que terá lugar o vindeiro Venres, día 23 de Abril de 2021, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e as 18:00 horas en segunda convocatoria no torreiro, diante do CEIP Feliciano Barrera. No caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan, reunirémonos no patio pechado do CEIP Feliciano Barrera.

 

           O motivo desta reunión son os seguintes puntos:

                     

  • Lectura e aprobación da acta anterior
  • Presentación e propostas de posibles inversións por parte da Anpa
  • Realización de extraescolares coa Fundación Guláns na Casa Cultural "Avisoureira" e cobro das mesmas
  • Cota de socios/as : Datas, formas de cobro e información sobre a entrega de carnet socio/a Anpa xunto coa correspondente axenda
  • Posible adquisición axendas curso 2020/2021 con empresa galega
  • Información estado do "Proxecto remodelación do torreiro de Guláns" por parte do Concello
  • Incorporación de novas familias na Anpa e ampliación da Xunta Directiva
  • Rogos e preguntas  

 

 Esperando a vosa asistencia

Un saúdo 

A Directiva da Anpa “San Xulián” 

                                                                                                                                  

AnexoTamaño
Asamblea 2.pdf331.41 KB


blog | by Dr. Radut