Skip to Content

ANPA

Oferta Extraescolares Curso 2020-2021

Queridas familias,

a continuación tendes o dosier coas actividades extraescolares programadas para o vindeiro curso, están ao final da páxina, no Anexo.

Esperamos que sexan do voso agrado.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes poñervos en contacto connosco a través do correo electrónico, whatsapp ou teléfono.

 

Sen máis, desexámosvos que disfrutedes do verán e o pasedes xenial.

Voltaremos o próximo curso coas enerxias renovadas.

 

Anpa San Xulián de Guláns

anpasanxulian@hotmail.es

658 19 59 99

 

Saúdos.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

 

Estimad@s nais e pais: como cada ano, temos diversas actividades extraescolares para @s vos@s fill@s,  que ofertamos a través da empresa Educaocio, e que se levan a cabo no CEIP Feliciano Barrera. Para iso,  faise unha pre-inscripción, e unha vez consolidados horarios e o número mínimo de alumnos/as, procédese a polas e funcionamento.

Os horarios e prezos das actividades son os seguintes:

 

  • Inglés Trínity. Luns de 16:00 a 17:30 hrs. Prezo 12 € soci@ / 15 € non soci@, por mes.

  • Robótica Educativa. Mércores de 18:00 a 19:00. Prezo: 14,50 € soci@ / 18 € non soci@, por mes.

  • Informática. Xoves de 16:00 a 17:00. Prezo: 9,50 € soci@ / 12 € non soci@, por mes.

 

Certamente sentímonos agradecidos do éxito que ditas actividades teñen no entorno do alumnado.

 

Lembrade que vos podedes facer soci@s da ANPA por so 15 € anuais.

Grazas.

 

Correo electrónico: .

anpasanxulian@hotmail.com

Páxina Web https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfelicianobarrera/taxonomy/term/31

TELÉFONO: 658195999

 

Anpa San Xulián

A Asociación de nais e pais de alumnos/as San Xulián, do Ceip Feliciano Barrera, é unha plataforma de coraboración e participación, establecéndose un vínculo entre profesorado e familias do centro en todo o que concerne á educación do alumnado.

É por iso que establecemos os seguintes fins:

  • Programación de actividades.
  • Promover e supervisar o correcto funcionamento das iniciativas que se fagan.
  • Coraborar nas actividades educativas do centro.
  • Organizar actividades de tipo social, educativo, cultural, recreativo, deportivo e outras previstas, que sexan de proveito para cousas pertencentes a Anpa, así como os/as demáis compoñentes da comunidade educativa do centro.
  • Asesoramento, mediación e apoio para as familias do alumnado do centro.
  • Fomentar as relacións de cooperación do centro con outros establecementos escolares e sectores sociais e culturais do seu entorno.
  • Promover e asegurar a efectiva igualdade de dereito de todo o alumnado, para eliminar calquera discriminación de tipo socioeconómico, ideolóxico, relixioso ou sexual.
  • Formar parte con representación propia no consello escolar do centro.

 

Para a Anpa San Xulián, haberá moitas formas de entender a escola, pero a principal é tendendo unha ponte entre o profesorado e as familias do alumnado, para así ter unha educación pública de calidade.

Unha escola; a nosa, rural e de calidade, froito dun entorno favorecedor.

Xuntos/as estámolo conseguindo.

 

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut