Lexislación
O Ministerio de Educación sitúa a Galicia como a terceira comunidade con mellor proporción de alumnos por profesor
Summary:
Vén de publicar un novo informe no que a rateo de estudantes por docente na nosa Comunidade é de 9,9, mentres que no conxunto de España se sitúa en 11,3
Idioma GallegoO Ministerio de Educación, FP e Deportes volve a situar a Galicia á cabeza no número de alumnos por profesor. No informe Datos y cifras curso escolar 2024/2025 que vén de publicar esta semana, a nosa Comunidade é a terceira que conta con menos alumnos por profesor nas ensinanza de réxime xeral non universitarias, tan só por detrás de Cantabria e Estremadura.
Como indican os datos do Ministerio, a proporción de alumnos por profesor en Galicia é de 9,9, mentres que o dato do conxunto de España é de 11,3. Así o expuxo hoxe o conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, durante unha visita as obras de mellora do Colexio CEIP de Vite, en Santiago de Compostela, unha das 2700 intervencións que a Xunta leva a cabo a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica 2021-2024 cun investimento de 278 M€ para modernizar os centros.
Os datos que vén de publicar o Ministerio corresponden ao curso 2022/23, polo que nas seguintes estatísticas do Ministerio aínda é previsible que se mellore esta taxa grazas ao acordo asinado coas organizacións sindicais. De feito, no curso 2022/23 Galicia contaba con 30.571 profesores, cifra inferior aos 31.603 docentes que integran o plantel este curso. Namentres, durante este período a cifra de alumnado baixou consecutivamente.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez garante o compromiso da Xunta de Galicia para apoiar o talento científico
Summary:
O conselleiro Ciencia clausura a xornada ‘Encontro polo talento’ organizada por Celera
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na clausura da xornada Encontro polo talento, organizada por Celera. Unha cita que reúne a entidades e particulares ligados coa investigación, o talento e o emprendemento de todo o país, algo que destacou o representante da Xunta pola importancia “de traballar todos en conxunto, tanto a Administración como o sector privado, para reforzar o talento”.
Román Rodríguez afirmou que o coñecemento e o talento “son a nova riqueza das nacións”. Por iso, a Xunta de Galicia traballa para promovelos en todo o ecosistema de I+D+i galego con diversas iniciativas como o programa Oportunius, que xerou xa máis de 100 postos de traballo e un retorno de 88 M€, ou Ignicia, co que se fomenta a transferencia de resultados de investigación ao mercado, apoiando o talento emprendedor.
Con estas medidas “queremos, non só contar con investigadores excelentes, senón tamén que formen, manteñan e enriquezan os seus equipos en Galicia para facer desta terra un referente de talento”, destacou o titular de Ciencia no Encontro polo talento.
Dous galegos entre os 10 mozos españois con máis talentoA cita busca inspirar, achegar coñecemento e crear lazos de unión entre entidades. Faino a través de historias como as dos galegos Manuel Rico, estudante de Medicina, e Ana Simoneta, graduada en Dereito, ambos seleccionados entre os 10 mozos españois con máis talento ao abeiro do programa científico de Celera. Este programa naceu fai unha década co obxectivo de identificar a mozos con talento de España para dotalos das ferramentas axeitadas coas que potenciar as súas capacidades persoais e profesionais.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta de Galicia completa as obras de mellora da accesibilidade no colexio CEIP de Vite I, en Santiago
Summary:
O conselleiro Román Rodríguez supervisa a intervención, cun investimento de case 120.000€, para facilitar o acceso ás pistas exteriores e á zona verde
O Goberno galego está a investir 5,5 M€ en grandes obras en 13 centros da cidade, ao que se engade as pequenas intervencións en 16 centros durante este verán
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o CEIP de Vite I, en Santiago de Compostela, para comprobar o resultado das obras de mellora da accesibilidade, xa finalizadas. Cun investimento de case 120.000€, esta intervención enmárcase no compromiso para garantir uns centros educativos máis accesibles.
A actuación permitiu instalar ramplas que melloran o acceso ás pistas exteriores e á zona verde do colexio, facilitando a entrada desde a planta primeira do edificio ata as instalacións exteriores. Con esta mellora, a totalidade da comunidade educativa, composta por máis de 200 persoas, poderá dispoñer dun acceso máis cómodo e seguro.
Román Rodríguez destacou que a aposta da Xunta pola educación pública “vai máis aló da formación académica, centrando tamén os seus esforzos en crear espazos escolares confortables, seguros e adaptados a todas as necesidades. Este tipo de actuacións reforzan ese compromiso”. Para iso, está en marcha o Plan de Nova Arquitectura 2021-2024, dotado cun investimento de 278 M€ para realizar 2700 obras en toda Galicia.
Máis confort e sustentabilidadeNo caso de Santiago, o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica inclúe a reforma, ampliación e modernización de 13 centros da cidade cun importe de máis de 5,5M€. Ademais destas actuacións, durante o verán tamén se realizaron obras enmarcadas no Plan de Benestar e Accesibilidade na Escola (BEN_Estar 2024), que se enfocaron en acadar un maior confort e sustentabilidade en 16 centros da capital, cunha contía de 370.000€.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalUn total de 41 centros de FP integrarán este curso a rede que potencia a súa relación coas empresas
Summary:
O conselleiro de Educación supervisa as actuacións de ampliación do CIFP Fraga do Eume, uno dos centros que forman parte desta rede na Formación Profesional
A Xunta abre o prazo das axudas para estudantes que realicen estadías no estranxeiro e do programa Eduemprende, que promove a cultura do emprendemento
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o Centro Integrado de FP CIFP Fraga do Eume, no concello de Pontedeume, un dos 41 centros que este curso integrarán a Rede Galega de Dinamización da Relación con Empresas, unha iniciativa que permite potenciar o contacto entre os centros e o tecido produtivo da súa contorna.
A ferramenta forma parte das medidas coas que a Xunta fortalece o modelo galego de FP, en cuxos centros tamén se están a levar numerosas reformas. É o caso do CIFP Fraga do Eume, onde o conselleiro supervisou as obras de ampliación da cociña e o comedor dos ciclos de Hostalería e Turismo no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.
A Rede Galega de Dinamización da Relación con Empresas ten como obxectivo promover un achegamento entre a Formación Profesional e as empresas, atendendo ás necesidades de persoal dos diferentes sectores produtivos e favorecendo a mellora da competitividade e o desenvolvemento do tecido produtivo. Esta rede actúa como un punto de unión entre o empresariado e os centros de FP, establecendo unha canle de comunicación directa entre administracións, centros educativos e empresas.
Neste curso, 41 centros de FP integrarán esta rede. A maior parte deles (18) son da provincia de A Coruña, mentres que hai 11 en Pontevedra, oito en Ourense e catro en Lugo.
Concello
Centro
A Coruña
IES Fernando Wirtz Suárez
A Coruña
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto
A Coruña
CIFP Someso
A Coruña
IES A Sardiñeira
A Coruña
CIFP Imaxe e son
A Coruña
CIFP Paseo das Pontes
As Pontes de García Rodríguez
IES Plurilingüe Castro da Uz
Carballo
IES Monte Neme
Cee
IES Fernando Blanco
Culleredo
CIFP Universidade Laboral
Ferrol
CIFP Ferrolterra
Ferrol
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Ferrol
CIFP Leixa
Pontedeume
CIFP Fraga do Eume
Ribeira
CIFP Coroso
Santiago de Compostela
CIFP Politécnico de Santiago
Santiago de Compostela
CIFP Compostela
Santiago de Compostela
IES A Pontepedriña
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Lugo
CIFP As Mercedes
Monforte de Lemos
IES A Pinguela
Ribadeo
CIFP Porta da Auga
O Barco de Valdeorras
IES Lauro Olmo
O Carballiño
IES Manuel Chamoso Lamas
Ourense
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
Ourense
IES Universidade Laboral
Ourense
CIFP A Farixa
Ourense
CIFP Portovello
Verín
IES García-Barbón
Vilamarín
CIFP de Vilamarín
A Estrada
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
Ponteareas
CIFP A Granxa
Pontevedra
CIFP Montecelo
Pontevedra
CIFP A Xunqueira
Pontevedra
CIFP Carlos Oroza
Vigo
IES A Guía
Vigo
IES Politécnico de Vigo
Vigo
CIFP Manuel Antonio
Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade
Vigo
CIFP Audiovisual de Vigo
Vilagarcía de Arousa
CIFP Fontecarmoa
Transición da vida académica á laboralA Consellería de Educación vén tamén de abrir a convocatoria para outros dos seus programas de Formación Profesional: Eduemprende e Erasmus+.
No caso de Eduemprende, o obxectivo é promover a cultura do emprendemento entre o alumnado e facilitar a transición da vida académica á laboral. O prazo de solicitudes está aberto ata o 10 de outubro, e os centros interesados deberán presentar as súas solicitudes na Sede Electrónica da Xunta.
Os distintos programas do Plan Eduemprende están dirixidos a alumnado de ciclos formativos de grao medio ou grao superior das ensinanzas de Formación Profesional, ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño e de Bacharelato coa materia de Economía.
O plan divídese en tres liñas de actuación, cunha ducia de programas. A primeira delas, de fomento da cultura emprendedora, busca motivar ao alumnado para desenvolver habilidades como a creatividade, a innovación e a iniciativa para xerar ideas e proxectos.
A segunda liña de actuación, de desenvolvemento de habilidades empresariais, céntrase en ensinar conceptos fundamentais de negocios, xestión, márketing, finanzas e outras áreas clave para emprender con éxito. Finalmente, a terceira liña está centrada na conexión co mundo empresarial e busca establecer vínculos co mundo empresarial, ofrecendo oportunidades de mentorización e colaboracións con empresas para brindar ao alumnado unha visión máis realista e práctica da contorna empresarial.
Formación en países estranxeirosAdemais, tamén se publicou a convocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado de FP de grao básico e grao medio no curso 2024-2025, co obxectivo de que os estudantes realicen estadías no exterior. As axudas financiarán tanto a viaxe como a estancia dos estudantes. O alumnado interesado deberá presentar a solicitude no seu centro educativo, xunto coa documentación acreditativa, dentro dos prazos establecidos.
O alumnado que reúna os requisitos para participar nestas convocatorias poderá realizar a mobilidade tanto nos 33 países europeos pertencentes ao programa, como nalgún dos 169 países non asociados ao programa, repartidos entre os cinco continentes.
Ao abeiro destas axudas, os estudantes poderán realizar mobilidades educativas de curta duración (10 a 89 días) e de longa duración (90 a 365 días). En calquera caso, a estadía no estranxeiro dedicarase a realizar prácticas formativas relacionadas coas ensinanzas cursadas nunha empresa ou noutra organización activa no ámbito da FP.
Estes tres programas forman parte do traballo que a Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades ten previsto durante este curso, co obxectivo de afianzar os bos resultados da Formación Profesional en Galicia, que se traduce en taxas de inserción laboral do 85% na modalidade xeral e de ata o 100% na FP Dual.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA ampliación do CIFP Fraga do Eume rematará este outono para reforzar as ensinanzas do sector hostaleiro e turístico
Summary:
Román Rodríguez explica que a ampliación da cociña e do comedor, cun investimento de 365.000€, así como doutras melloras, avanzan a bo ritmo
“Queremos formar aos mellores profesionais que o sector hostaleiro e turístico e fortalecer este centro como unha referencia na comarca de Ferrolterra”, afirma
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, supervisou hoxe o desenvolvemento das obras de ampliación do Centro Integrado de FP Fraga do Eume. A intervención, cun investimento de 365.000€, avanza de maneira satisfactoria e está previsto que estea finalizada durante este outono.
“As obras de ampliación avanzan a bo ritmo. Seguramente a principios de novembro estarán xa en perfecto estado tanto a ampliación da cociña como do comedor”, detallou. O titular de Educación da Xunta afirmou que a intención do seu departamento é “formar aos mellores profesionais que o sector hostaleiro e turístico merecen”. “Estase fortalecendo a familia profesional destas ensinanzas para ser un centro de referencia no conxunto de Galicia e, por suposto, na comarca de Ferrolterra”, engadiu.
Durante a visita, o conselleiro destacou que esta actuación representa un compromiso cumprido coa comunidade educativa de Pontedeume, despois de que o centro se convertese nun centro integrado de FP no curso 2021/2022. De feito, as obras de ampliación e reforma do interior do centro súmanse á recente mellora de talleres como o da lavandería de lencería, destinado ao Ciclo Superior de Xestión de aloxamentos turísticos, o que supón un avance para o conxunto do centro.
"Estas ampliacións e reformas permitirán dotar á FP en Pontedeume de máis e mellores espazos, reforzando unha familia profesional que sustenta un sector produtivo clave neste concello", sinalou o conselleiro. Neste sentido, Román Rodríguez subliñou que o CIFP Fraga do Eume conta neste curso 24/25 cunha cifra provisional de 273 alumnos.
Fases posterioresA ampliación do centro reafirma o compromiso da Xunta co impulso á FP en Galicia e coa empregabilidade do alumnado, facilitando, entre outros aspectos, o acondicionamento do comedor para os ciclos de hostalaría.
Esta ampliación forma parte dunha reforma máis ambiciosa que contará cunha segunda fase, destinada á remodelación de todos os talleres e cociñas de hostalaría, cun orzamento superior a 650.000€.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalTres estudantes representan a Galicia en Lyon na maior competición internacional de FP
Summary:
Trátase de Ezequiel Soto, do IES San Clemente de Santiago; María Bazar, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, e de Laura Pereira, do CIFP Manuel Antonio de Vigo
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, acompaña os alumnos que están a competir nas modalidades de Desenvolvemento web, Panadaría e Recepción hoteleira
Idioma GallegoTres estudantes da FP galega participan estes días en Lyon (Francia) no campionato Worldskills 2024, as olimpíadas internacionais da Formación Profesional. Estes mozos, que representan a Galicia no certame, están acompañados pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez. “Están demostrando que a nosa FP é un modelo con gran potencial”, sinala a representante da Xunta de Galicia, quen remarca “o orgullo que supón para o noso ensino que teñan chegado ata aquí”.
Ezequiel Soto, do Instituto IES San Clemente de Santiago, compite na modalidade de Desenvolvemento web; María Bazar, do Centro Integrado de FP CIFP Paseo das Pontes da Coruña, en Panadaría, e Laura Pereira, do Centro Integrado de FP CIFP Manuel Antonio de Vigo, faino en Recepción hoteleira. Eles tres, acompañados por profesores e representantes da Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades, están a demostrar neste campionato internacional a calidade da Formación Profesional galega.
Representación de 70 paísesA cidade francesa acolle a 47ª edición dos Worldskills, que arrincou o 10 de setembro e que se prolongará ata este domingo, 15 de setembro. Centrada na sustentabilidade, esta edición conta con 59 modalidades de competición e tres exhibicións nas que participarán máis de 1.400 competidores e 1.300 expertos representando a 70 países e rexións.
Galicia participa activamente desde o ano 2007 nas distintas edicións das competicións nacionais e internacionais de Formación Profesional, Spainskills, Worldskills e Euroskills. Ademais, desde o ano 2012 organízase o campionato autonómico, Galiciaskills.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalProfesores de 14 comunidades autónomas visitan Galicia para coñecer o noso modelo educativo e mellorar as competencias profesionais docentes
Summary:
Román Rodríguez fai fincapé na necesidade de ofrecer aos docentes as ferramentas formativas necesarias para afrontar os retos de futuro
Pon a disposición o traballo que Galicia desenvolve desde 2017 neste eido co primeiro marco competencial acordado coas facultades de formación do profesorado
Avoga por unha “visión integral” en tres ámbitos: actuando desde as universidades, na formación continua e no acceso á profesión docente
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, deu a benvida esta mañá aos docentes de 14 comunidades autónomas que se atopan en Galicia para coñecer o noso sistema educativo e participar nas Xornadas de deseño do Marco Competencial Docente, organizadas pola Xunta en colaboración co INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado).
Logo de agradecer a elección de Galicia para avanzar no deseño desta folla de ruta da formación do profesorado, Román Rodríguez expresou o seu compromiso de contribuír ao debate estatal sobre a mellora das competencias docentes aportando “todo o traballo que na nosa Comunidade xa vimos desenvolvendo desde o ano 2017”, cando a Xunta, en colaboración coas sete facultades de Ciencias de Educación e de Formación do Profesorado galegas, deseñou o primeiro marco competencial neste eido que permitiu un cambio no plan de estudos enfocado aos retos de futuro aos que se teñen que enfrontar os docentes cando se incorporan ás aulas.
Atención a novas realidadesNa súa intervención, o conselleiro fixo fincapé en que para avanzar nun sistema educativo de calidade, equitativo e que garanta a igualdade de oportunidades é primordial “anticiparnos aos retos de futuro como son os desafíos demográficos, sociais e tecnolóxicos”. “E para iso -abondou- os docentes son a nosa clave de bóveda e teñen que contar non só con coñecemento, senón tamén saber facer uso dese coñecemento aplicado ás novas realidades que xorden como a diversidade, a integración de alumnos de fóra, as novas ferramentas tecnolóxicas ou o uso da intelixencia artificial no proceso educativo”.
Nesta liña, aposta por unha “visión integral” en tres ámbitos: desde as universidades onde se forman os futuros profesores actuando nos plans de estudos “como fixemos en Galicia”, desde a formación continua unha vez que chegan as aulas con plans anuais de formación en liña cos programas educativos que se implantan e tamén no acceso á función pública afondando en novas fórmulas de selección “dos mellores”.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez dá a benvida ao Premio Nobel Klaus von Klitzing nun encontro científico sobre física
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, deu a benvida hoxe a Galicia ao Premio Nobel Klaus von Klitzing, físico e profesor universitario alemán que recibiu esta distinción polo descubrimento do efecto Hall cuantificado. Fíxoo durante o encontro científico Física para o coñecemento e tecnoloxía, que se celebrou no Instituto de Materiais (iMatus), no marco do Programa ConCiencia da Universidade de Santiago, que coordina Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo . Este programa de divulgación científica achega á capital galega a premios Nobel para reforzar o papel de Galicia no mundo científico.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta apoia o desenvolvemento da actividade investigadora do CIMUS con 2,7M€
Summary:
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitan este centro de investigación
O financiamento permitirá reforzar a medicina de precisión e avanzar no desenvolvemento de novas terapias contra enfermidades crónicas
Idioma GallegoO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe as instalacións do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC para coñecer o traballo que están a realizar os seus 199 investigadores. O CiMUS é un referente internacional no estudo de enfermidades crónicas como a obesidade, patoloxías cardiovasculares, neurodexenerativas e cancro, grazas ao seu enfoque multidisciplinar e colaborativo.
O compromiso da Xunta de Galicia con este centro permitirá consolidar os proxectos en marcha, impulsar novas liñas de investigación e fortalecer o enfoque en medicina de precisión e investigación transnacional. Entre os avances tecnolóxicos máis destacados atópanse o desenvolvemento de plataformas avanzadas como o nanodelivery (uso de nanopartículas para o transporte de fármacos) e a secuenciación a nivel de célula única, que supoñen un salto cualitativo no tratamento personalizado de doenzas crónicas.
Os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional subliñaron a importancia de seguir fomentando a colaboración entre o ámbito investigador e o empresarial, coa finalidade de promover a transferencia tecnolóxica e situar o CiMUS como líder na creación de novas terapias e fármacos.
Fitos científicos e tecnolóxicosO CiMUS, creado en 2011, mantén un sólido compromiso coa excelencia científica, destacándose pola súa capacidade para captar fondos competitivos. Cabe salientar, a incorporación do CIMUS á Rede de Centros de Investigación en Excelencia da Xunta de Galicia no ano 2019, e renovada no ano 2024, que o dota dunha perspectiva de estabilidade a longo prazo imprescindible para a posta en marcha da súa ambiciosa estratexia. Deste xeito, a Xunta de Galicia apoiará o desenvolvemento da súa actividade con máis de 2,7M€ ata o ano 2027, favorecendo a estabilidade económica dos seus proxectos.
Entre 2020 e 2023, obtivo máis de 25 millóns de euros en proxectos e asinou 140 contratos con empresas, que suman 13,4 millóns de euros adicionais. Neste período, os investigadores do centro publicaron centos de artigos en revistas de alto impacto como Cell, Nature e Science.
Destaca a plataforma de descubrimento de fármacos Innopharma, unha das oito Plataformas de Altas Capacidades do Consorcio Europeo de Infraestruturas de Investigación Europea (ERIC EU-Openscreen) e que dispón dunha das quimiotecas máis importantes de España e Europa. A Xunta de Galicia achegou 5 millóns de euros nos últimos tres anos, de fondos europeos REACT-UE dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, para a adquisición e actualización do equipamento científico-tecnolóxico e a contratación de persoal especializado. A maiores, o Goberno galego leva inxectado neste centro de investigación máis de 6,6M€ para apoiar a súa actividade.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRueda anuncia un novo plan de investimentos para mellorar as infraestruturas educativas ata 2028 dotado cun orzamento inicial de máis de 210 M€
Summary:
Destaca as obras de rehabilitación dun “edificio emblemático e con moita historia” coma o IES Valle-Inclán nas que a Xunta inviste 4,7 M€
Salienta que o curso escolar 2024-2025 é o primeiro no que Galicia aplica a gratuidade en todas as etapas educativas desde as escolas infantís ata a universidade
O novo curso arranca cun incremento récord de profesorado, a redución dos rateos ou a mellora da atención á diversidade
Idioma GallegoO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo fincapé hoxe no éxito do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, iniciado en 2021, “para adaptar os diferentes edificios ás novas necesidades” do ensino público e anunciou un novo plan de mellora das infraestruturas educativas “para os vindeiros tres anos” que contará cun orzamento inicial de máis de 210 millóns de euros. O obxectivo é poder levar a cabo preto de 200 intervencións no período 2025-2028.
Así o salientou durante unha visita ao IES Valle-Inclán de Pontevedra, na que estivo acompañado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, coincidindo co inicio do novo curso académico. Este mesmo centro está a ser obxecto, a través dun investimento público de 4,7 M€. O presidente fixo fincapé na importancia desta rehabilitación -que estará rematada a principios do ano que vén- xa que se trata “dun edificio emblemático e con moita historia”.
O titular do Goberno galego quixo aproveitar para destacar a importancia do labor docente ao mesmo tempo que salientou os avances no sistema educativo galego nas últimas décadas, facendo referencia aos logros en excelencia, equidade e innovación. Cómpre destacar os bos resultados obtidos polos estudantes galegos no informe PISA e a redución da taxa de abandono escolar a mínimos históricos –apenas supera o 9 %–, así como a posición de Galicia como líder en equidade a nivel nacional e unha das comunidades autónomas mellor equipadas tecnoloxicamente.
Gratuidade en toda a etapa escolarNeste contexto, Rueda lembrou que o curso escolar 2024-2025 será o primeiro no que Galicia implanta a “absoluta gratuidade” no ensino público “desde os inicios ata a universidade”.
Ademais, outras das novidades para este curso, froito dun acordo histórico cos sindicatos, son o incremento récord do profesorado, a redución dos rateos nun 20 %, a mellora da atención á diversidade ou o Plan MEGA, orientado a fomentar o éxito escolar do alumnado con medidas como a atención ás necesidades educativas especiais, entre outras.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalGalicia contará este curso con 31.603 profesores, a cifra máis alta da historia no ensino da comunidade
Summary:
Román Rodríguez sinala que o récord de docentes “é o resultado de distintas medidas e do compromiso da Xunta coa mellora continua na atención ao alumnado”
Explica que Galicia inicia este curso “a maior modernización do sistema educativo en 30 anos”, que avanzará progresivamente grazas ao histórico acordo sindical
Celebra que Galicia sexa “a primeira comunidade autónoma -e a única polo de agora- cun ensino público gratuíto desde as escolas infantís ata a Universidade”
Menos alumnos por aula, máis atención á discapacidade, coidado do rural e reforzo das Matemáticas e da lectura, entre as principais novidades deste curso
O maior investimento por alumno, os resultados de PISA ou a caída do abandono escolar son algúns dos datos que certifican a boa saúde da educación galega na súa aposta pola igualdade de oportunidades, a cultura de esforzo e a excelencia
Idioma GallegoGalicia contará este curso cun total de 31.603 profesores, a cifra más alta da historia no ensino da Comunidade. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, quen compareceu no Pleno do Parlamento, a petición propia, para informar sobre as políticas educativas no inicio do curso escolar 2024-2025 que arranca mañá na Comunidade con 307.854 estudantes, 3.289 menos, especialmente nas etapas de Infantil e Primaria.
Este récord de docentes demostra a aposta do Goberno galego polo ensino baixo o liderado do seu presidente, Alfonso Rueda, e “é o resultado de distintas medidas que introducimos no sistema e do compromiso da Xunta coa mellora continua na atención ao alumnado”, afirmou Román Rodríguez. Aumenta o profesorado e o número de aulas malia ter menos estudantes grazas á batería de melloras que se estrean e que, como explicou, abren o proceso “de maior modernización do ensino galego dos últimos 30 anos”.
Esta cifra podería experimentar aínda algunha lixeira variación consecuencia de xestións finais, pero o conselleiro quixo compartila xa no Parlamento tal e como comprometeu durante o mes de agosto, un tempo no que os equipos técnicos non deixaron de traballar na preparación do curso. A eles, e a todos os profesionais que xa agardan a chegada do alumnado nos centros, transmitiulles o seu agradecemento e desexoulles un bo curso.
Enorme avance no último cuarto de século“Superado o primeiro cuarto do século XXI, é o momento de sentar as bases da que será a educación galega do futuro”, expuxo Román Rodríguez. Antes de explicar cal será a folla de ruta, repasou os avances conseguidos nos últimos 25 anos, nos que Galicia consolidou “un modelo educativo propio que funciona” e que se basea “na igualdade de oportunidades, na cultura do esforzo e na excelencia e que está avalado polos resultados”.
Neste senso, enumerou cifras como o investimento, que medrou ata os actuais 3.000M€ e que sitúa a Galicia como unhas das comunidades que máis inviste por alumno, con case 1.000€ máis que a media española. E no apartado dos resultados, citou variables como o informe PISA, onde pasamos de estar por debaixo da media de España e da OCDE a liderar ámbitos como o científico, o pensamento creativo ou a equidade; e o abandono escolar, que diminuíu de case o 30% no 2000 ao actual 9%, o que nos coloca de novo nos primeiros postos estatais. Tamén o nivel de inglés ou a FP, cuxa inserción laboral medrou dun 30% no 2009 ao 85% actual, con case o dobre de estudantes dos que había entón.
“Estas cifras son froito de políticas estables, dunha visión a longo prazo e, por suposto, do traballo e do compromiso dos membros da comunidade educativa”, resumiu.
Cinco liñas mestras para un novo camiñoO conselleiro pasou entón a explicar “o novo camiño” que inicia este curso o ensino galego grazas ao histórico pacto asinado hai un ano con tres das catro organizacións sindicais representadas na Mesa Sectorial, a quen novamente agradeceu a súa altura de miras para acadar puntos de acordo que garantan a mellor educación a curto, medio e longo prazo e permitir o inicio de curso “coa maior batería de medidas e novidades en décadas”.
Precisamente este acordo é a primeira das cinco liñas coas que Galicia vai planificar a educación do futuro, adiantándose ao resto de España. Aí atópanse medidas como a mellora das rateos, cun 20% menos de alumnos por aula para dar unha mellor atención, e que este curso mantén abertas máis de 200 aulas que pecharían coas vellas rateos.
A mellora comeza xa en 4º de Infantil, que pasa dun máximo de 25 a 20 alumnos, e irase estendendo progresivamente ao resto de niveis, que xa se benefician doutras medidas que consolidan a Galicia como unha das comunidades con mellores rateos medias. Como lembrou, a nova lei educativa estatal foi unha oportunidade perdida neste senso, pois non modificou as rateos, de aí que Galicia decida agora adiantarse e facelo por si mesma.
Medidas pioneiras en España na atención á diversidadeA segunda das liñas é o Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, aprobado a semana pasada polo Consello cun investimento de máis de 77M€. Del derívase o reforzo de docentes para alumnado con necesidades educativas especiais e vulnerable. Nese senso, recordou que Galicia se adianta ao resto de España ao computar de maneira especial o alumnado discapacitado, que contará por dous o por tres en función da súa situación.
Galicia xa era a comunidade máis inclusiva do Estado –como acreditan os datos do Ministerio de Educación– “e agora damos un novo paso incorporando unha medida pioneira en España que non existe en ningunha outra comunidade autónoma”.
O Plan MEGA tamén vai permitir o reforzo das Matemáticas e da lectura, o impulso dunha rede de centros referentes que sexan exemplos destacados en diversos campos e un programa de apoio para o alumnado estranxeiro que chega a Galicia. “Non só aspiramos a mellorar o rendemento académico, senón tamén a crear un ambiente que fomente o desenvolvemento integral de cada estudante”, declarou o conselleiro.
Máis de 278M€ e 2.700 obras para mellorar os centrosO Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, cunha renovación dos centros educativos sen procedentes, é a terceira das liñas. A Xunta leva investidos no período 2021-2024 máis de 278M€ en case 2.700 obras, cun novo modelo de arquitectura onde todo está ao servizo da aprendizaxe, facilitando espazos máis versátiles e mellor equipados para traballar en base a novas metodoloxías e propiciando unha maior eficiencia enerxética.
Este plan está a permitir a ampliación de 43 centros en toda a Comunidade e a construción do novo colexio do Milladoiro, en Ames, que vén de ser licitada. Respóndese así ás necesidades de matrícula en zonas con maior dinamismo demográfico, como se ten feito cunha vintena de centros desde 2009 cun investimento de 94M€. Ante isto, reclamou unha vez un Plan Nacional de Infraestruturas Educativas ao Ministerio de Educación.
Alongar á escolarización como mínimo ata os 18 anosEn cuarto lugar, Román Rodríguez abordou un novo impulso á Formación Profesional a través do novo Plan FPGal360 –outro compromiso electoral en marcha– co obxectivo do “de que ningún cidadán chegue aos 18 anos sen algún tipo de titulación que o habilite para entrar no mercado laboral” e afondar na redución do abandono escolar en Galicia.
En paralelo, continuarase co Plan Conecta, que este ano permite crear 46.714 prazas de novo ingreso para que todas as persoas que queiran cursar FP poidan facelo. Ao respecto, lembrou que segue aberto o período de matrícula e animou a inscribirse. Unha vez remate este período –avanzou–, a Consellería estará en disposición de facer balance.
Aforro de ata 3.000€ por fillo nas familiasCompletan estas cinco liñas o reforzo integral das políticas de apoio ás familias. “Galicia xa é, deste curso, a primeira comunidade autónoma –e a única polo de agora– cun sistema educativo público gratuíto desde as escolas infantís ata a Universidade”, salientou.
Ás medidas xa en marcha desde hai varios anos, súmase agora a gratuidade da Universidade, o que permite un aforro medio por fillo de 3.000€. “O sistema educativo ten un poder transformador e é un dos recursos máis importantes dos que dispoñemos as administracións para dar as mesmas oportunidades a todos os cidadáns”, opinou o conselleiro sobre esta nova medida coa que se cumpre outro compromiso electoral.
A maiores, lembrou todo o abano de iniciativas coas que a Xunta aforra 100M€ ás familias galegas, como as axudas de libros de texto a material escolar, o reparto de 400.000 libros de balde, a conxelación dos prezos dos comedores ou a gratuidade do transporte, dous servizos estes últimos nos que Galicia inviste moito máis que a media española.
Maior investimento e proximidade no ruralRomán Rodríguez dedicou un apartado especial ao ensino rural, no que Galicia é un referente de proximidade a pesares da dispersión xeográfica ao contar con centros de Infantil e Primaria en máis do 90% dos concellos fronte á media de España do 55%. Isto esixe un maior investimento que posibilita que os estudantes teñan as mesmas posibilidades e acaden os mesmos resultados académicos, blindando así a equidade.
Tamén o rural se beneficia das medidas de mellora, ás que se suman algunhas concretas como o feito de manter abertos centros con cinco alumnos cando se aprecie unha evolución positiva da matrícula (aínda que o mínimo por razóns pedagóxicas e de socialización se sitúe en seis) ou a mellora nos agrupamentos. Se ata o pasado curso o número máximo de alumnos de distintos cursos de Infantil que compartían unha mesma aula era de 18, a partir deste curso será de 14, medida que se seguirá ampliando.
Un profesorado renovado e recompensadoNo apartado de melloras, tamén abordou as da carreira profesional docente, que se traduce desde o pasado xaneiro en melloras retributivas para recompensar o esforzo dos docentes, especialmente dos que máis se forman e dos que asumen labores de responsabilidade. Só este ano, estes aumentos supoñen un investimento autonómico de 14 M€. Tamén melloras no horario lectivo, nunha menor burocracia ou na conciliación.
Destas medidas poderán comezar a beneficiarse tamén os 1.256 novos docentes que veñen de obter unha praza nas oposicións realizadas este verán. Engádense ás 18.500 prazas convocadas en distintos procesos desde 2009 e que fan que Galicia teña hoxe a taxa de interinidade docente máis baixa do Estado logo dunha ampla renovación.
Na recta final da súa intervención, Román Rodríguez abordou outras iniciativas centradas na mellora da convivencia, nas linguas estranxeiras ou no ensino dixital, apostando por un modelo híbrido que combine papel e tecnoloxía e que se prepara para o despregamento da intelixencia artificial co obxectivo de aproveitala na administración educativa.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta inviste máis de 278M€ en case 2.700 obras para modernizar e mellorar os centros educativos
Summary:
Rueda salienta que o Goberno galego cumpre co Plan de nova arquitectura pedagóxica 2021-2024, unha folla de ruta “que non tiña precedentes ata o de agora”
Están en marcha o 98 % das intervencións incluídas na planificación, mentres que as restantes están xa comprometidas para a súa próxima execución
Amplíanse 43 centros cun fondo de case 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado en zonas con dinamismo demográfico
As intervencións buscan mellorar o confort de alumnado e profesorado, optimizar o consumo enerxético e dotar os centros de espazos máis actuais
Idioma GallegoO Consello da Xunta analizou hoxe o balance desenvolvido pola Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica no período 2021-2024. Nel, conclúese que o labor de rehabilitación e mellora de colexios e institutos supuxo un investimento de máis de 278 millóns de euros.
Tal e como salientou o presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, “cumprimos con este plan que era moi ambicioso, que non tiña precedentes ata o de agora e que sen dúbida é moi importante na modernización dos centros educativos”.
Segundo destacou o máximo responsable do Goberno galego, “seguimos traballando para facer dos centros educativos públicos en Galicia espazos confortables, accesibles e axeitados ás novas políticas educativas que estamos poñendo en marcha”.
Así, o plan inclúe case 2.700 actuacións para mellorar as instalacións de escolas, colexios, institutos, centros integrados de FP e conservatorios dependentes do Executivo autonómico. Neste momento están rematadas, en execución ou licitadas o 98 % delas, por un importe de máis de 229M€. O 2 % restante xa está comprometido, de tal forma que boa parte xa contan con proxecto encargado ou en revisión para a súa próxima execución. O orzamento inicial para estas actuacións é de 49M€, cifra que se incrementará unha vez que os servizos económicos terminen de perfilar a intervención.
Por provincias, a distribución das actuacións e o seu orzamento é a seguinte:
Provincia
Obras en marcha: rematadas,
en execución ou licitación
Obras comprometidas
Grandes
obras
Obras pequenas
e medianas
Instalacións fotovoltaicas
A Coruña
107 actuacións
861 actuacións
20 actuacións
22 actuacións
64,3M€
12,5M€
566.000 €
20,1M€
Lugo
46 actuacións
367 actuacións
14 actuacións
6 actuacións
27,5M€
7M€
387.000 €
1,1M€
Ourense
28 actuacións
585 actuacións
7 actuacións
8 actuacións
25,8M€
13,1M€
205.000 €
6M€
Pontevedra
132 actuacións
460 actuacións
21 actuacións
11 actuacións
63,2M€
14,2M€
582.000 €
21,8M€
Construción e ampliación
Esta planificación comprende tanto obras de grande envergadura como a dotación de instalacións fotovoltaicas e as intervencións de pequena e mediana envergadura. As primeiras teñen períodos de execución de varios meses, de aí que as actuacións se desenvolvan en convivencia coa actividade escolar, algo no que a Consellería ten moita experiencia como demostra, por exemplo, a ambiciosa rehabilitación integral desenvolta no IES Valle-Inclán de Pontevedra, a de maior importancia con case 5M€. As obras de menor complexidade céntrase maioritariamente no verán, un momento en que se intensifica especialmente a actividade para aproveitar as vacacións do alumnado.
Como grandes obras inclúese a creación de novos centros, como a do Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros (Ourense), o colexio do Milladoiro (Ames) ou o futuro Instituto IES Domingo Villar (Vigo). Estes dous últimos serán os primeiros centros educativos construídos de xeito íntegro baixo os parámetros do plan no que atinxe á accesibilidade, a flexibilidade e á relación coa contorna.
Cómpre salientar tamén as grandes ampliacións, casos que na súa meirande parte supoñen a construción de novos edificios e talleres. En concreto, a Xunta está a ampliar 43 centros de ensino cun investimento de case 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado. Están xa rematadas aos do institutos IES Sanxillao (Lugo, 1,8M€), IES Xesús Ferro Couselo (Ourense, 3,3M€) ou a do Centro Integrado de FP Carlos Oroza (Pontevedra, 2,8M€). Ademais, están xa en marcha outras de gran envergadura como a ampliación do Instituto IES Aquis Celenis (Caldas de Reis, 5,4M€) ou a do Centro Integrado de FP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa, 3,7M€).
Cambio de cubertas, fiestras, iluminaciónAdemais, e no marco do compromiso do Plan de nova arquitectura pedagóxica de avanzar na eficiencia enerxética dos centros educativos, as grandes obras inclúen tamén rehabilitacións integrais e as melloras sectoriais, estas últimas incluíndo cambios de cubertas, de luminarias ou de fiestras, principalmente. Todas elas están encamiñadas a mellorar o confort térmico e acadar destacados aforros no consumo de luz e calefacción.
Neste mesmo marco investíronse case 6,4M€ en dotar os centros educativos de seis instalacións de biomasa e 62 fotovoltaicas. Neste punto destaca a construción de dúas centrais de biomasa: o do rueiro educativo de Lugo que abastece diferentes centros educativos (2,2M€) e a do Colexio CEIP Xesús Golmar (Lalín, 1,1M€).
Aseos, accesibilidade, patiosA maiores, no período 2021-2024 executáronse 2.273 actuacións de pequena e mediana envergadura, orientadas a mellorar as instalacións dos centros e os seus servizos, e que van desde tarefas de pintado ata reformas de aseos, pequenas melloras de accesibilidade, obras de humanización ou arranxos de patios, entre moitas outras.
Só ao longo deste verán concéntranse 535 actuacións deste tipo nas catro provincias, por preto de 12,5M€, ao abeiro do Plan de benestar e accesibilidade na escola (Plan BEN_Estar 2024). Trátase da contía máis elevada dos últimos cinco anos.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta incrementa nun 33% o investimento en I+D+i nas universidades e supera xa os 58M€ no período 2019/2024
Summary:
O Consello da Xunta autoriza unha nova inxección de 4,6M€ para que os órganos universitarios intensifiquen a súa actividade investigadora e científica este ano
Estes novos recursos reforzan ata case 19M€ os convenios iniciais de 14M€ para o bienio 2023-24, e formalizaranse a través de addendas coa USC, UVigo e UDC
Idioma GallegoA Xunta de Galicia reforza o apoio ás universidades públicas galegas en materia de I+D+i cunha nova inxección orzamentaria de 4,6M€ para este ano, o que supón incrementar nun 33% a dotación inicial acordada correspondente ao período 2023-24 para impulsar esta liña prioritaria do Plan Galego de Financiamento Universitario.
Deste xeito, a través das respectivas addendas autorizadas hoxe polo Consello da Xunta coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa de Vigo (UVigo) e coa da Coruña (UDC), estas pasarán a percibir preto de 19M€ fronte aos 14M€ iniciais co fin de fortalecer e enriquecer as súas infraestruturas científicas e equipamento tecnolóxico. Este reforzo supón, ademais, consolidar un investimento de máis de 58M€ en accións estratéxicas de I+D+i nas universidades públicas galegas no período 2019/2024
Así pois, as tres universidades pública galegas poderán ampliar, implementar e reforzar as accións previstas no convenio asinado en 2023 e que agora se enriquece cunha nova dotación orzamentaria por parte do Goberno galego, o que lles permitirá intensificar a actividade investigadora e aumentar a produtividade científica mediante a diversificación na chegada de recursos.
Entre os conceptos obxecto de financiamento está o reforzo dos centros de excelencia da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia, así como a captación e retención de talento investigador, o impulso e divulgación científica, estratexias para promover as titulacións duais e accións para a especialización dos campus. Tamén se inclúen as obras, o acondicionamento de laboratorios e adquisición de equipamento tecnolóxico de alta especialización.
Universidade de Santiago, 7,7M€No caso da USC, recibirá case 1,2M€ máis sobre os 6,5M€ do período 2023-24, polo que a contía final elévase a máis de 7,7M€. Con esta nova inxección, a Universidade compostelá vai reforzar as contías de apoio aos seus centros de investigación, á ampliación de contratos posdoutorais, aos seus centros da rede de Centros de Investigación, a actividades de divulgación da investigación e a promover melloras da calidade dos seus mestrados, entre outros.
Universidade de Vigo, 5,8M€Na Universidade de Vigo (UVigo), a contía total para 2023-24 elévase a máis de 5,8M€ con esta nova achega de 2,35M€ que neste caso concentrará en afianzar obras singulares de apoio á investigación, intensificar o apoio aos seus centros de investigación, o desenvolvemento de accións de alto impacto en I+D+i, captación de talento e promoción da calidade da docencia.
Universidade da Coruña, 5,2M€No caso da Universidade da Coruña (UDC) recibirá una inxección de 1,08M€ ata acadar unha contía total de máis de 5,2M€ entre 2023 e 2024. Con este reforzo, afianzará as accións de impacto xa previstas co impulso específico do desenvolvemento do proxecto SIGMA ACADEMICS (un novo software de xestión académica integral), o reforzo dos campus de especialización e dos laboratorios tecnolóxicos, entre outros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta destina 1,6M€ en axudas ás asociacións de nais e pais para xestión do comedor escolar este curso
Summary:
A Consellería de Educación abre o prazo desta convocatoria, cuxa contía se reforzou nos últimos anos, ata o 10 de outubro
Idioma GallegoA Xunta de Galicia destina un total de 1,6M€ en concepto de axudas ás asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares durante este curso escolar co fin de axudar ás familias no prezo do menú por comensal. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para que as entidades poidan adherirse a esta liña de axudas, e dispoñen de prazo ata o día 10 de outubro para tramitar a correspondente solicitude de xeito telemático.
O importe das axudas irá destinado a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar que abranguen o custo diario do menú de mediodía por comensal, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do servizo, os gastos de mantemento, persoal e limpeza, así como os de enxoval, materiais e utensilios para a prestación do servizo.
O Goberno galego reforzou nos últimos anos a partida achegada ás anpas por este concepto, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que se destinaba a esta liña de axudas antes da pandemia.
Estas axudas enmárcanse dentro da liña de apoio ao servizo de comedor escolar, comedores que xestiona a Xunta de Galicia e os concellos, que tamén cofinancia a Consellería de Educación. Forma parte, ademais, das distintas medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para aforrarlle este curso ás familias máis de 100M.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez garante que a Xunta de Galicia continuará reforzando o financiamento universitario e empraza ao Goberno central a facer o mesmo
Summary:
O conselleiro afirma nunha entrevista na Radio Galega que as universidades cobrarán este mesmo mes os ingresos derivados de matrícula gratuíta
Galicia xa ten todo listo para o inicio do curso o mércores no resto de niveis tras un verán intenso de obras e a estrea de novas medidas de mellora do ensino
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, afirmou hoxe nunha entrevista na Radio Galega que a Xunta seguirá reforzando o financiamento universitario e emprazou ao Goberno central a facer o mesmo, dado que Galicia xa é unha referencia nesta materia.
Ante o inicio do curso universitario, que comeza mañá luns, o representante do Executivo galego asegurou que se traballará “para que Galicia se converta nesta lexislatura na primeira comunidade autónoma en acadar o 1% do PIB en recursos públicos nas universidades”. Román Rodríguez asegurou que se “fará realidade este compromiso electoral, pois xa somos unha das comunidades que mellor financia estas institucións”. Grazas a iso, Galicia aspira a ser a primeira autonomía en acadar este fito, con moita antelación sobre o obxectivo marcado a nivel estatal, que está fixado para 2030.
“Todas as comunidades pedimos recursos ao Goberno central -explicou-. Pero con independencia diso, nós fixemos previsións de transferencias ás universidades e nestes momentos pensamos que podemos chegar a ese reto”, declarou o conselleiro. De feito, sinalou que este ano se superan por primeira vez os 500M€ en achegas, cun plan plurianual “que posibilita que as universidades teñan certezas sobre os ingresos que van ter para planificar o seu ámbito de xestión”, novamente unha excepción en España.
O conselleiro puxo en valor tamén a matrícula gratuíta da que se comezan a beneficiar os estudantes universitarios este curso. E subliñou que todo o proceso e a loxística necesaria se desenvolveu con normalidade pese á novidade e complexidade técnica. Así mesmo, avanzou que as universidades non terán problemas de tesourería por esta medida porque a Xunta “transferiralles este mesmo setembro -con dous meses de adianto sobre o inicialmente previsto- os fondos que deixaron de ingresar polas matrículas gratuítas”.
Un novo camiñoO titular de Educación tamén expuxo que está todo listo para o comezo do curso no resto de niveis o próximo mércores, un ano lectivo no que se emprende a maior modernización do sistema dos últimos 30 anos con melloras no número de alumnos por aula, na atención á diversidade, no rural ou no reforzo de diferentes programas educativos e competencias como lectura e Matemáticas. “Esta modernización ten unha dobre perspectiva, a organizativa e os programas vencellados ao carácter didáctico e docente”, indicou.
A Consellería de Educación, que está realizando actuacións de renovación, ampliación e mellora dos centros educativos co obxectivo de adecualos ás novas tendencias a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, logrou incrementar o número de aulas e de profesores a pesar da baixada de alumnado. Trátase dun fito que o conselleiro atribúe ao acordo histórico con tres das catro organizacións sindicais da Mesa Sectorial.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalAs empresas interesadas na execución das obras do novo colexio do Milladoiro, en Ames, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de outubro
Summary:
A Xunta vén de licitar por preto de 9,8M€ a obra de construción do novo CEIP do Milladoiro, co obxectivo de que estea operativo no curso 2026/27
Trátase do primeiro centro construído integramente en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e dá resposta á necesidade de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico
O colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, flexibles e adaptados ao ensino do século XXI
Idioma GallegoAs empresas interesadas na execución das obras do novo colexio do Milladoiro, no concello de Ames, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 8 de outubro.
A Xunta vén de licitar por 9.784.127 euros a obra de construción do novo CEIP do Milladoiro, e o obxectivo é que o centro estea operativo no curso 2026/27. As obras teñen un prazo de execución de 18 meses.
Trátase do primeiro centro construído integramente en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e un compromiso da Xunta de Galicia para dar resposta á necesidades de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico de Galicia. A actuación, que licita hoxe a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas será sufragada con fondos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, co cofinanciamento dos fondos europeos.
Características do novo colexioO colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, flexibles e adaptados ao ensino do século XXI. Cunha superficie construída de 4.384,73 m² distribuída en dous andares, o colexio contará con seis aulas de Infantil e 12 de Primaria, cos aseos correspondentes, así como outras catro de apoio educativo e desdobramento de grupos, aula de música e sala de usos múltiples.
A biblioteca terá acceso directo desde o vestíbulo e desde o exterior e o ximnasio terá dúas alturas, gradas e vestiarios. Tamén estará dotado con área de administración (con despachos, conserxería, local para a anpa, etc) comedor e zonas de servizos comúns.
De acordo co establecido no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, o centro estará dotado dun foro multifuncional que servirá como espazo de aprendizaxe aberto. Situarase no espazo central do primeiro andar, entre as aulas de Primaria e as de desdobre, creando unha relación entre as diferentes estancias e conectándose co patio mediante unha gran fiestra protexida da incidencia do sol.
Ademais, o novo colexio terá un espazo específico para Polo Creativo, no que o alumnado poderá traballar as competencias STEM a través de proxectos de robótica ou intelixencia artificial, equipado cos materiais necesarios. No que atinxe aos espazos exteriores, estará dotado de zona cuberta e descuberta exterior para as aulas de Infantil e de pista polideportiva cuberta e descuberta.
AccesibleA accesibilidade do edificio plantéxase desde un punto de vista universal e inclusivo, evitando calquera tipo de barreira, con accesos directos tanto desde o interior como desde o exterior do edificio a boa parte das estancias. Deste xeito, o proxecto propón itinerarios de circulación intuitivos e libres de obstáculos, en prol dunha orientación más sinxela, e espazos de comunicación ben iluminados con luz natural. Isto completarase coa colocación de sinalética de gran tamaño e cor facilmente visibles.
Ademais, tanto no exterior do edificio como nos espazos interiores haberá superficies podotáctiles que guíen ao acceso, vestíbulo e outros puntos de importancia del edificio. Os diferentes espazos exteriores serán tamén accesibles a todos mediante ramplas.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta e o Colexio oficial de Arquitectos de Galicia renovan a colaboración para desenvolver nos centros escolares o ‘Proxecto Terra’ co fin de concienciar sobre o respecto ao territorio e á paisaxe
Summary:
O Goberno galego financia nun 90% as actuacións previstas neste convenio, que suporán un investimento de 360.000€
María M. Allegue explicou que o Proxecto Terra 2024-2026 se dirixe aos estudantes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria para reforzar o coñecemento sobre a arquitectura da comunidade e a identidade territorial
Román Rodríguez salientou a evolución deste proxecto que se adapta á “Galicia de hoxe”
O programa Terra recibiu no 2010 o Premio Nacional de Urbanismo, sendo a primeira vez que se outorgaba a un programa educativo
Trátase da realización de actividades amenas, con material didáctico específico para cada ciclo, que contribúen á sensibilización sobre os espazos que habitamos
Idioma GallegoA Xunta e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) renovan a colaboración para continuar desenvolvendo nos centros escolares o Proxecto Terra e concienciar aos rapaces sobre o respecto ao territorio e á paisaxe.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asinaron hoxe este convenio de colaboración co presidente do COAG, Luciano González.
No acto tamén estiveron presentes o secretario xeral de Vivenda, Heriberto García, e a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), Victoria Núñez.
As actuacións previstas no marco deste convenio, que se levarán a cabo ata o ano 2026, suporán un investimento de 360.000€, un orzamento que será financiado nun 90% por parte da Xunta.
María M. Allegue explicou que o obxectivo desta iniciativa é mellorar o coñecemento dos cidadáns, especialmente das xeracións máis novas, sobre a arquitectura da comunidade, así como da súa identidade territorial.
Pola súa parte, Román Rodríguez salientou a importancia deste proxecto que se dirixe aos alumnos das diferentes etapas da educación obrigatoria: Infantil, Primaria e Secundaria, e que se adapta á “Galicia de hoxe”. “Ao longo deste curso que comeza e do próximo actualizaranse as unidades didácticas e materiais, ademais de formar aos profesorado neste eido”, sinalou o titular de Educación. “O alumnado galego terá posibilidade a través deste programa de realizar visitas guiadas, obradoiros e intercambios territoriais, entre outras iniciativas que formarán un pensamento crítico e respectuoso sobre o hábitat”, engadiu.
Para o Colexio de Arquitectos de Galicia, o proxecto TERRA “resulta esencial”, tal e como subliñou o decano do COAG, Luciano Alfaya. Así, incidiu na pegada que este proxecto deixou en milleiros de nenas e nenos de todo o país: “fixéronse accións educativas en Primaria e Secundaria coa implicación do profesorado, e realizáronse actuacións en centros espallados por toda Galicia que contribuíron a formar unha ollada responsable sobre as maneira de construír o territorio”.
Deste xeito, este programa consiste na realización de actividades amenas e creativas que contribúen á sensibilización e formación sobre os espazos e lugares habitados, a paisaxe e o dereito ao hábitat.
Nos centros educativos traballarán con material didáctico deseñado especificamente para cada etapa educativa. Así, o hábitat estúdase afondando en diferentes aspectos, como son a paisaxe, o territorio, o urbanismo, a arquitectura ou o medio ambiente.
Cómpre lembrar que o Proxecto Terra naceu hai máis de 20 anos e dende o ano 2003 a Xunta e o COAG manteñen a colaboración na elaboración de actividades didácticas, co fin de formar á comunidade educativa en temas relacionados co territorio.
A conselleira lembrou que no ano 2010 o Proxecto Terra recibiu o Premio Nacional de Urbanismo, sendo a primeira vez que se outorgaba a unha iniciativa educativa.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez avanza que Galicia será nesta lexislatura a primeira comunidade autónoma en acadar o 1 % do PIB no financiamento público das universidades
Summary:
Destaca que a Universidade galega é a máis accesible e mellor financiada de España e anima a seguir traballando xuntos para afrontar os retos de futuro
Subliña a entrada en vigor, por primeira vez este curso, da matrícula gratuíta, unha medida pioneira en España que blinda a igualdade no acceso á educación superior
Comprométese a seguir reforzando o Plan de Financiamento, que este ano supera por primeira vez os 500 M€ de investimentos por parte da Xunta
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, avanzou hoxe que Galicia se converterá nesta lexislatura na primeira comunidade autónoma en acadar o 1 % do PIB en recursos públicos transferidos ou captados polas universidades. Lograrao con moita anticipación dado que este é un obxectivo xeral para toda España cuxo cumprimento se fixa en 2030.
O representante da Xunta afirmouno con motivo da apertura do curso académico 2024-25 do Sistema Universitario Galego nun acto no que tamén interveu o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e ao que asistiron os reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, así como o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo. No Paraninfo da UDC, Román Rodríguez destacou que as universidades galegas son hoxe as máis accesibles para os estudantes e as mellor financiadas de todo o Estado e animou a seguir traballando con coordinación e desde o consenso para afrontar con éxito os desafíos de futuro aos que se teñen que enfrontar as universidades nos próximos anos.
Na súa intervención, o conselleiro subliñou a posta en marcha, por primeira vez este curso, dunha “medida histórica” a nivel estatal como é a gratuidade da matrícula universitaria para os estudantes das tres universidades públicas. Trátase, afirmou, dunha medida “sen precedentes” que “democratiza aínda máis” o acceso ao ensino superior en Galicia e blinda a igualdade de oportunidades, preservando ademais a cultura do esforzo.
Mobilización de 3.200 millóns de eurosTamén puxo en valor o Plan de Financiamento Universitario como “sinal de identidade” de Galicia, dado que a meirande parte das comunidades non contan cunha planificación a varios anos vista, consensuada cos equipos reitorais, que garante o financiamento estrutural estable. O Plan actual mobiliza case 3.200 M€ en todo o período de vixencia.
Trátase dunha senda de financiamento que incrementa cada ano os recursos públicos das institucións universitarias e que este ano supera por primeira vez os 500 M€ da Xunta a tal fin. Isto, en palabras do conselleiro, fai “que sexamos das comunidades autónomas que mellor financian as súas universidades” ao tempo que lles permite unha previsión de gastos e unha planificación previa e segura, cuestión que foi posible acadar grazas “á altura de miras” e a perspectiva de “diálogo construtivo” entre todas as partes.
Conectar a universidade coa súa contornaEn opinión de Román Rodríguez, é o momento de avanzar en novos desafíos para que o potencial da comunidade universitaria “se traduza nun impacto real na sociedade” cunha universidade “conectada ás transformacións e ás esixencias da estrutura produtiva a través da transferencia de coñecemento”.
Un dos aspectos claves deste reto é contar cun sistema de I+D+i forte e maduro, para o cal Galicia debe seguir fomentando o seu tecido investigador e científico para gañar competitividade e captar talento desde as universidades como piar do ecosistema investigador galego. Para isto, o conselleiro propón avanzar nunha “fórmula propia” que, partindo da investigación básica, “dea prioridade á utilidade, á innovación e ao coñecemento con beneficios nos nosos sectores produtivos e na nosa cidadanía”.
Maior porcentaxe de España en I+D+iSe ben nestes momentos as partidas vinculadas directamente á I+D+i representan o 25 % do financiamento universitario, a maior porcentaxe de España, desde o Goberno galego apóstase por seguir reforzando as sinerxías entre os centros tecnolóxicos universitarios para construír redes máis potentes e acelerar o impacto dos resultados.
Román Rodríguez pechou a súa intervención facendo fincapé na necesidade de seguir “camiñando xuntos” nos novos desafíos para garantir unha universidade “comprometida, de calidade e con visión de futuro” e para afrontar “con valentía” cuestións como a renovación da oferta académica, o reto demográfico ou a internacionalización.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez subliña o “papel vertebral” do profesorado xunto coa “estabilidade das políticas públicas” como as claves do éxito do ensino galego
Summary:
O conselleiro inaugura a segunda xornada de formación para os case 800 docentes de Secundaria que se incorporan ás aulas tras superar as oposicións do verán
O titular de Educación anima aos novos profesores a emprender “con ilusión e determinación” a tarefa de formar desde as aulas “a Galicia do futuro”
Compromete o acompañamento da Xunta nun curso que arranca con medidas novidosas como a redución das rateos e o Plan MEGA de atención personalizada
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destaca que o “papel vertebral” do profesorado xunto coa “estabilidade” das políticas públicas desenvolvidas polo Goberno galego son as razóns fundamentais dos bos resultados educativos que está acadando Galicia en variables como a calidade, a equidade e a atención á diversidade, entre outros. Así o sinalou esta mañá durante a segunda xornada de formación, desta vez para os 782 profesores de Secundaria, FP e escolas oficiais de idiomas que, xunto cos 474 docentes de Infantil e Primaria que participaron na xornada de onte, se incorporan novos este curso ás aulas galegas tras aprobar as oposicións deste verán.
Ademais de felicitalos polos resultados obtidos tras un proceso selectivo “moi esixente e competitivo”, o titular de Educación aproveitou para animar aos novos docentes a emprender “con ilusión e determinación” a tarefa de formar, desde as aulas, “a Galicia do futuro”. “O que fagamos o día de hoxe vaise ver o día de mañá. E canto mellor o fagamos nas nosas aulas, mellor será o futuro de cada unha das persoas a nivel individual e tamén o futuro de Galicia”, aseverou.
Nesta liña, Román Rodríguez comprometeu o apoio da Administración autonómica para seguir traballando de cara a novos desafíos como os demográficos, os tecnolóxicos e os desafíos sociais vencellados á convivencia, á diversidade e á inclusión. De feito, este curso comeza coa implementación dunha serie de novas medidas, como a redución do número de alumnos por aula, o reforzo da atención ao alumnado con necesidades, a mellora das condicións do profesorado e a posta en marcha do Plan MEGA, cunha batería de novas accións centradas na personalización e o apoio na aula.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez dá a benvida a unha nova xeración de mestras e mestres nun curso escolar que comezará o vindeiro día 11 cun total de 307.854 estudantes
Summary:
O conselleiro inaugura as xornadas de recepción para 1.256 novos profesores que se incorporarán ás aulas logo de aprobar as oposicións deste verán
No primeiro día de formación, participan 474 docentes de Infantil e Primaria, mentres que mañá acudirán os 782 de Secundaria, FP e escolas oficiais de idiomas
Este curso incorpóranse os primeiros profesores nados a partir do ano 2000, un centenar de mozos e mozas que se suman ao reto de modernizar o ensino
A Xunta leva renovado máis da metade do cadro de profesorado galego desde 2009, un período no que se convocaron 18.500 prazas nas oposicións
A Consellería abre hoxe a convocatoria de docentes de apoio do programa PROA+ dentro do paquete de Plan MEGA de mellora educativa de Galicia
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, deu hoxe a benvida a unha nova xeración de mestras e mestres que se incorporan este curso ás aulas galegas. Fíxoo durante a xornada de recepción para o profesorado que superou este verán o proceso de oposicións.
O titular de Educación, acompañado polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, destacou a importancia de sumar estes 1.256 novos docentes no ensino galego dado que son “a pedra angular do noso sistema educativo”. Ademais, Román Rodríguez recordou que o modelo galego se ten consolidado “como un verdadeiro referente, non só a nivel nacional, senón tamén fóra de España”, e animou ao profesorado a “avanzar na construción da educación do futuro, cun modelo máis plural, conectado e eficaz, que promova a personalización do ensino para asegurar a inclusión educativa plena do alumnado, e que aposte polas competencias clave e pola formación STEM”.
O titular de Educación quixo dar unha especial benvida “á primeira promoción que conta con docentes nados xa no propio século XXI”. En concreto, por primeira vez este curso impartirán clase un centenar de profesionais nados nos anos 2000 e 2001 que lograron praza nas últimas oposicións e que contribuirán a este proceso de modernización do ensino que se inicia agora. Estas novas prazas, lembrou o conselleiro, reafirman o compromiso da Xunta coa mellora continúa do profesorado. De feito, desde o ano 2009 téñense impulsado diversas ofertas de emprego público para 18.500 docentes.
Reparto das prazas por corpos docentesAs 1.256 novas prazas distribúense entre catro corpos docentes: 690 para profesores de ensino secundario, 474 para mestres, 67 para profesores especialistas en sectores singulares de Formación Profesional e outros 25 para escolas oficiais de idiomas.
Especialidade
Prazas
Ensino Secundaria
690
Mestres
474
Especialistas en sectores singulares da FP
67
Escola Oficial de Idiomas
25
Charla-coloquio de apertura
Durante a xornada de benvida, Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago, pronunciou a conferencia inaugural centrada nos retos e oportunidades do ensino actual, onde se abordaron temas como a innovación pedagóxica e a inclusión educativa. A continuación, o secretario xeral técnico e os directores xerais da Consellería expuxeron as liñas de traballo dos seus departamentos.
A xornada formativa complétase cunha charla-coloquio na que participan Rafael Sánchez-Agustino, do Colexio CEIP A Lama; Ana María Pérez, do Colexio CPI Plurilingüe de Castroverde; Israel Fernández Carreño, do Colexio CEIP Plurilingüe Bragade (Oza-Cesuras), e María Esther Fernández, do Colexio CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro, de Vigo.
Máis de 1.200 centrosO curso escolar comeza o vindeiro 11 de setembro para 307.854 alumnos das etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, en 1.243 centros de toda Galicia que imparten esas etapas, o que supón un descenso de 3.289 alumnos respecto do ano académico 2023/24:
Etapa
Centros públicos, concertados e privados
Curso 2023-2024
Curso 2024-2025
Diferenza
Educación Infantil
50.129
48.467
-1.662
Educación Primaria
128.899
126.531
-2.368
Educación Especial
1.296
1.359
+63
ESO
98.018
97.680
-338
Bacharelato ordinario
32.801
33.817
+1.016
TOTAL
311.143
307.854
-3.289
Precisamente, hoxe a Xunta de Galicia distribúe os datos de matrícula por concellos nas diferentes etapas, que mostra a enorme dispersión do sistema educativo galego polo territorio, de acordo coa estrutura da súa poboación e das dinámicas demográficas.
En concreto, contan con instalacións educativas en funcionamento 92 concellos da provincia da Coruña, cun total de 131.474 alumnos; 65 da de Lugo, con 32.392 estudantes; 68 da de Ourense, con 29.634 estudantes, e 61 da de Pontevedra, con 114.354 escolares.
Máis aulas e profesores para menos alumnosMalia a que o descenso de matrícula se produce na súa meirande parte nas etapas de Infantil e Primaria, cunha caída de máis de 4.000 alumnos, estes centros contarán co mesmo número de aulas. En concreto, no caso dos colexios públicos, haberá en funcionamento 7.336 aulas, dúas máis ca no ano académico que vén de rematar.
Isto é posible grazas á redución da rateo de alumnos por aula incluída no acordo histórico de mellora do sistema educativo asinado coas organizacións sindicais que se inicia este curso. En concreto, permite manter abertas 204 aulas que, coas anteriores rateos, pecharían por falta de estudantes. A estimación é que, ao longo dos tres próximos cursos, esta cifra de aulas escale ata un total de 900 preservadas.
Ademais, ao abeiro do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia vaise dotar os centros educativos dun reforzo de 400 docentes para personalizar o apoio e prestar a mellor atención á diversidade. De feito, a Consellería abre hoxe a convocatoria de docentes de apoio do programa PROA+, un dos seis que conforman esta ampla estratexia de mellora educativa dotada con máis de 77M€.
Matrícula aberta na Formación ProfesionalAínda é posible matricularse nos ciclos de FP que contan con prazas dispoñibles. O alumnado que tivo praza na adxudicación do 2 de setembro poderá matricularse ata o día 5 deste mes. Unha vez concluída esta terceira fase, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados, que se estenderá entre o 11 e o 27 de setembro.
No caso dos ciclos con prazas dispoñibles e sen listaxe de agarda, a matrícula pode formalizarse xa en calquera momento nos centros educativos correspondentes, dado que non entran na terceira adxudicación.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »