Bo día a todos e todas as nenas e nenos de infantil, hoxe propoño facer dúas cousas, a primeira é ver un vídeo de Ricardo Carvallo Calero, que supoño xa sabedes quen é non? , e facer unha ficha interactiva sobre o seu conto para meniños e meniñas: AS PITAS BAIXO A CHOIVA. Iso si, primeiro tedes que ver o vídeo do conto.
AS PITAS BAIXO A CHOIVA, CONTO E FICHA INTERACTIVA
Despois podedes facer a seguinte actividade de
RECOÑECEMENTO DE SONS DA CONTORNA
Neste vídeo tedes que adiviñar que sons de “As pitas baixo a choiva” estades a escoitar.
Despois de cada son aparece a imaxe de quen a produce, pero tedes que ser rápidos e
dicir vós de quen se trata antes de que apareza en pantalla. Seguro que o conseguides!
SONS DE AS PITAS BAIXO A CHOIVA !!
BICOS A FEIXES!!!!