Skip to Content

 

   

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Matemáticas

música INFANTIL 3, 4 E 5 ANOS 28 DE MAIO

Ola a todos e todas esas pequenas de infantl, hoxe vos porpoño dúas cousas:

A primeira é ir , coa axuda de alguén da casa, ao seguinte enlace e xogar a discriminar as figuras musicais e os silencios, neste caso comezades coa figura negra e o seu silencio

XOGO DE RITMOS

 

A seguinte (inspirada por un vídeo moi chulo que vin de Valentín e Antía  de 3 anos e Candela de 5) é escoitar a seguinte canción , e cantala cos xestos dos instrumentos,se tedes os instrumentos na casa pois mellor, está en idioma Portugués do Brasil, e polo tanto algúns instrumentos teñen nomes diferentes, esta é a traducción:

Loja é unha tenda, neste caso de músicaGuiño 

é guitarra clásica

rabecao é violoncello

cuica é unha especie de zambomba que se usa na música de samba

reco reco é un güiro, un raspador

sanfona é un acordeón

chocalho son as maracas

AI OLÉ FOI NA LOJA DO MESTRE ANDRÉ

A ver que tal vos sae!!!!!, mandade vídeos!!

 

música 3º 28 de maio

 

Ola de novo, en música imos facer un repaso das notas musicais dentro do pentagrama, primeiro vedes o vídeo que tedes de seguido

vídeo de repaso notas musicais

Agora xogades a atrapar notas, tedes que ser rápidos e darlle ao teclado antes de que a nota desapareza, a ver cantos puntos conseguides..

atrapa notas

por ultimo podedes facer unha ficha e colocar o nome das notas que faltan (adxunto debaixo)

SAÚDOS!!!

 

 

 

TAREFA NATURAIS 3º 28 DE MAIO

Bo día familias !!!, imos seguir un tema máis de repaso con ciencias sociais, o tema 2,  tedes asigando na aula virtual unha ficha (que adxunto) e unha actividade de reforzo interactiva.

Antes de nada facedes unha lectura das páxinas 26 e 27 do libro (adxunto captura de pantalla), despois vedes unha explicación do ciclo da auga facendo click na man (PÁX 26), de seguido tedes outra man na que vos explica as medidas de aforro da auga (PÁX 27) , facedes click e a vedes, e por último vedes o vídeo de como se depura a auga facendo click na man da páxina 27 arriba de todo ou no enlace que poño debaixo:

 

 

VÍDEO SOBRE O PROCESO DE DEPURACIÓN DA AUGA

 

SAÚDOS!!!!

3º Primaria. Xoves 28 de maio.

Ola familias!!

O traballo do xoves:

  • Primeiro Ciencias.
  • Mates, vamos cos polígonos.
  • Música e Inglés.
  • Plástica, tedes para elixir.

aviso ciencias naturais 5º 27 de maio

Bo día a todos e todas, hoxe non poño tarefas novas, ide facendo o esquema e entregando os atrasados , vale.

Lembrade que os esquemas son para entender nun golpe de vista de que vai o tema, neste tedes que ter en conta as relacións entre conceptos, por exemplo, as dúas primeiras frechiñas debería dirixirse, unha cara a ECOSISTEMAS NATURAIS e outra a ECOSISTEMAS HUMANIZADOS, do primeiro sairán 3 frechas, unha a TERRESTRES, outra a ACUÁTICOS, e outra a MIXTOS, despois algunha característica e exemplo de cada concepto e listo.

 saúdos!!!!!

MÚSICA 6º 27 DE MAIO

OLA A TODOS E TODAS, XA VIN QUE NINGÚEN ENTREGOU AS CUESTIÓNS DA TAREFA DE MÚSICA QUE VOS PUXEN A SEMANA PASADA.

ESTA SEMANA PROPOÑO LER O APARTADO 4 DO TEMA 2 

Existen tantas voces como habitantes no mundo

E FACER AS ACTIVIDADES QUE APARECEN AO FINAL

SAÚDOS!!

TAREFA SOCIAIS 3º 27 DE MAIO

BO DÍA FAMILIAS, PARA REMATAR O REPASO DO TEMA 1, TEDES ASIGNADAS DÚAS ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE AMPLIACIÓN NA AULA VIRTUAL E UNHA FICHA DE REPASO DE TODO O TEMA.FICHA QUE ADXUNTO DEBAIXO.

 

SAÚDOS!!!!

Religión Católica 6º Curso - Actividades 28 de Mayo

Hola de nuevo chicos/as de 6º. ¿Cómo estáis?

Esta semanita tendréis que averiguar que camino es el mas cercano a vuestra casa para llegar a Santiago como si fuerais peregrinos.

Después podeis hacer una visita virtual a la Catedral.https://www.turismo.gal/librodepedra/libro.html 

La solución podéis enviarlas a mi correo:    lolypaz@edu.xunta.es

 Ánimo

Religión Católica 5º Curso. Actividades 27 de Mayo

Hola de nuevo chicos/as de 5º ¿Qué tal estáis?

Esta semanita tendréis que averiguar que camino es el más cercano a vuestra casa para llegar a Santiago  como si fuerais peregrinos.

Después podeis hacer una visita virtual a la Catedral. https://www.turismo.gal/librodepedra/libro.html 

La solución podeis enviarla como siempre a mi correo:  lolypaz@edu.xunta.es

 Ánimo    

Distribuir contido


by Dr. Radut