Skip to Content

Comedor

Comedor Escolar 2024-2025

 

Como tódolos anos dende a ANPA xestionamos o comedor escolar, a continuación podedes consultar funcionamento, prazas, prezos y fechas importantes.

 

Inscripción

 

Inicio de curso: Debedes cubrir o formulario de solicitude de alta accedendo a www.jardanay.es, durante o período de inscrición telemático entre os días 1 e 30 de agosto de 2024 (incluídos) a través exclusivamente da páxina web de Jardanay: www.jardanay.es .

 

Durante o resto do curso:    novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial, poderanse realizar na web de jardanay ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas únicamente a partir do día 1 do mes seguinte.

 

 

Como facer a inscrición

Na área de clientes da web de www.jardanay.es, escollede  a opción CEIP Emilio González López (na columna central) e indicade as claves:

  • Usuario: emilio

  • Clave: comedores2024

 

Débese cubrir todo o formulario de alta e escoller unha das seguintes modalidades de servizo:

 

  • Modalidade fixa: Resérvase a praza de comedor de luns a venres.

  • Modalidade descontinua: 1, 2 ,3 ou 4 días concretos á semana.

  • Modalidade esporádica: Resérvase a praza (sempre que existan prazas dispoñibles) de días soltos que se avisarán como mínimo un día antes contactando coa ANPA a través do correo anpabrexolema2013@gmail.com e abonaranse en efectivo á coidadora do comedor.

  • Comedor na casa: Resérvase a comida para levar que se entrega ás familias á saída do cole.

 

Deberase cubrir un formulario por cada un dos nenos que queiran usar o servizo.

Se o formulario está correctamente cumprimentado, recibiredes unha copia da solicitude a través do correo electrónico que indiquedes no formulario. Se facedes máis de unha solicitude, recibiredes unha copia por cada unha.

 

Dietas e alerxias alimentarias

Dieta branda: avisarase por teléfono á oficina (981 12 66 27) antes das 09:00 da máñá.

Alerxia e intolerancias: é imprecindible encher o formulario da web de Jardanay para solicitar unha dieta adaptada (Formulario: "Dietas Espciales (alérgicos, intolerantes, motivos religiosas)"). Unha vez feito , dende intolerancias@jardanay.es conformaranvos a recepción a data de comezo da dieta.

No mesmo formulario podedes modificar as alerxiaas ou iintolerancias necerarias.

Non admitiranse solicitudes por calquera outro medio (mail, teléfono, comedor...)

 

Prezo

Modalidade Precio mes
Fixo mensual 93,37 €
Fijo 4 días 76,63 €
Fixo 3 días 58,06 €
Fixo 2 días 38,91 €
Fixo 1 día 19,58 €
Espporádico 6,65 €

Descontos

Desconto do 10% na mdalidades máis economica cando existan dous irmás ou irmáns usando o servizo.

Desconto do 20% na modalidades máis económica se son tres o máis irmás ou irmáns usando o servizo

 

Forma de pago

Sempre mediante domicialización bancaria, o día 15 de cada mes

Os alúnm@s esporádic@s  adquirirán os vales para usar o servizo a través da plataforma de pago online na web de Jardanay.

As ausencias ou non uso do servizo de comedor non exime do pago da cuota

Seguro

Todos os usuarios do comedor deben estar cuberrtos por un seguro escolar que págase de forma única ao principio de ano, con un prexo de 9 € aproximadamente. 

Para facer o seguro é necesario cubrir o formulario de ANPA www.form.gle.

Se o nen@ nos está asegurado non poderá usar o servizo de comedor

 

Recollida

 

Os tres horarios de recollida dos nenos e nenas dispoñibles á vosa elección son:

  • 15:30h
  • 16:30h
  • Se están anotados a actividades extraescolares, 17:45h.

 

Os nenos e nenas terán un tempo de ocio e xogos ao aire libre ou no pavillón, antes da súa recollida.

 

 

Cambio menú dia 21 de xuño

Hoy, ultimo día de cole, Jardanay quere facer un menú especial para os máis pequenos e por iso substitúen o segundo prato por pizza artesá de xamón, tomate e mozarella.

 

O resto do menú permanece sen cambios e ten o seguinte aspecto:

 

Primeiro prato 

 

- Crema de campo

 

Segundo prato

 

- Pizza artesá de tomate, xamón e mozzarella

 

Sobremesa

 

- Froitas de tempada (ameixas)

MENÚ SEGUNDO TRIMESTRE CURSO 2023-2024

MENÚ PRIMER TRIMESTRE CURSO 2023-2024

Díptico curso 2023- 2024

Taller Jardanay: El plástico Indestructible

MENÚ TERCER TRIMESTRE

JARDANAY SIRVE o " O CALDO DE GLORIA" DE ROSALIA DE CASTRO O 23 DE FEBREIRO

Boas tardes, 

 
Escribímosvos para comentarvos que mañá xoves día 23 de febreiro desde Jardanay imos conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, unha muller referente para a nosa terra e a nosa literatura, con varias actividades nos nosos comedores.
 
Por unha banda, unímonos á iniciativa “Caldo de Gloria”, posta en marcha pola Fundacion Rosalía de Castro, que promove que establecementos de restauración, xa sexan restaurantes ou comedores colectivos como os nosos e vosos, homenaxeen á autora servindo o caldo galego que ela mesma describiu no seu poema “Miña casiña meu lar”, incluído no libro Follas Novas. 
 
Trátase dun poema precioso, no que unha muller de poucos recursos narra un momento difícil da súa vida diaria, cando chega a casa con fame e frío e, a pesar de que non ten case nada para comer e de non poder contar con axuda dos seus veciños, consegue prepararse un humilde caldo de gloria e un bolo de pote que lle reconforta enormemente. Con algo tan sinxelo, Rosalía consegue reflectir como só ela sabe a capacidade do ser humano de sobrevivir e de ser feliz sen ter demasiado, tan só cun prato humilde e a calor do fogar. 
 
É por isto que mañá xoves 23 de febreiro, en todos os comedores de Jardanay e servizos que damos incluiremos o “Caldo de Gloria” no noso menú, que no noso caso prepararemos con repolo como verdura. Serán unhas 7.500 racións de caldo en total :)  O resto do menú mantense sen cambios con relación ao planificado. 
 
No seguinte link (https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/caldo-de-gloria/) podedes ampliar información sobre o “Caldo de Gloria” da Fundación. Como parte do proxecto, repartiremos entre os/as comensais os manteis conmemorativos da iniciativa, onde poderemos ler o poema enteiro.
 
Nos comedores escolares completaremos o día explicando aos nenos e nenas a iniciativa e como unha receita tan sinxela e típica de Galicia converteuse en poema. Tamén poñeremos en marcha a actividade “As miñas receitas favoritas”, no que o alumnado poderá aprender sobre ingredientes, alimentos, preparacións e tamén sobre o poder da alimentación tanto para a saúde como para o corazón.
 
Esperamos que pasedes un día estupendo e que dediquedes polo menos uns minutos a dona Rosalía. E se é tomando o noso Caldo de Gloria, pois moito mellor!
 
 
Unha aperta
Distribuir contido


by Dr. Radut