Skip to Content

Actividades

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024/2025

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Importante: como moitos saberedes, no Concello de Cambre hai unha situación de grave bloqueo administrativo, que está provocando impagos  con nós e moitas empresas. Debido a isto, vémonos obrigados a retrasar o comezo das actividades extraescolares. Comezaremos en outubro sempre e cando a situación no Concello se resolva antes. No mes de setembro, unha vez iniciado o curso, daremos máis información.

CURSO LUNS MARTES MERCORES XOVES VENRES
Inf a 1º EP Patinaxe I Xogos musicais Zumba I Baile galego I Futbol
        Natación I
6º EI e 1º EP     Ximnasia rítmica I    
2ºEP  a 6ºEP Patinaxe II Teatro  Ximnasia rítmica II Baile galego II Zumba II
Pintura Atletismo Judo Balonmán Natación II

 

 Funcionamento: As actividades comezan despois do comedor, de 16:30h a 17:45h agás Natación, que é cada venres de 18:30h a 19:15h. 

As familias podedes escoller o servizo de bus gratuíto ata a Piscina da Barcala, sinalando na Ficha de Inscrición de Actividades o servizo ida, ida e volta e a parada correspondente. Para poder ofrecer o servizo de bus será necesario ter un mínimo de 10 nen@s.

Número de alumnos por actividade: as actividades teñen un número máximo de alumn@s, segundo o curso son:

  • Infantil a 1º de EP: 12 nenas e nenos

  • 2º a 6º EP: 15 nenas e nenos

  • En pintura o aforo será de 8 a 10 nenas e nenos

 

Prezos e descontos: O prezo mensual por actividade e alumno/a é de 12€ (pendente do convenio co Concello), Natación ten un prezo de  22 € aprox. que pode ter lixeiras variacións en función da decisión do pleno do Concello.  Aplicaremos a máis vantaxosa, pero non son acumulables.

  • Aplicamos un 100% de desconto ás familias con informe de Servizos Sociais.

  • Aplicamos un 50% de desconto ás familias numerosas. 

  • Aplicamos un 30% de desconto na terceira actividade e sucesivas dun mesmo neno/a , só se se manteñen durante o trimestre completo (o desconto aplicarase no prezo da actividade con menos valor).

 

Data de inicio das actividades: As actividades extraescolares comezarán a partir de outubro 2024,sempre e cando a situación no Concello se resolva antes. No mes de setembro, unha vez iniciado o curso, daremos máis información.

Inscrición: Queda aberto o prazo de inscrición do 20 de xuño ao 30 de agosto (ambos incluídos).

Solicitude: Para solicitar a alta nas actividades extraescolares cubride os formularios online do AAEE e ANPA. Tamén están dispoñibles no espazo ANPA da web  do cole e serán enviados ós grupos de WhatsApp das clases.

Confirmación de praza: Comunicarásevos a confirmación definitiva da praza antes do inicio de curso. De non haber prazas suficientes para as solicitudes, aplicaranse por orde estes criterios de selección: 

 

  • Estar inscrito nesa actividade o pasado curso 2022/23.

  • Estar en lista de espera desa actividade no curso 2022/23.

  • O alumnado con irmáns anotados nalgunha actividade o pasado curso 2022/23.

  • O alumnado inscrito en prazo nalgunha actividade do curso 2024/25, se a actividade que escolleu non se leva a cabo por non chegar ao número mínimo de inscritos.  

  • Por orde de inscrición (quedan prazas reservadas para o novo alumnado do CEIP). 

 

 Modificacións e altas durante o curso: Pódese cambiar dunha actividade a outra ou solicitar a alta nova soamente ao comezo do mes, sempre que haxa praza dispoñible. As baixas, salvo motivo xustificado, poderán solicitarse trimestralmente (ó final de cada trimestre), co fin de garantir a continuidade na actividade para o resto do grupo. Para solicitar baixa ou modificacións debe encher o formulario online.

 

Seguro escolar de accidentes, familia socia da ANPA e familia autorizada para recoller ao alumnado: Para facer efectiva a praza en calquera actividade, lembrade cubrir a Ficha de Inscrición da ANPA para: 

  • Autorizar o pago e facilitar a conta bancaria para facer efectivo o pago de 1 cota única e anual por cada neno/a de 8€ aproximado correspondente ao Seguro Obligatorio de Accidentes. (O importe é de 8€ aprox. por neno/a ao ano independentemente que use o servizo de comedor, as actividades extraescolares ou ambos).

  • Indicar os datos dos familiares autorizados para recoller ao alumnado das actividades. 

  • Indicar se queredes ser familia socia da ANPA.

Tedes á vosa disposición o noso correo anpabrexolema2013@gmail.com para calquera comentario,  suxestión ou dúbida.

 

 

CIRCULAR INFORMATIVA E FORMULARIOS AAEE/ANPA - CURSO 2022/23

Lembrade que tedes a circular informativa e as ligazóns os formularios ANPA e AAEE na sección Novas dentro do apartado ANPA desta web. Un saúdo!

AVISO INSCRICIÓNS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2020/2021

Estimadas familias! Aviso para o ano 2020/2021

 

En relación ás actividades extraescolares, e recibidas todas as fichas, case todo o alumnado inscrito ten a súa prazas confirmada*.

 

*Agás Natación,a falta de que nos confirmen na Barcala as prazas que nos reservan a Brexo Lema.

 

E por outra banda, as actividades que aínda non chegaron ao número mínimo de participantes e polo tanto pode ser que non se oferten son:

 

Ioga II (luns)

Ciencia divertida (martes)

Judo (mércores)

Ximnasia Rítmica (mércores)

Kick boxing (xoves)

Baile galego (xoves)

Ioga I (venres)

 

 

O prazo para a inscrición nestas aaee segue aberto ( ata o 10 de agosto ) para aquelas familias interesadas ou que esqueceran enviar as fichas en prazo.

 

Moitas grazas e feliz verán!

RESTABLÉCENSE DE NOVO AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DESPOIS DO PARO PREVENTIVO DE XANEIRO.

Estimadas familias, 

Alegrámonos de informarvos de que restableceremos as actividades extraescolares a partir do vindeiro luns 1 de marzo (incluido).

Aproveitamos para avisarvos de que nuns días, recibiredes o cargo correspondente ás actividades extraescolares dos meses pasados e a cota de socios e seguro escolar de accidentes se é o caso.

Agradecemos a vosa paciencia e comprensión e agardamos que esteades o mellor posible.

Se tedes calquera dúbida sobre actividades, o cobro ou a dispoñibilidade de prazas nas actividades actuais, por favor, dirixide as vosas consultas a través deste grupo ou do correo anpabrexolema2013@gmail.com.

 

Atentamente,

 

A ANPA

SE ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DE BAILE GALEGO PARA OS LUNS

Estimadas familias,

 

Coa intención de organizar as actividades dos luns, desde a ANPA vos informamos da nosa intención de ofertar Baile Galego como nova actividade extraescolar para os luns a partir do mes de xaneiro.

Abrimos o prazo de inscrición desde hoxe ata as vacacións de Nadal.

 

As familias interesadas, enviade un mail ao noso correo: anpabrexolema2013@gmail.com

 

- Para familias xa inscritas en alguna outra actividade: Indicade no correo só a vosa intención de inscribirvos en BAILE GALEGO

- Para familias non inscritas en actividades extraescolares: Enviade cubertas as fichas da ANPA e ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES que podedes descargar nos arquivos adxuntos de abaixo.

 

Moitas Grazas pola vosa atención.

 

A ANPA

CIRCULAR INFORMATIVA: RESTABLECEMOS AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimadas familias:

Alegrámonos de comunicarvos as novas que nos chegan dende o Concello, xa que finalmente, despois de varios trámites, nos conceden o posibilidade de que use o Pavillón o grupo completo de cada actividade, e dicir, restablecemos as actividades extraescolares nas condicións iniciais.

 

Volas aclaramos no seguinte cadro:

 

A partir do venres 13 de novembro de 2020:

 

Horario 16:30h-17:45h

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

Pavillón

Hóckey

Atletismo

Patinaxe

Capoeira

Zumba

Aula Informática

 

 

Teatro*

 

 

*Adaptarase ás necesidades do grupo propoñendo distintas disciplinas que se axusten a todos os grupos de idade.

 

Como vedes, os mércores de 16:30h a 17:45h, recuperamos a actividade de PATINAXE e mantemos TEATRO no mesmo horario, pero en espazos distintos. 

 

As familias xa inscritas os mércores, podedes escoller a actividade que prefirades. As demais, podedes darvos de alta se vos interesa. DURANTE O MES DE NOVEMBRO, segundo as inscricións que haxa en cada grupo, decidirase que facer de cara aos meses seguintes.

 

Para facer cambios de actividade ou novas altas:

 Participantes inscritos os mércores: No grupo WhatsApp de patinaxe 2020/21, indicade de novo:(Sentimos moito as voltas que vos estamos a dar nas últimas semanas...)

 

NOME E APELIDOS DO PARTICIPANTE + SI PATINAXE, para continuar en patinaxe

NOME E APELIDOS DO PARTICIPANTE + SI TEATRO, para continuar en teatro.

 

 

Participantes inscritos o resto dos días: Se vos interesa darvos de alta tamén en teatro, como xa temos as vosas fichas, só indicade en calquera dos vosos grupos de WhatsApp 2020/21 de actividades

 

NOME E APELIDOS DO PARTICIPANTE + SI TEATRO.

 

Para novas altas en teatro ou no resto de actividades extraescolares: Se vos interesa darvos de alta, mandade un mail a anpabrexolema2013@gmail.com coas Fichas de Inscrición cubertas (as podedes descargar na web do Centro https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliogonzalez/, no apartado ACTIVIDADES do espazo ANPA)

 

·        

Actualmente, estas son as prazas dispoñibles:

DÍA

ACTIVIDADE

INSCRITOS

DISPOÑIBLES

 

DÍA

ACTIVIDADE

INSCRITOS

DISPOÑIBLES

Luns

Hóckey

8

6

Mércores

Teatro

*

*

Martes

Atletismo

10

4

Xoves

Capoeira

7

7

Mércores

Patinaxe

*

*

Venres

Zumba

14

0**

* agardando ás novas modificacións           ** as novas inscricións quedarían en lista de agarda

* gardando ás novas modificacións   ** as novas inscricións quedarían en lista de agarda

Dende a ANPA agradecemos o voso apoio e compresión, está sendo un curso complicado, con continuos cambios e percibimos o voso apoio e esforzo.

 

Dado que a autorización final do Concello está sustentada polas medidas da Xunta de Galicia, publicadas o 04/11/20 e recollidas no seu Protocolo de Actividades Extraescolares, agardamos que esta situación sexa máis estable a partir deste momento.

Desculpade as molestias, sentimos moito todas estas modificacións.

Grazas pola atención e un saúdo.

FICHAS DE ALTA ACTIVIDADES E FAMILIA SOCIA CURSO 2020/21

Para ver e descargar as fichas, preme embaixo no arquivo adxunto

Circular sobre a Situación das Actividades Extraescolares

Estimadas familias:

Debido á interpretación que está a facer o Concello de Cambre sobre ás restricións publicadas nos DOGAs da Xunta de Galicia, temos limitado o uso do Pavillón para realizar as actividades extraescolares:

 

Cando comezamos, permitíronos un máximo de 14 participantes máis 1 monitor, despois, cando Cambre entrou en alerta vermella, pasaron á restrición a 5 participantes máis 1 monitor e agora, dende o sábado 7 de novembro, estamos cunha restrición de 1 participante máis 1 monitor.

 

Por isto, vémonos na obriga de modificar a estrutura das actividades para non ter que cancelar o servizo.

 

A partir do luns 9 de novembro faremos o seguinte:

 

Si a climatoloxía o permite: A actividade que corresponda farase ao aire libre, como viñamos facendo ata agora.

Si a climatoloxía NON o permite: A actividade farase sentados na aula de informática, procurando que a temática sexa amena e estea relacionada coa actividade correspondente.

 

Como a actividade de patinaxe NON se pode realizar ao aire libre, xa que NON HAI unha superficie exterior que permita patinar en condicións, nos vemos na obriga de suspendela.

 

no lugar de PATINAXE propoñemos a actividade de TEATRO.

 

As actividades quedan, polo tanto, deste xeito:

ESPAZOS

Mal tempo: aula informática

Bo tempo: aire libre dentro do recinto escolar

ACTIVIDADES SEMANAIS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

Hockey

Atletismo

Teatro adaptado (contacontos, títeres, manualidades)

Capoeira

Zumba

 

Calquera modificación, altas, baixas nas actividades... pregamos nolo comuniquedes a través do correspondente grupo de WhatsApp de actividades.

 

Para o alumnado de patinaxe:

- Para cambiar a teatro: Enviade NOME E APELIDOS DO NEN@+ SI TEATRO no grupo de WhatsApp de patinaxe.

- Para pedir a baixa: Enviade NOME E APELIDOS DO NEN@+ NON TEATRO. no grupo de WhatsApp de patinaxe.

 

Aínda que na ANPA comprendemos os motivos do Concello para aplicar de cada medida publicada a interpretación máis restritiva, consideramos, tras consultar con outros centros educativos, concellos, na Confederación de ANPAs e coa nosa empresa de prevención de riscos, que existe a posibilidade legal de usar o pavillón CON SEGURIDADE para grupos reducidos e separados por clases nas condicións de outubro, así que non deixaremos de intentar chegar a un acordo co Concello para volver ás condicións iniciais.

 

Vos manteremos informados de todos os cambios que xurdan.

Desculpade as molestias, sentimos moito todas estas modificacións.

Grazas pola vosa atención e un saúdo.

A ANPA

O luns 5 de outubro empezan as Actividades Extraescolares e a Ludoteca!!!

NOTAS INFORMATIVAS:

Debido á Crise do COVID-19, a capacidade máxima de alumnos/as tanto no Pavillón como na Aula de Informática é moi reducida. Dende a ANPA Brexo-Lema, co obxectivo principal de cubrir as necesidades das familias que non teñan alternativa de conciliación, ofertamos o seguinte cadro de actividades e Ludoteca. Pregamos que sinaledes sinceramente o voso caso, cubrindo o apartado “Necesidade da Solicitude”.

 

Ludoteca: Alternaranse actividades de ocio, xogos, manualidades, interpretación, etc. O alumnado permanecerá separado en Grupos de Convivencia Estable e sentado na súa correspondente mesa.

Actividades: Que a oferta inicial non inclúa algunhas actividades que viñan sendo habituais, non quere dicir que queden descartadas durante todo o curso. Prevese que o aforo do Pavillón aumente progresivamente, polo que en canto nos sexa posible, ofertaremos outras actividades simultáneas para atender ás familias que soliciten o servizo por ocio. O alumnado de AAEE permanecerá separado en Grupos de Convivencia Estable en todo momento

 

*De quedar prazas dispoñibles, comunicarémolo a través dos grupos de WhastApp e no apartado web da ANPA. Se fóra preciso, procederemos a sortear as prazas entre as familias solicitantes. Vos iremos informando das novidades.

*De quedar prazas dispoñibles, comunicarémolo a través dos grupos de WhastApp e no apartado web da ANPA. Se fóra preciso, procederemos a sortear as prazas entre as familias solicitantes. Vos iremos informando das novidades.Cando a teñades cuberta, enviade unha copia (é suficiente cunha foto lexible) ao noso correo:

 

anpabrexolema2013@gmail.com

 

Para descargar a Ficha preme no arquivo adxunto

 

Distribuir contido


by Dr. Radut