ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024/2025
Importante: como moitos saberedes, no Concello de Cambre hai unha situación de grave bloqueo administrativo, que está provocando impagos con nós e moitas empresas. Debido a isto, vémonos obrigados a retrasar o comezo das actividades extraescolares. Comezaremos en outubro sempre e cando a situación no Concello se resolva antes. No mes de setembro, unha vez iniciado o curso, daremos máis información.
CURSO | LUNS | MARTES | MERCORES | XOVES | VENRES |
Inf a 1º EP | Patinaxe I | Xogos musicais | Zumba I | Baile galego I | Futbol |
Natación I | |||||
6º EI e 1º EP | Ximnasia rítmica I | ||||
2ºEP a 6ºEP | Patinaxe II | Teatro | Ximnasia rítmica II | Baile galego II | Zumba II |
Pintura | Atletismo | Judo | Balonmán | Natación II |
Funcionamento: As actividades comezan despois do comedor, de 16:30h a 17:45h agás Natación, que é cada venres de 18:30h a 19:15h.
As familias podedes escoller o servizo de bus gratuíto ata a Piscina da Barcala, sinalando na Ficha de Inscrición de Actividades o servizo ida, ida e volta e a parada correspondente. Para poder ofrecer o servizo de bus será necesario ter un mínimo de 10 nen@s.
Número de alumnos por actividade: as actividades teñen un número máximo de alumn@s, segundo o curso son:
-
Infantil a 1º de EP: 12 nenas e nenos
-
2º a 6º EP: 15 nenas e nenos
-
En pintura o aforo será de 8 a 10 nenas e nenos
Prezos e descontos: O prezo mensual por actividade e alumno/a é de 12€ (pendente do convenio co Concello), Natación ten un prezo de 22 € aprox. que pode ter lixeiras variacións en función da decisión do pleno do Concello. Aplicaremos a máis vantaxosa, pero non son acumulables.
-
Aplicamos un 100% de desconto ás familias con informe de Servizos Sociais.
-
Aplicamos un 50% de desconto ás familias numerosas.
-
Aplicamos un 30% de desconto na terceira actividade e sucesivas dun mesmo neno/a , só se se manteñen durante o trimestre completo (o desconto aplicarase no prezo da actividade con menos valor).
Data de inicio das actividades: As actividades extraescolares comezarán a partir de outubro 2024,sempre e cando a situación no Concello se resolva antes. No mes de setembro, unha vez iniciado o curso, daremos máis información.
Inscrición: Queda aberto o prazo de inscrición do 20 de xuño ao 30 de agosto (ambos incluídos).
Solicitude: Para solicitar a alta nas actividades extraescolares cubride os formularios online do AAEE e ANPA. Tamén están dispoñibles no espazo ANPA da web do cole e serán enviados ós grupos de WhatsApp das clases.
Confirmación de praza: Comunicarásevos a confirmación definitiva da praza antes do inicio de curso. De non haber prazas suficientes para as solicitudes, aplicaranse por orde estes criterios de selección:
-
Estar inscrito nesa actividade o pasado curso 2022/23.
-
Estar en lista de espera desa actividade no curso 2022/23.
-
O alumnado con irmáns anotados nalgunha actividade o pasado curso 2022/23.
-
O alumnado inscrito en prazo nalgunha actividade do curso 2024/25, se a actividade que escolleu non se leva a cabo por non chegar ao número mínimo de inscritos.
-
Por orde de inscrición (quedan prazas reservadas para o novo alumnado do CEIP).
Modificacións e altas durante o curso: Pódese cambiar dunha actividade a outra ou solicitar a alta nova soamente ao comezo do mes, sempre que haxa praza dispoñible. As baixas, salvo motivo xustificado, poderán solicitarse trimestralmente (ó final de cada trimestre), co fin de garantir a continuidade na actividade para o resto do grupo. Para solicitar baixa ou modificacións debe encher o formulario online.
Seguro escolar de accidentes, familia socia da ANPA e familia autorizada para recoller ao alumnado: Para facer efectiva a praza en calquera actividade, lembrade cubrir a Ficha de Inscrición da ANPA para:
-
Autorizar o pago e facilitar a conta bancaria para facer efectivo o pago de 1 cota única e anual por cada neno/a de 8€ aproximado correspondente ao Seguro Obligatorio de Accidentes. (O importe é de 8€ aprox. por neno/a ao ano independentemente que use o servizo de comedor, as actividades extraescolares ou ambos).
-
Indicar os datos dos familiares autorizados para recoller ao alumnado das actividades.
-
Indicar se queredes ser familia socia da ANPA.
Tedes á vosa disposición o noso correo anpabrexolema2013@gmail.com para calquera comentario, suxestión ou dúbida.